Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Anticipos do Fondo de Garantía de Alimentos

O «Fondo de Garantía do Pagamento de Alimentos», creado pola Lei 42/2006, do 28 de decembro, e regulado polo Real decreto 1618/2007, do 7 de decembro, é un fondo carente de personalidade xurídica, que ten como finalidade garantir aos fillos menores de idade o pagamento de alimentos recoñecidos e impagados establecidos en convenio xudicialmente aprobado ou en resolución xudicial en procesos de separación, divorcio, declaración de nulidade do matrimonio, filiación ou alimentos, mediante o aboamento dunha cantidade que terá a condición de anticipo.

Enténdese por «Alimentos», todo o que é indispensable para atender ao sustento, habitación, vestido, asistencia médica e educación (artigo 142 do Código Civil)

É imprescindible para acceder aos anticipos do Fondo que a resolución na que se recoñezan os alimentos fose ditada polos Tribunais españois.

Solicitude:

O recoñecemento do anticipo iniciarase coa solicitude formulada polo membro da Unidade familiar que teña a garda e custodia do menor beneficiario do anticipo.

Se se tratase dun maior con discapacidade pero non incapacitado xudicialmente, el mesmo poderá facer a solicitude

Contía:

100 € mensuais por cada beneficiario salvo que a resolución xudicial fixe unha cantidade mensual inferior, nese caso aboarase o importe fixado pola resolución xudicial.

Prazo máximo de percepción:

18 meses, xa sexa de forma continuada ou descontinua.

Efectos económicos:

Primeiro día do mes seguinte á solicitude.

Perceptor do anticipo:

O anticipo percíbeo quen teña a garda e custodia do menor (xeralmente será o pai ou a nai), salvo que se tratase dun maior con discapacidade pero non incapacitado xudicialmente, nese caso percibirao el mesmo.

Incompatibilidades:

A percepción do anticipo é incompatible coa doutras prestacións ou axudas da mesma natureza e finalidade recoñecidas polas distintas Administracións Públicas. O titular da garda e custodia do menor beneficiario deberá optar por unha delas.

Obrigas do perceptor do anticipo:

  • Comunicar, en prazo de 30 días, cantas circunstancias poidan ter incidencia na conservación do dereito ao anticipo ou na súa contía.
  • Así mesmo debe someterse ás actuacións de comprobación que se determinen para verificar as condicións polas que se recoñeceu o anticipo.

Extinción do anticipo:

  • cumprimento da maioría de idade do beneficiario;
  • percepción das 18 mensualidades;
  • cumprimento voluntario ou forzoso do pagamento de alimentos polo obrigado a el;
  • falecemento do beneficiario ou do obrigado ao pagamento;
  • superación do límite de recursos económicos pola alteración dos ingresos da unidade familiar.
  • resolución xudicial que así o determine.

Reintegro do anticipo:

Os anticipos percibidos indebidamente deberán ser reintegrados por quen os percibise, segundo o procedemento establecido no Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, de 29 de xullo. A Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social efectuará a liquidación da cantidade percibida indebidamente a reintegrar, comunicando a contía desta e iniciando, coa notificación, o período voluntario de recadación.

O Estado subrogarase de pleno dereito, ata o importe total dos anticipos satisfeitos ao interesado, nos dereitos que asisten á mesma fronte ao obrigado ao pago de alimentos.

Esta subrogación transforma a natureza da obriga, que pasa a ser de natureza pública, e a súa cobranza polo Estado efectuarase na forma prevista na Lei Xeral Orzamentaria. Por iso, informarase ao obrigado da existencia de resolución que recoñeza o anticipo e, posteriormente, practicarase e notificarase a liquidación das cantidades que debe ao Estado, que deberá ingresar no Tesouro Público e, no seu defecto, serán esixidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria en período executivo, mediante o procedemento administrativo de constrinximento.

