Traballadores desprazados (agás Quebec)
Traballadores desprazados
Como norma xeral, os traballadores desprazados, están sometidos á lexislación de Seguridade Social do país en cuxo territorio estean a exercer a súa actividade laboral. Agora ben, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social nos termos e requisitos que se indican a continuación
Aplícase a traballadores de calquera nacionalidade
Desprazamento inicial
Para os traballadores por conta allea que exercen a súa actividade nunha empresa española e que son desprazados por esta para realizar temporalmente a súa actividade en Canadá, solicitarase, ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou administracións desta, a expedición do correspondente certificado de desprazamento.
Os traballadores por conta propia non poden acollerse ao disposto neste apartado para que nos seus desprazamentos a Canadá poidan manter a lexislación española de Seguridade Social. Así e todo, poden realizar a súa solicitude de acordo co establecido no apartado "Outras excepcións".
Formulario que se debe tramitar
A empresa efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.200 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social.-Desprazamentos iniciais" e achegará o formulario E/CDN-3 "Certificado relativo á lexislación aplicable", cubrindo en triplicado exemplar.
O formulario expedido pola dirección provincial ou administración correspondente, certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social canadense.
Período de autorización
O prazo máximo de duración do desprazamento é de cinco anos (prazo establecido no artigo 3 do Protocolo do 19 de outubro de 1995, publicado no Boletín Oficial do Estado do 8 de febreiro de 1997).
Prórroga ordinaria
Se os traballadores por conta allea deben prolongar a súa estadía nese país máis alá dos cinco anos inicialmente previstos, o empresario deberá solicitar con suficiente antelación á finalización do período autorizado, a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Formulario que se debe tramitar
A solicitude de prórroga deberá efectuarse no modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais"
Dada a conformidade por parte da Seguridade Social de Canadá, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario E/CDN.3, que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período autorizado.
Período de autorización
O prazo máximo da prórroga non se especifica.
Outros desprazamentos
Direccións provinciais ou administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social
Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos de:
-
Membros da tripulación de buques con bandeira española.
A autorización expedirase a través do modelo modelo E/CDN-3, "Certificado relativo á lexislación aplicable". A empresa, xunto a este formulario cuberto en triplicado exemplar, achegará a solicitude |TA 200" Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social.-Desprazamentos iniciais".
Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais.
É o órgano competente para autorizar os desprazamentos dos españois que realizan a súa actividade ao servizo do Goberno español en Canadá e que están sometidos á lexislación española.
A autorización para estes desprazamentos expedirase mediante o modelo E/CDN-3, "Certificado relativo á lexislación aplicable".
Outras excepcións
A tramitación das solicitudes doutras excepcións será xestionada pola Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
A empresa ou traballador por conta propia efectuarán a súa solicitude mediante o modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais".
Dada a conformidade por parte da Seguridade Social de Canadá, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario E/CDN.3, que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período autorizado.