Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Traballadores desprazados

Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de seguridade social do país en cuxo territorio estean exercendo a súa actividade laboral. Así e todo, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social baseándose nos termos e cumprindo os requisitos que se indican a continuación:

Aplícase aos traballadores de calquera nacionalidade.

Desprazamento inicial

Traballadores por conta allea que exercen a súa actividade nunha empresa española que os traslada a Uruguai para exercer alí a súa actividade temporalmente solicitarán ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou administracións dela a expedición do correspondente certificado de desprazamento.

Formulario que se debe tramitar

A empresa efectuará a súa solicitude no modelo TA.200 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social.-Desprazamentos iniciais" e acompañarán o formulario EU-05 "Certificado de lexislación aplicable", cuberto en triplicado exemplar.

O formulario expedido pola dirección provincial ou administración correspondente certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á seguridade social uruguaia.

Período de autorización

O prazo máximo de duración do desprazamento é de vinte e catro meses.

Prórroga ordinaria

Se os traballadores por conta allea deben prolongar a súa estadía nese país máis alá dos dous anos inicialmente previstos, o empresario deberá solicitar, cunha antelación suficiente á finalización do período autorizado, a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Formulario que se debe tramitar

A solicitude de prórroga deberá efectuarse no modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art.17 do Regulamento CEE  1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais" e achegaranse 4 exemplares do formulario EU-06 "Solicitude de prórroga de desprazamento", para a súa posterior remisión ao país de emprego.

Unha vez este país efectúe a resolución no punto IV do mencionado formulario, comunicarase a decisión ao respecto.

Prazo

O prazo máximo da prórroga non está especificado.

Outros desprazamentos

Direccións provinciais ou administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social

Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos de:

  • Persoal de voo das compañías aéreas con sede en España que exerce a actividade nos dous países.
  • Tripulación de buques con bandeira española.

A autorización expedirase no modelo EU-05, "Certificado de lexislación aplicable". A empresa, xunto a este formulario cuberto por triplicado, achegará a solicitude TA.200.

Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais.

Para os desprazamentos de:

  • Funcionarios españoles destinados en Uruguai, agás os membros do persoal das misións diplomáticas e consulares.
  • Persoas enviadas en misións de cooperación.

A Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais expedirá, a petición do organismo público ou do traballador, o certificado segundo o modelo EU-05 "Certificado de lexislación aplicable", para toda a duración do desprazamento.

Para os desprazamentos de:

  • Españois que desempeñan a súa actividade nas misións diplomáticas ou oficinas consulares de España en Uruguai.
  • Persoal ao servizo privado dos anteriores, de nacionalidade española, que optan pola lexislación española de Seguridade Social.

A Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral, a petición do Organismo público ou do traballador, expedirá o certificado EU-07  "Certificado de lexislación aplicable.-Dereito de opción", para toda a duración do desprazamento y deberá estar asinado polo traballador.

Outras excepcións

A tramitación das solicitudes doutras excepcións será xestionada pola Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

A empresa efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art. art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais".

Dada a conformidade por parte da Seguridade Social de Uruguai e a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario EU-06 "Certificado de lexislación aplicable.-Prórroga" que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período que foi autorizado.

   
Complementary Content
${loading}