Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

Medidas aprobadas para a protección de traballadores autónomos polo Real Decreto-Lei 2/2021, do 26 de xaneiro, sobre reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego

5) Prórroga prestación extraord cesamento actividade autónomos (Disposición transitoria segunda RD Lei 2/2021)

5) Prórroga da prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención da propagación do virus COVID-19 recollida no apartado 1 do artigo 13 do Real Decreto-Lei 30/2020, do 29 de setembro, sobre medidas sociais en defensa do emprego (Disposición transitoria segunda RD Lei 2/2021 do  26 de xaneiro).


Características

Os traballadores autónomos que a 31 de xaneiro de 2021 viñesen percibindo a prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade, como consecuencia de resolución da autoridade competente, como medida de contención da propagación do virus COVID-19 recollida no artigo 13.1 do Real Decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, poderán continuar percibíndoa cos mesmos requisitos e condicións, durante o tempo que permaneza a actividade suspendida e ata o último día do mes en que se acorde o levantamento das medidas ou o 31 de maio de 2021 se esta última data é anterior.



4) Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para traballadores de tempada (Art. 8 RD Lei 2/2021 do 26 de xaneiro)

4) Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para traballadores de tempada (Art. 8 RD Lei 2/2021 do 26 de xaneiro)


Características

  • Considéranse traballadores de tempada aqueles traballadores autónomos cuxo único traballo ao longo dos anos 2018 e 2019 se desenvolvese no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar durante un mínimo de catro meses e un máximo de seis en cada un dos anos.
  • Considerarase que o traballador autónomo desenvolveu un único traballo en 2018 e 2019 sempre que, de ter estado de alta nun réxime de Seguridade Social como traballador por conta allea, esta alta non supere os 120 días ao longo deses anos.
  • Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos neste apartado.


Requisitos


a) Ter estado de alta e cotizado no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar como traballador por conta propia durante un mínimo de catro meses e un máximo de seis meses de cada un dos anos 2018 e 2019, sempre que ese marco temporal abranga un mínimo de dous meses na primeira metade do ano.
b) Non ter estado en alta ou asimilado á alta como traballador por conta allea no réxime de Seguridade Social correspondente máis de 60 días durante o primeiro semestre do ano 2021.
c) Non obter durante a primeira metade do ano 2021 uns ingresos netos computables fiscalmente que superen os 6.650 euros.
f) Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social. Non obstante, se non se cumprise este requisito, o órgano xestor convidará ao pagamento ao traballador autónomo para que no prazo improrrogable de trinta días naturais ingrese as cotas debidas. A regularización do descuberto producirá plenos efectos para a adquisición do dereito á protección.


Contía

  • A contía da prestación será o equivalente ao 70 por cento da base mínima de cotización que corresponda pola actividade desempeñada no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou, no seu caso, no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.


Cotización

  • Durante a percepción da prestación non existirá obriga de cotizar, permanecendo o traballador en situación de alta ou asimilada á alta no réxime de Seguridade Social correspondente.
  • As cotizacións polas que non exista obriga de cotizar serán asumidas polas entidades con cargo a cuxos orzamentos se cubra a correspondente prestación.


Prazo de solicitude. Nacemento do dereito e duración


A prestación extraordinaria por cesamento de actividade regulamentada poderá comezar a devindicarse con efectos da 1 de febreiro de 2021 e terá unha duración máxima de 4 meses, sempre que a solicitude se presente dentro dos primeiros vinte e un días naturais de febreiro. No caso contrario para os efectos quedan fixados ao día seguinte da presentación da solicitude e a súa duración non poderá exceder do 31 de maio de 2021.


Incompatibilidades


Esta prestación será incompatible co traballo por conta allea e con calquera prestación de Seguridade Social que o beneficiario viñese percibindo agás que fose compatible co desempeño da actividade como traballador por conta propia. Así mesmo será incompatible co traballo por conta propia e coa percepción de rendementos procedentes da sociedade cuxa actividade se vise afectada polo peche, cando os ingresos que se perciban na primeira metade do ano 2021 superen os 6.650 euros.
Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible ademais coa percepción das axudas por paralización da frota. 

