Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Afiliación. Altas e baixas

Identificaranse empregando os mesmos valores que para o Réxime Xeral da Seguridade Social. As únicas especialidades consisten en dispoñer dun CCC específico do Réxime Especial do Mar e na obrigatoriedade de anotar o dato da embarcación (ID ou NIB).

Débense identificar co RLCE 9939. Para realizar este cambio de identificación deberá proceder a se anotar unha baixa con data real do 31-12-2023 e unha alta con data real do 01-01-2024.

As prácticas formativas incluídas en programas de formación vinculados a estudos universitarios polos que aínda non tivesen a titulación, así como ás prácticas vinculadas a estudos de formación profesional ou certificados de profesionalidade, iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2024, que ata agora viñan identificándose con RLCE 9922 ou 9923, deberáselles identificar, con efectos dende o 01-01-2024, con RLCE 9939.

As prácticas académicas universitarias extracurriculares, que ata agora viñan identificándose con RLCE 9927; e ás prácticas curriculares de estudantes universitarios e de formación profesional, que ata agora viñan identificándose con RLCE 9928; iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2024, deberáselles seguir identificando, a partir da devandita data, cos mesmos valores e manterán a súa alta en códigos de conta de cotización con TRL 986.

As prácticas académicas externas realizadas por titulados universitarios, iniciadas con anterioridade a 1 de xaneiro de 2024, ás que lles continúan resultando de aplicación o réxime xurídico previsto no Real Decreto 1493/2011, continuarán estando identificadas con RLCE 9923. Nos casos nos que este tipo de prácticas puidesen estar identificadas ata este momento con RLCE 9922, deberán identificarse co valor 9923.

Non. Deben pedir unha autorización SLD para a xestión destes Códigos de Conta de Cotización dado que os Códigos de Conta de Cotización específicos para prácticas non remuneradas non poden ser asignados a autorizacións RED Directo porque neste tipo de autorización non están consideradas as liquidacións trimestrais.

A devandita comunicación deberase efectuar ata o penúltimo día natural do correspondente prazo regulamentario de ingreso das cotas da Seguridade Social, pero, en calquera caso, con anterioridade á solicitude de cálculo da correspondente liquidación de cotas.

Os días 29 de abril, 30 de xullo, 30 de outubro e 30 de xaneiro, en función do trimestre en que se realicen as prácticas.


Si, a empresa, institución, entidade ou centro formativo debe comunicar a seguinte información:

  1. O número de días efectivos de prácticas formativas.
  2. Se a persoa que realice as practicas se encontra nunha situación de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais, nacemento e coidado de menor, risco durante o embarazo ou durante a lactación natural, a empresa deberá indicar á Tesourería Xeral da Seguridade Social, os días previstos de realización da práctica formativa.
  3. Que nun determinado mes non se realizou ningunha práctica e permanece en situación de alta.

Cando a práctica ou formación se realice a bordo de embarcacións, débese dar de alta o alumno no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.

A empresa ou entidade que asuma as obrigas de Seguridade Social deben comunicar todas as altas dos alumnos que realicen prácticas formativas. Será a Tesourería Xeral da Seguridade Social a que, no momento da facturación e liquidación de cotas, comprobará os días nos que cada alumno debeu estar en alta, se é o caso, para os efectos de que se realicen as cotizacións correspondentes.

Si, a empresa, institución, entidade ou centro formativo entidade que resulte responsable solicitará á TGSS a asignación dun código de conta de cotización específico por cada un dos seus centros formativos para o colectivo de persoas que realizan prácticas formativas remuneradas e outro código de conta de cotización específico para o colectivo de persoas que realizan prácticas formativas non remuneradas.

En caso de prácticas remuneradas non hai ningunha particularidade con respecto ao Réxime Xeral e debe tramitarse a alta con carácter previo.

En caso de prácticas non remuneradas, o prazo regulamentario para comunicar as altas e baixas é de 10 días naturais dende o inicio ou finalización das prácticas respectivamente.

Para as altas e as baixas que teñan lugar no período abranguido entre o 1 de xaneiro e o 20 de marzo de 2024, estableceuse un prazo excepcional ata o 31 de marzo de 2024.


A entidade que asuma a condición de empresa para o efecto das obrigas coa Seguridade Social adquire a condición de suxeito obrigado e responsable do ingreso da totalidade das cotas:

  • En caso de prácticas formativas remuneradas, o cumprimento das obrigas de Seguridade Social corresponderá á entidade ou organismo que financie o programa de formación, que asumirá para estes efectos a condición de empresario. Se o programa está cofinanciado por dous ou máis entidades ou organismos, terá a condición de empresario aquel ao que corresponda facer efectiva a respectiva contraprestación económica.

  • En caso de prácticas formativas non remuneradas, o cumprimento das obrigas de Seguridade Social corresponderá á empresa, institución ou entidade na que se desenvolvan, salvo que no convenio ou acordo de cooperación que, se é o caso se subscriba para a súa realización, se dispoña que corresponderán ao centro de formación responsable da oferta formativa.


Que sucede se no momento da solicitude da alta, o alumno se atopa nalgunha das outras situacións excluídas ou incompatibles (alta ou situación asimilada á alta con obriga de cotizar ou en períodos que se consideran como cotizados)?

A TGSS admitirá a alta na Seguridade Social pola realización das prácticas e a alta manterase ata a comunicación da baixa como consecuencia da finalización das prácticas formativas. Nestes casos, a situación incompatible terase en conta nas correspondentes liquidacións de cotas, mensuais ou trimestrais.

Complementary Content
${loading}