Retencións á conta do IRPF
As pensións, cuxa contía supere o importe anual legalmente establecido, están suxeitas a tributación nos termos establecidos nas normas reguladoras do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e sometidas, se é o caso, ao sistema xeral de retencións á conta do imposto, coas excepcións seguintes:
- Pensións derivadas de actos de terrorismo.
- As axudas de calquera clase percibidas polos afectados polo virus de inmunodeficiencia humana, reguladas no Real decreto-lei 9/1993, do 28 de maio.
- Pensións en favor de quen sufriu lesións ou mutilacións con ocasión ou como consecuencia da guerra civil (1936/1939), xa sexa polo Réxime de Clases Pasivas do Estado ou pola lexislación especial ditada para o efecto.
- Pensións por inutilidade ou incapacidade permanente do Réxime de Clases Pasivas, sempre que a lesión ou enfermidade que fose causa daquelas inhabilitase por completo ao preceptor da pensión para toda profesión ou oficio.
- Pensións de orfandade.
- Indemnizacións por tempos de prisión como consecuencia dos supostos contemplados na Lei 46/1977, do 15 de outubro, de Amnistía.
Para os efectos do IRPF, os pensionistas de Clases Pasivas que teñen recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade ou inutilidade para o servizo considéranse afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 33 por 100, sen necesidade de acreditar o grao recoñecido cun certificado expedido polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ou órgano competente das Comunidades Autónomas.
Inicio