Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Axudas para a dotación de Caixas de Primeiros Auxilios. Convocatoria 2019

A Dirección do Instituto Social da Mariña convoca a concesión por un importe máximo de 500.000 de euros, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para a dotación obrigatoria das boticas de primeiros auxilios de a bordo, aos empresarios das embarcacións incluídas no ámbito de aplicación do Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro, polo que se establecen condicións mínimas sobre a protección da saúde e a asistencia médica dos traballadores do mar, correspondentes ao ano 2023, que se rexerán polo establecido na Orde ESS/2542/2014, de 5 de decembro, e na Resolución do 15 de abril de 2024, do Instituto Social da Mariña, pola que se convocan axudas económicas para a dotación das boticas de primeiros auxilios dos que han de ir provistos os buques, correspondentes ao ano 2023.

De acordo coas modificacións introducidas no artigo 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do Sector Público e outras medidas de reforma administrativa, a publicación íntegra da convocatoria da subvención realizarase na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Clases de axudas

As axudas serán de dous tipos, axudas para a dotación inicial de boticas de primeiros auxilios e axudas para a reposición destes e en ámbolos os dous casos inclúen:

  • A dotación farmacolóxica que financia o Sistema Nacional de Saúde nas presentacións e cantidades esixidas no anexo II do Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro, na redacción vixente no momento de realizar o gasto.
  • O material sanitario que, formando parte da botica de primeiros auxilios preceptiva, se detalla no anexo I da resolución de convocatoria.

Quedan excluídos destas subvencións os importes que se refiran á adquisición ou reposición dos armarios e contedores onde se almacena e protexe o contido da botica de primeiros auxilios de a bordo.

Contía

A contía das axudas establécese en función de:

  1. A botica de primeiros auxilios regulamentaria que corresponde a cada categoría de buque.
  2. A dotación especificada para cada tipo de botica de primeiros auxilios tendo en conta o número de  traballadores enrolados na embarcación.

En ambos os dous tipos de axudas, dotación inicial e reposición, o importe da subvención alcanzará:

  • Botica de Primeiros Auxilios A: O 65 por cento do custo real dos fármacos integrantes da botica de primeiros auxilios regulamentaria financiados polo sistema da Seguridade Social e do custo real do material sanitario incluído no anexo I da resolución de convocatoria.
  • Botica de Primeiros Auxilios B: O 70 por cento do custo real dos fármacos integrantes da botica de primeiros auxilios regulamentaria financiados polo sistema da Seguridade Social e do custo real do material sanitario incluído no anexo I da resolución de convocatoria.
  • Botica de Primeiros Auxilios C: O 90 por cento do custo real dos fármacos integrantes da botica de primeiros auxilios regulamentaria financiados polo sistema da Seguridade Social e do custo real do material sanitario incluído no anexo I da resolución de convocatoria.
  • Botica de primeiros auxilios de balsa de salvamento: O 90 por cento do custo real da botica de primeiros auxilios.
  • Botica mercadorías perigosas: O 65 por cento do custo real do material sanitario incluído no anexo I.

A axuda comprenderá a totalidade das boticas de primeiros auxilios de a bordo, que obrigatoriamente deba de levar a embarcación, solicitadas polo beneficiario.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións os empresarios de embarcacións debidamente rexistradas ou abandeiradas en España, que realicen navegación marítima ou pesqueira con exclusión de:

  • A navegación fluvial.
  • Os buques de guerra.
  • As embarcacións de recreo utilizadas para fins non comerciais que non dispoñan dunha tripulación profesional, e
  • Os remolcadores que naveguen na zona portuaria.

Entenderase por empresario o armador ou empresa navieira ou pesqueira rexistrada propietaria dun buque, salvo se o buque foi fretado coa cesión da xestión náutica ou é xestionado, total ou parcialmente, por unha persoa física ou xurídica que non sexa o propietario rexistrado, conforme aos termos dun acordo de xestión; neste caso, será considerado eventualmente como empresario o fretador con xestión náutica ou a persoa física ou xurídica que efectúa a xestión do buque.

