Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Información xeral

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

As datas de impartición dos cursos incluídos neste Plan de Formación, adecuaranse ás necesidades e dispoñibilidade dos traballadores e traballadoras do mar.
As persoas interesadas en solicitar a súa participación nalgún estes cursos poderán dirixirse á dirección provincial ou local do Instituto Social da Mariña máis próxima ao seu domicilio onde se lles indicarán as datas das distintas edicións de cada tipo de curso.

A selección de asistentes aos cursos farase nos termos establecidos no artigo 12 do Real Decreto 292/2018, do 18 de maio, seguindo o procedemento do seu artigo 13.

Os interesados e interesadas deberán formalizar unha solicitude, con validez en todo o territorio nacional e a vixencia que se determine, debidamente cuberta e asinada para cada tipo de curso, utilizando o modelo oficial vixente, que poderán obter directamente nas direccións provinciais ou locais do Instituto Social da Mariña ou descargar desta páxina web, (solicitude) nos termos establecidos nos artigos 9 e 10 do Real Decreto 292/2018, do 18 de maio, polo que se regula o procedemento de acceso e o réxime de prestación da formación profesional marítima e sanitaria do Instituto Social da Mariña, e a Orde TMS/693/2018, do 28 de xuño, pola que se desenvolve o Real Decreto 292/2018, achegando a documentación recollida nas citadas normas.

Cada solicitante de formación profesional marítima e sanitaria do Instituto Social da Mariña poderá presentar e manter vixentes un máximo de cinco solicitudes.

As solicitudes poderanse presentar:

  • En calquera das direccións provinciais e locais do ISM.
  • A través da Sede Electrónica da Secretaría de Estado da Seguridade Social.
  • En calquera dos lugares recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sobre Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Coa finalidade de orientar e xestionar o acceso á formación profesional marítima e sanitaria, o Instituto Social da Mariña dispón dunha ampla rede de oficinas de atención ao público nas direccións locais e provinciais e locais, nas que persoal técnico cualificado proporcionará a información e o asesoramento necesarios.

Ademais de cumprirse a condición de beneficiario na data de presentación da solicitude, tamén deberán acreditarse, na devandita data, os requisitos esixidos polo Instituto Social da Mariña para acceder ao tipo de curso que se solicite.

Poderán ser beneficiarios/as da formación profesional marítima e sanitaria:

  • Os traballadores e traballadoras de nacionalidade española ou nacionais dun estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo que residan en España e os estranxeiros que conten con permiso de traballo e residencia en vigor, que estean afiliados e en situación de alta ou asimilada á alta, incluídos os traballadores fixos descontinuos, no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar no momento da presentación da solicitude.
  • Os e as solicitantes de admisión a un curso do ISM sen incluír no apartado anterior, que no momento de presentar a solicitude sexan demandantes dunha ocupación do sector marítimo pesqueiro.
Complementary Content
${loading}