3) Dereito á prestación de cesamento de actividade compatible co traballo por conta propia (Art. 7 RD-Lei 2/2021 do 26 de xaneiro).

3) Dereito á prestación de cesamento de actividade  compatible co traballo por conta propia (Art. 7  RD-Lei  2/2021 do 26 de xaneiro).


Características


Os traballadores autónomos poderán solicitar a prestación por cesamento de actividade prevista no artigo 327 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, sempre que concorran os requisitos establecidos en do Real Decreto-Lei 2/2021 e nos apartados a), b), d) e e) do artigo 330.1 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.


Requisitos

  • Acreditar unha redución dos ingresos computables fiscalmente da actividade por conta propia  durante o primeiro semestre de 2021 de máis do  50 por cento en relación co segundo semestre de 2019 así como non obter durante o semestre indicado de 2021 uns rendementos netos computables fiscalmente superiores a 7.980 euros.
    Para o cálculo da redución de ingresos terase en conta o período en alta no segundo semestre de 2019 e compararase coa parte proporcional dos ingresos habidos no primeiro semestre de 2021 na mesma proporción.
    No caso dos traballadores autónomos que teñan un ou máis traballadores ao seu cargo, deberá acreditarse ao tempo de solicitar a prestación o cumprimento de todas as obrigas laborais e de Seguridade Social que teñan asumidas.
  • Estar afiliados e en alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, se é o caso.
  • Ter cuberto o período mínimo de cotización por cesamento de actividade a que se refire o artigo 338 Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.
  • Non ter feito os anos da idade ordinaria para causar dereito á pensión contributiva de xubilación, agás que o traballador autónomo non acreditase o período de cotización requirido para iso.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social. Non obstante, se na data de cesamento de actividade non se cumprise este requisito, o órgano xestor invitará ao pagamento ao traballador autónomo para que no prazo improrrogable de trinta días naturais ingrese as cotas debidas. A regularización do descuberto producirá plenos efectos para a adquisición do dereito á protección.


Duración


Esta prestación poderá percibirse como máximo ata o  31 maio 2021, sempre que o traballador teña dereito a ela nos termos fixados no artigo 338 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
Así mesmo, percibirán esta prestación ata o 31 de maio de 2021 aqueles  traballadores autónomos que causen dereito a ela o 1 de febreiro de 2021 e vexan esgotado o seu dereito ao cesamento previsto no citado precepto antes do 31 de maio de 2021, sempre que reúnan os requisitos esixidos para o efecto.
A partir desta data só se poderá continuar percibindo esta prestación de cesamento de actividade se concorren todos os requisitos do artigo 330 da Lei Xeral da Seguridade Social.


Prazo de solicitude e nacemento do dereito


O recoñecemento á prestación levarase a cabo polas mutuas colaboradoras ou o Instituto Social da Mariña con carácter provisional con efectos da 1 de febreiro de 2021 se se solicita dentro dos primeiros vinte e un días naturais de febreiro, ou con efecto dende o día seguinte á solicitude noutro caso, debendo ser regularizada a partir do 1 de setembro de 2021.


Cotización durante a prestación 


O traballador autónomo, durante o tempo que estea a percibir a prestación, deberá ingresar na Tesouraría Xeral da Seguridade Social a totalidade das cotizacións aplicando os tipos vixentes sobre a base de cotización correspondente.


Contía da prestación


A contía da prestación determinarase aplicando o 70 por cento sobre a base reguladora, calculada de conformidade co previsto no artigo 339 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social
A base reguladora da prestación económica por cesamento de actividade será a media das bases polas que se cotizara durante os doce meses continuados e inmediatamente anteriores ao 1 de febreiro de 2021.

A mutua colaboradora ou, no seu caso, o Instituto Social da Mariña, aboará ao traballador xunto coa prestación por cesamento na actividade, o importe das cotizacións por continxencias comúns que lle correspondese ingresar de se atopar o traballador autónomo sen desenvolver actividade ningunha, en aplicación do disposto no artigo 329 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
A prestación por cesamento de actividade poderá ser compatible cun traballo por conta allea, se os ingresos netos computables fiscalmente procedentes do traballo por conta propia e os ingresos procedentes do traballo por conta allea non superan 2,2 veces o importe do SMI. Na determinación deste cómputo, os ingresos procedentes do traballo por conta allea non superarán 1,25 veces o importe do salario mínimo interprofesional.
Neste caso a contía da prestación por cesamento de actividade será o 50% Base mínima de cotización.

