Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Desemprego para os traballadores do mar

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

As persoas traballadoras afectadas por un ERTE derivado da DINA:

  1. Teñen dereito a prestación contributiva por suspensión do contrato ou redución de xornada por motivo da DINA.
  2. Esta prestación non esixirá períodos previos de cotización (non se necesita ter traballado e cotizado un mínimo de 360 días).

  3. Non hai consumo de períodos cotizados (non gasta cotizacións).

  4. Percibirase o 70 % da base reguladora durante toda a prestación.

  5. No caso de que estivese cobrando unha prestación contributiva por compatibilización e preferise cobrar esta, deberá pedirlle á empresa que non o inclúa na solicitude colectiva.

Se es persoa traballadora afectada por un ERTE derivado da DINA, lembra que non debes presentar solicitude individual de prestación ante o ISM. É a empresa a encargada de presentar a solicitude colectiva en representación do seu persoal.


  • As persoas traballadoras por conta allea que ven suspendido o seu contrato de traballo ou reducida a xornada por motivo da DINA.
  • As persoas traballadoras con contrato fixo descontinuo que vexan interrompida a súa actividade ou non poidan incorporarse ao chamamento.
  • Os socios traballadores de cooperativas e sociedades laborais.

Son as empresas afectadas pola DINA as que deben realizar a solicitude do ERTE e a solicitude colectiva de prestacións para o seu persoal.
As solicitudes que deben realizar as empresas son as seguintes:

  1. Presentar o ERTE ante a Autoridade Laboral.

  2. Presentar unha solicitude colectiva para as persoas traballadoras, que debe realizarse en modelo oficial (modelo Excel que se publicará na web da Seguridade Social - www.seg-social.es) e enviarse a través dun novo servizo na sede electrónica do SEPE (sede.sepe.gob.es). Ademais tamén se presentará, tal e como se sinala máis abaixo a través de Certific@2.

O ERTE debe ser aprobado pola Autoridade Laboral. Con todo, se en 5 días non recibiron resposta, considérase aprobado por silencio administrativo positivo e poderán presentar a solicitude colectiva de prestacións.


Complementary Content
${loading}