Son beneficiarios dos anticipos do Fondo:

  • os menores de idade (e maiores cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %) españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea residentes en España, titulares dun dereito de alimentos xudicialmente recoñecido e impagado.
  • os menores de idade estranxeiros non nacionais da Unión Europea que, sendo titulares dun dereito de alimentos xudicialmente recoñecido e impagado, cumpran os seguintes requisitos:
    • Residir legalmente en España durante, polo menos, cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data da solicitude do anticipo. Para os menores de cinco anos estes períodos de residencia esixiranse a quen exerza a súa garda e custodia. Non obstante, se o titular da garda e custodia fose español bastará con que o menor resida legalmente en España cando se solicite o anticipo, sen necesidade de acreditar ningún período previo de residencia.
    • Ser nacionais doutro Estado que, de acordo co que se dispoña nos tratados, acordos ou convenios internacionais ou en virtude de reciprocidade tácita ou expresa, recoñeza anticipos análogos aos españois no seu territorio.

Para ter dereito aos anticipos, os recursos económicos da unidade familiar en que se integra o menor non poderán superar o límite de ingresos resultante de multiplicar a contía anual do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), vixente no momento da solicitude do anticipo, polo coeficiente que corresponda en función do número de fillos menores que integren a unidade familiar.

O devandito coeficiente será 1,5 se só houbese un fillo, e incrementarase en 0,25 por cada fillo, da seguinte forma:

  • 1 fillo: 1,5 x IPREM (vixente no momento da solicitude do anticipo): 10.800 € no ano en curso da solicitude
  • 2 fillos: 1,75 x IPREM: 12.600 € no ano en curso da solicitude
  • 3 fillos: 2 x IPREM: 14.400 € no ano en curso da solicitude
  • 4 fillos: 2,25 x IPREM: 16.200 € no ano en curso da solicitude
    así sucesivamente

Durante 2025 o valor anual do IPREM é:

  • desde 1-1-2025: 7.200,00 euros

Computaranse como rendas e ingresos da unidade familiar desde o 01 de xaneiro de 2025:

  • Os rendementos de traballo de todos os membros da unidade familiar; é dicir, as retribucións dinerarias ou en especie derivadas do traballo, as prestacións recoñecidas polos réximes de previsión social -xa se financien con cargo a recursos públicos ou privados- e os demais rendementos cualificados como do traballo pola Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Exemplo: o ingreso mínimo vital, renda activa de inserción, prestación por desemprego, etc.
  • Os rendementos do capital, en diñeiro ou en especie, que proveñan de bens ou dereitos cuxa titularidade corresponda a algún dos membros da unidade familiar e non se achen afectos ao exercicio de actividades económicas. Exemplo: intereses de contas bancarias, dividendos de accións ou cupóns de bonos, etc.
  • Os rendementos derivados de actividades económicas, computados na forma prevista pola Lei do IRPF. Exemplo: Rendementos de autónomos.
  • O saldo neto das ganancias e perdas patrimoniais dos membros da unidade familiar. Exemplo: Variacións no valor do patrimonio.

Para o cómputo anual dos ingresos da unidade familiar teranse en conta aqueles de que dispoña ou se prevexa que vai dispoñer no ano natural no que se solicita o anticipo, sempre polo seu importe íntegro.

O límite de recursos económicos entenderase acreditado mediante a declaración de rendas da unidade familiar que realice o solicitante, sen prexuízo das comprobacións que se realicen polo órgano competente.

Para os efectos destes anticipos, enténdese por unidade familiar exclusivamente a formada polo pai ou a nai e aqueles fillos menores de idade, titulares dun dereito de alimentos xudicialmente recoñecido e impagado, que se atopen ao seu cargo; así como a formada polos menores e a persoa física, distinta dos pais, que os teña ao seu cargo por ter atribuída a súa garda e custodia.

Os fillos discapacitados consideraranse unidade familiar unipersoal (contabilizándose como ingresos os propios). Ademais, quedarán excluídas as prestacións de coidados para o ámbito familiar do cómputo de rendas.

Complementary Content
${loading}