Solicitudes

A presentación de solicitudes, así como doutros escritos e comunicacións, realizarase de acordo co disposto nos artigos 14 e 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

A presentación en soporte físico, por parte dos solicitantes non obrigados a relacionarse electronicamente coa administración segundo o disposto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, realizarase no modelo que se acompaña como anexo II, e será asinada polo interesado ou por persoas que acrediten a súa representación por calquera medio válido en dereito, nas direccións provinciais ou locais do Instituto Social da Mariña onde o buque, para cuxa botica de primeiros auxilios se solicite a axuda, teña asignado o código de conta de cotización.

A presentación a través do rexistro electrónico levarase a cabo, mediante o servizo correspondente, dentro da Sede Electrónica da Seguridade Social. Este servizo permite presentar a solicitude e asinala anexando a documentación correspondente.

Se a presentación da solicitude se realiza por un medio electrónico distinto ao anterior, deberá acompañar o modelo que se acompaña como anexo II debidamente asinado electronicamente.

Cando o solicitante da subvención sexa unha comunidade de bens ou unha sociedade civil profesional deberán incluír o anexo correspondente onde constarán os datos e a sinatura de todos os seus integrantes. Presentará e asinará a solicitude o representante legal da sociedade ou comunidade.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

  • Acreditación de identidade do solicitante e/ou representante legal.
    No suposto de solicitante persoa física e representante legal, agás autorización ao Instituto Social da Mariña para a consulta dos datos de identidade do Ministerio do Interior, deberá presentar o documento nacional de identidade ou o documento de identificación de estranxeiros.
  • No suposto de que o solicitante sexa unha entidade, con ou sen personalidade xurídica, salvo autorización ao Instituto Social da Mariña para a consulta dos datos de identidade ante a Axencia Tributaria, deberá achegar o documento que acredite o número de identificación fiscal do beneficiario.
  • A representación acreditarase mediante calquera medio, válido en Dereito, que deixe constancia fidedigna da súa existencia, de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ademais, poderá acreditarse mediante a certificación expedida pola dirección provincial do Instituto Social da Mariña correspondente, segundo figura no anexo III da convocatoria.
  • Factura orixinal na que se pormenorice o gasto efectuado pola adquisición dos medicamentos financiados polo Sistema Nacional de Saúde que forman parte da dotación da botica de primeiros auxilios preceptiva ou factura do gasto efectuado pola adquisición do material sanitario incluído na dotación preceptiva da botica de primeiros auxilios e recollida no anexo I da resolución, na que se relacionen cada un dos produtos facturados.

    O gasto acreditarase mediante facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.

    Na factura correspondente ás balsas de salvamento deberá figurar o custo total da botica de primeiros auxilios.

    Se nunha mesma factura se inclúen conceptos correspondentes á adquisición ou reposición de medicamentos ou material sanitario de distintos buques pertencentes ao mesmo beneficiario, deberá constar na factura que artigos corresponden a cada un deles. Se non existe esta constancia, aplicaranse todos os artigos a un só buque, para os efectos de fixar o límite determinado pola dotación regulamentaria da botica de primeiros auxilios.

Cando se soliciten axudas económicas por gastos efectuados en medicamentos e/ou material sanitario que correspondan a distintos tipos de botica de primeiros auxilios, deberanse achegar en facturas independentes, incluíndo en cada unha os conceptos que correspondan por cada tipo de botica de primeiros auxilios. Se nunha mesma factura figurasen artigos pertencentes a distintos tipos de botica de primeiros auxilios aplicaranse todos eles á botica de primeiros auxilios principal, para os efectos de fixar o límite determinado pola dotación regulamentaria deste.

Nas solicitudes presentadas a través do rexistro electrónico, as facturas en papel dixitalizaranse polo solicitante en ficheiros independentes que conteñan a imaxe fiel e íntegra do documento. O orixinal deberase custodiar polo interesado, podendo requirirse en calquera momento a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo.

