Categoría:
> Tema:
Esta Subdirección Xeral de Xestión de Clases Pasivas, non emite ningún carné ou tarxeta de pensionista.
Os beneficios e axudas que por razón da idade ou da situación de discapacidade puidesen prestar as distintas Administracións Públicas, así como algúns organismos públicos ou empresas privadas, pódense obter na maioría dos casos, presentando o DNI ou, segundo corresponda, o certificado ou acreditación da discapacidade emitidos pola súa Comunidade Autónoma.
No suposto de que precisase achegar un Certificado no que conste o Tipo de Pensión da que é titular e/ou o importe dela, en calquera momento previa a súa solicitude, pódeselle enviar por correo postal ao seu domicilio ou se ten vostede unha dirección de correo electrónico comunicada directamente ao seu email.
Tamén pode descargarse estes Certificados electronicamente, se ten vostede DNI electrónico, Certificado electrónico ou Cl@ve permanente, a través da Sede Electrónica de Clases Pasivas, dende o apartado: “Cidadáns”.
Para a súa comodidade, estes documentos pode vostede incorporalos ao seu móbil.
Actualmente existe tamén a denominada “Tarxeta Social Dixital” que é un sistema de información que recolle as prestacións sociais públicas que reciben os cidadáns, xestionadas pola Administración Xeral do Estado, as Comunidades autónomas, as entidades locais e outras entidades públicas e poder acreditar así a súa condición de pensionista de Clases Pasivas.