2) Prestación extraord cesamento actividade autónomos que non poidan causar dereito a prestación ordinaria cesamento actividade (Art. 6 Real Decreto-Lei 2/2021)

Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para aqueles traballadores autónomos que non poidan causar dereito á prestación ordinaria de cesamento de actividade prevista no artigo 7 do Real Decreto-Lei 2/2021 ou á prestación de cesamento de actividade regulamentada nos artigos 327 e seguintes do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro (Art. 6 Real Decreto-Lei 2 /2021, do 26 de xaneiro).


Características

  • Os traballadores autónomos que non poidan causar dereito á prestación ordinaria de cesamento de actividade prevista no artigo 7 do Real Decreto-Lei 2/2021 ou á prestación de cesamento de actividade regulamentada nos artigos 327 e seguintes do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
  • A partir do 1 de febreiro de 2021 os traballadores autónomos que perciban esta prestación e non estivesen a cotizar por cesamento de actividade virán obrigados a cotizar por este concepto a partir do mes seguinte en que finalice a percepción da prestación.
  • Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos neste apartado.

Requisitos


1º Estar dado de alta e ao corrente no pagamento das cotizacións no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar como traballador por conta propia dende antes do 1 de abril de 2020.
2.º Non ter dereito á prestación de cesamento de actividade que se regulamenta no artigo 7  do Real Decreto-Lei 2/2021 desta norma ou á prestación de cesamento de actividade regulamentada nos artigos 327 e seguintes do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.
3.º Non ter rendementos netos computables fiscalmente procedentes da actividade por conta propia no primeiro semestre de 2021 superiores a 6.650 euros.
4.º Acreditar no primeiro semestre do 2021 uns ingresos computables fiscalmente da actividade por conta propia inferiores aos habidos no primeiro trimestre de 2020.
Para o cálculo da redución de ingresos terase en conta o período en alta no primeiro trimestre do ano 2020 e compararase coa parte proporcional dos ingresos habidos no primeiro semestre na mesma proporción.


Contía


  • Con carácter xeral: 50% Base mínima de cotización.
  • Persoas conviventes no mesmo domicilio unidas por vínculo familiar ou unidade análoga de convivencia ata o primeiro grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade con dous ou máis membros con dereito a esta prestación: 40% Base mínima de cotización.


Cotización


  • Durante o tempo de percepción da prestación manterase a alta no réxime especial correspondente quedando o traballador autónomo exonerado da obriga de cotizar.
  • O período durante o cal o traballador autónomo estea exento da obriga de cotizar entenderase como cotizado e as cotizacións que correspondan a este serán asumidas polas entidades con cargo a cuxos presupostos se cubra a correspondente prestación.
  • A base de cotización aplicable durante todo o período de percepción desta prestación extraordinaria será en todo caso a establecida no momento de inicio da devandita prestación.
  • A duración máxima e resto de condicións de aplicación das deducións na cotización ás que poida ter dereito o traballador beneficiario desta prestación extraordinaria por cesamento na actividade non se modificará polo percibo desta última.


Prazo de solicitude. Nacemento do dereito e duración


Esta prestación extraordinaria por cesamento de actividade poderá comezar a devindicarse con efectos do 1 de febreiro de 2021 e terá unha duración máxima de 4 meses, sempre que a solicitude se presente dentro dos primeiros vinte e un días naturais de febreiro. No caso contrario, os efectos quedan fixados no primeiro día do mes seguinte ao da presentación da solicitude e a súa duración non poderá exceder do 31 de maio de 2021.


Incompatibilidades

  • O percibo da prestación será incompatible coa percepción dunha retribución polo desenvolvemento dun traballo por conta allea, agás que os ingresos do traballo por conta allea sexan inferiores a 1,25 veces o importe do SMl;
  • Co desempeño doutra actividade por conta propia;
  • Coa percepción de rendementos procedentes da sociedade cuxa actividade se vise afectada polo peche;
  • Coa percepción dunha prestación de Seguridade Social salvo aquela que o beneficiario viñera percibindo por ser compatible co desempeño da actividade que desenvolvía.
  • Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible coas axudas por paralización da frota.


