Ciberalertas
Neste espazo informarémoste daquelas actuacións fraudulentas que pretendan suplantar á Seguridade Social, xa sexa por correo electrónico, SMS, servizos de mensaxería, redes sociais, chamada telefónica ou unha comunicación por correo postal. Coñecendo estes comportamentos, poderás tomar medidas e protexer a túa información persoal e financeira.
Cando creas que estás a ser vítima dalgún comportamento fraudulento, recomendámosche seguir os consellos que indicamos en Recomendacións e Recursos.
Ademais, cando creas que detectaches un caso de fraude podes avisarnos a través do servizo de Suxestións e Queixas da nosa páxina Web, seleccionando como organismo ao que se dirixe a comunicación, a Xerencia de Informática da Seguridade Social.
Inicio