Programas Sociais
O colectivo dos traballadores do mar diferénciase dos demais sectores produtivos por unha serie de características que veñen dadas, fundamentalmente, pola natureza do traballo no mar e polo propio centro no que se desenvolve (o barco): mobilidade, illamento e perigosidade.
O barco é, dende un punto de vista sociolóxico, unha institución total, no sentido de que constitúe un ámbito pechado no que se desenvolven todas as actividades persoais, laborais e sociais de quen traballa nel. A súa mobilidade fai que a xente do mar estea exposta a continuos cambios e a dificultades especiais, en particular cando se atopa en portos estranxeiros.
Por outra parte, as características laborais do colectivo marítimo-pesqueiro non só afectan aos propios traballadores, senón que tamén condicionan, directa ou indirectamente, o seu ambiente familiar.
O Instituto Social da Mariña (ISM), coma organismo encargado da problemática social do sector marítimo-pesqueiro e atendendo á necesidade de atención social específica e integral do mesmo, ofrece un sistema de protección social global que completa os mecanismos protectores do sistema de Seguridade Social. Este sistema encádrase e actualízase dentro das directrices dos Plans de Acción do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Política de calidade da Subdirección Xeral de Acción Social Marítima
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
25042022 Política de calidad de la Subdirección General de Acción Social Marítima |
|
25/04/2022 |