Traballadores desprazados
Traballadores desprazados
Como norma xeral, os traballadores desprazados, están sometidos á lexislación de Seguridade Social do país en cuxo territorio estean a exercer a súa actividade laboral. Agora ben, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social nos termos e requisitos que se indican a continuación:
Élles aplicable aos traballadores de calquera nacionalidade:
Desprazamento inicial
Para os traballadores por conta allea que exercen a súa actividade nunha empresa española e que son desprazados por esta para realizar temporalmente a súa actividade en Australia, e para os traballadores que exercen a súa actividade por conta propia en España e que se trasladen temporalmente para exercer a súa actividade en Australia, solicitarase ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou as súas administracións, a expedición do correspondente certificado de desprazamento.
Formulario que se debe tramitar
A empresa ou traballador por conta propia efectuarán a súa solicitude mediante o modelo TA.200 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social.-Desprazamentos iniciais" e acompañarán o formulario E/AUS.1(Cert.) "Certificado de lexislación aplicable", cuberto en triplicado exemplar.
O formulario expedido pola dirección provincial ou administración correspondente, certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social australiana.
Período de autorización
O prazo máximo de duración do desprazamento é de cinco anos.
Prórroga ordinaria
Se os traballadores por conta allea ou conta propia deben prolongar a súa estadía nese país máis alá dos cinco anos inicialmente previstos, o empresario ou traballador deberá solicitar con suficiente antelación á finalización do período autorizado, a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Formulario que se debe tramitar
A solicitude de prórroga deberá efectuarse no modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais" e expedirase, se procede, o formulario E/AUS.2 (Cert.), por parte da Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da TGSS.
A Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expresará a súa conformidade no citado formulario.
Período de autorización
O prazo máximo da prórroga non está especificado no convenio.