Outras Unidades
Todas as actividades anteriormente descritas, realizadas polas correspondentes unidades operativas do Programa de Sanidade Marítima, vense complementadas, cando é necesario, por outras en función das circunstancias concretas que se presenten na atención dos traballadores do mar, tal é o caso das repatriacións realizadas a través do avión medicalizado, nalgúns casos de extrema gravidade e cando os recursos sanitarios do país no que se atopa o traballador non son suficientes para prestar unha asistencia médica de calidade.