  • Certificado de revisión das balsas de salvamento emitido por unha estación de servizo homologada pola Dirección Xeral da Mariña Mercante do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axencia Urbana, correspondente ao ano 2023, cando se solicite axuda para a dotación inicial ou reposición das boticas de primeiros auxilios regulamentarias das devanditas balsas. Neste certificado, ou os seus anexos, deberá constar de forma explícita a substitución completa da botica de primeiros auxilios da balsa.
  • Certificado da entidade bancaria onde conste o beneficiario titular da conta onde se solicita o pagamento da subvención, segundo modelo indicado no  anexo IV da convocatoria.
  • Agás autorización para que, por parte do Instituto Social da Mariña, se soliciten da Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social os datos referentes ao cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social, o interesado deberá presentar os certificados que acrediten que se encontra ao corrente no pagamento destas.

Cando o solicitante sexa unha comunidade de bens ou sociedade civil profesional, esta información solicitarase ademais de cada un dos seus membros, agás en caso de oposición en que estarán obrigados a presentar, ademais, os certificados correspondentes a cada un dos seus integrantes.

  • Para embarcacións abandeiradas no ano 2023, Certificado de Inspección de Boticas de Primeiros Auxilios correspondente ao ano 2023 emitido pola Subdirección Xeral de Sanidade Exterior do Ministerio de Sanidade, nos supostos de solicitude de subvención da dotación inicial da botica de primeiros auxilios.

Publicidade

Durante o ano seguinte á concesión da subvención, co fin de dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento desta, os beneficiarios deberán fixar, en lugar visible da caixa de primeiros auxilios principal do buque subvencionado, un adhesivo segundo o modelo definido no anexo VIII da resolución de convocatoria.

Para estes efectos as direccións provinciais de Instituto Social da Mariña entregarán aos beneficiarios das subvencións os adhesivos correspondentes, dentro do mes seguinte á data da resolución de concesión.

Prazo de Presentación

Esta convocatoria establece un único procedemento de selección e resolución, cuxo prazo para a presentación de solicitudes será dun mes a contar dende a entrada en vigor da resolución de convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a contar dende o día seguinte á publicación no Boletín Oficial do Estado do extracto da convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 22 de abril de 2024 e finalizará o día 21 de maio de 2024, ámbolos dous inclusive.

Formularios


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Anexo I - Material Sanitario obxecto de subvención Descargar documento Anexo I - Material Sanitario obxecto de subvención. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo I - Material Sanitario obxecto de subvención. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,93 KB) 23/07/2020
Anexo II a - Solicitude Descargar documento Anexo II a - Solicitude. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo II a - Solicitude. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,720 KB) 23/07/2020
Anexo II b - Solicitude para membros de CB e SCP Descargar documento Anexo II b - Solicitude para membros de CB e SCP. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo II b - Solicitude para membros de CB e SCP. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,587 KB) 23/07/2020
Anexo IV - Certificado Bancario Descargar documento Anexo IV - Certificado Bancario. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Anexo IV - Certificado Bancario. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,570 KB) 23/07/2020

Obxecto

  • As axudas económicas convocadas están destinadas a subvencionar a dotación inicial de boticas de primeiros auxilios, entendéndose por tal a adquisición inicial dos fármacos e o material sanitario que compoñen a botica de primeiros auxilios regulamentaria a bordo, segundo o disposto no anexo II do Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro, na redacción vixente no momento de realizar o gasto, cando sexa a primeira vez que o empresario solicite a axuda correspondente ao Instituto Social da Mariña e o gasto efectuado polo devandito concepto se producise entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2023, ámbolos dous inclusive.

  • Así mesmo, convócanse axudas para a reposición de boticas de primeiros auxilios, dirixidas a subvencionar a reposición dos fármacos e o material sanitario que deben configurar a botica de primeiros auxilios preceptiva, segundo o disposto no anexo II  do Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro, na redacción vixente no momento de realizar o gasto, entendéndose por reposición a adquisición dos medicamentos e/ou material sanitario caducados, deteriorados ou consumidos, sempre que o gasto efectuado polo devandito concepto se producise entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2023, ámbolos dous inclusive.
Complementary Content
${loading}