Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Prestacións incluídas no convenio

Información xeral:

O Convenio aplícase:

En relación con España:

Ás seguintes prestacións do Sistema Contributivo de Seguridade Social e do Réxime de Clases Pasivas do Estado:

  • Prestacións de xubilación ou retiro.
  • Prestacións de incapacidade permanente ou inutilidade non derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional.
  • Prestacións de morte e supervivencia non derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

En relación co Xapón:

  • Pensión nacional (agás o Fondo de Pensión Nacional).
  • Seguro de Pensións dos Asalariados (agás o Fondo de Pensións dos Asalariados).
  • Pensión da Mutua de Funcionarios Nacionais.
  • Pensión da Mutua de Funcionarios Locais e Persoal de Status Similar (agás o sistema de pensións para membros elixidos das corporacións locais).
  • Pensión da Mutua do Persoal de Colexios Privados

Respecto a estas prestacións hai que ter en conta que:

Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os períodos de seguro cumpridos en España e no Xapón, sempre que non se superpoñan.

As prestacións económicas de carácter contributivo poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou no Xapón. Existe unha excepción da lexislación xaponesa para a adquisición da Pensión Básica de Discapacidade ou da Pensión Básica de Supervivencia para as que se esixe, se o interesado é maior de 60 anos e menor de 65, a residencia habitual no Xapón na data do seu primeiro exame médico ou da súa morte.

Cada país aboará as súas propias prestacións ao beneficiario.

As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibila de cada un deles.

Prestacións de xubilación, Incapacidade Permanente e Morte e Supervivencia da Seguridade Social española.

A Institución española examinará a solicitude de prestación na forma seguinte:

  • Comprobará se o interesado ten dereito á prestación tendo en conta exclusivamente os períodos de seguro españois.
  • Así mesmo, hase calcular a prestación sumando aos períodos de seguro propios os acreditados no Xapón, sempre que non se superpoñan (pensión teórica). Neste suposto, o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os períodos de seguro cumpridos en España e a suma dos períodos españois e xaponeses (pensión pro rata).
  • Existe unha excepción para os supostos nos cales a duración total dos períodos de seguro acreditados en España sexa inferior a un ano. Nestes casos, a Institución competente española non recoñecerá ningunha prestación.
  • Compararanse as prestacións calculadas conforme o indicado nos apartados anteriores e a Institución competente española recoñecerá e aboará a prestación que sexa máis favorable ao interesado.

Para o recoñecemento e cálculo da pensión terase en conta:

  • A Institución española considerará que o traballador se atopa sometido á súa lexislación no momento do feito causante, se nese momento está asegurado no Xapón ou recibe unha pensión xaponesa baseada nos seus propios períodos de seguro. O mesmo criterio aplicarase para o recoñecemento das pensións de supervivencia, respecto á condición de asegurado ou de pensionista do falecido.
  • Se para o recoñecemento dunha prestación se esixe que algúns períodos de seguro se cumprisen inmediatamente antes do feito causante desta prestación, este requisito considerarase tamén cumprido se o interesado os acredita no período de tempo inmediatamente anterior ao recoñecemento da prestación do Xapón.
  • As cláusulas de redución, suspensión ou supresión previstas pola lexislación española para o caso dos pensionistas que exerzan unha actividade laboral serán aplicables aínda que a actividade laboral a efectúen estes pensionistas no Xapón.
  • Se para o recoñecemento da pensión española fose preciso sumar períodos de seguro xaponeses, o cálculo efectuarase segundo as bases de cotización reais acreditadas polo asegurado en España durante os anos que preceden inmediatamente ao pagamento da última cotización á Seguridade Social española. A contía así obtida incrementarase segundo as revalorizacións establecidas anualmente ata a data do feito causante para as prestacións da mesma natureza.
  • Para acceder aos beneficios de determinados réximes especiais (por exemplo, traballadores do Mar, Minería do Carbón) só se terán en conta os períodos de seguro xaponeses que se cumprisen en igual profesión ou emprego.
  • No suposto de pensión de xubilación da Seguridade Social española para a que se totalizasen períodos de seguro acreditados no Xapón, a devandita totalización utilizarase igualmente para determinar a idade na que se pode acceder á pensión.

Prestacións do Sistema de Pensións xaponés.

  • Prevese a totalización con períodos de seguro españois cando unha persoa non dispoña de períodos suficientes para causar dereito a prestacións xaponesas e sempre que estes períodos non se superpoñan.
  • Exclúense da posibilidade de totalización as pensións complementarias para determinadas ocupacións de acordo cos sistemas de pensións das mutuas, así como o pagamento a tanto alzado equivalente ao reintegro das cotizacións.
  • Cando a lexislación xaponesa requira para causar dereito a prestacións de incapacidade ou prestacións de supervivencia (con excepción das prestacións a tanto alzado equivalentes ao reintegro das cotizacións) que a data do primeiro recoñecemento médico ou da defunción se produza dentro dun período de seguro determinado, este requisito considerarase cumprido se esta data se produce dentro dos períodos de seguro cubertos baixo a lexislación española.
  • Non obstante, se o interesado acredita períodos de seguro en dous ou máis sistemas xaponeses de persoas asalariadas, o requisito considerarase cumprido nun destes sistemas de pensións conforme a lexislación xaponesa.
Complementary Content
${loading}