Extinción


Extinguirase o dereito á esta prestación se durante a percepción desta concorren os requisitos para causar dereito á prestación de cesamento de actividade recollida no artigo xx desta norma ou á prestación de cesamento de actividade regulamentada nos artigos 327 e seguintes do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, sen prexuízo do dereito que asiste ao interesado a solicitar a prestación correspondente.


1) Prestación extraord cesamento activ autónomos afectados por suspensión temporal (Art. 5 Real Decreto-Lei 2/2021)

1) Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención da propagación do virus COVID-19.  (Art. 5 Real Decreto-Lei 2/2021, do 26 de xaneiro).


Características

  • Resolución adoptada pola autoridade competente de suspender a actividade como medida de contención na propagación do virus COVID-19.
  • A partir do 01 febreiro 2021.
  • Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos neste apartado.

Requisitos

a) Estar afiliados e en alta en RETA ou, se é o caso, no RETAMAR,  antes do 1 de xaneiro de 2021.
b) Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.

Contía

  • Con carácter xeral: 50% Base mínima de cotización.
  • Membros de familia numerosa, se os únicos ingresos da unidade familiar ou análoga proceden da actividade suspendida: 50% Base mínima de cotización máis un 20% desa contía.
  • Persoas conviventes no mesmo domicilio unidas por vínculo familiar ou unidade análoga de convivencia ata o primeiro grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade con dous ou máis membros con dereito a esta prestación: 40% Base mínima de cotización, non sendo de aplicación a previsión considerada no apartado para familias numerosas.

Cotización

  • Durante o tempo que permaneza a actividade suspendida manterase a alta no réxime especial correspondente quedando o traballador autónomo exonerado da obriga de cotizar. A exoneración do ingreso das cotas estenderase dende o primeiro día do mes no que se adopta a medida de peche de actividade ata o último día do mes seguinte ao que se levante a devandita medida ou ata o 31 de maio de 2021 se esta última data é anterior.
  • O período durante o cal o traballador autónomo estea exento da obriga de cotizar entenderase como cotizado e as cotizacións que correspondan a este serán asumidas polas entidades con cargo a cuxos presupostos se cubra a correspondente prestación.
  • A base de cotización aplicable durante todo o período de percepción desta prestación extraordinaria será en todo caso a establecida no momento de inicio da devandita prestación.
  • A duración máxima e resto de condicións de aplicación das deducións na cotización ás que poida ter dereito o traballador beneficiario desta prestación  extraordinaria por cesamento na actividade non se modificará polo percibo desta última.

Prazo de solicitude. Nacemento do dereito e duración

O recoñecemento dela poderá solicitarse dentro dos primeiros vinte e un días naturais seguintes á entrada en vigor do acordo ou resolución de peche de actividade.

O dereito á prestación nacerá dende o día seguinte á adopción da medida de peche de actividade adoptada pola autoridade competente e finalizará o último día do mes en que se acorde o levantamento desta ou o 31 de maio de 2021 se esta última data é anterior.

No caso de que a solicitude se presente fóra do prazo establecido, o dereito á prestación iniciarase o día da solicitude. Nestes casos, o traballador ou traballadora quedará exento da obriga de cotizar dende o primeiro día do mes no que se solicitase a prestación.

Incompatibilidades

  • O percibo da prestación será incompatible coa percepción dunha retribución polo desenvolvemento dun traballo por conta allea, agás que os ingresos do traballo por conta allea sexan inferiores a 1,25 veces o importe do SMl;
  • Co desempeño doutra actividade por conta propia;
  • Coa percepción de rendementos procedentes da sociedade cuxa actividade se vise afectada polo peche;
  • Coa percepción dunha prestación de Seguridade Social salvo aquela que o beneficiario viñera percibindo por ser compatible co desempeño da actividade que desenvolvía.
  • Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible coas axudas por paralización da frota.
Complementary Content
${loading}