Períodos de descanso en relación ao Estatuto dos Traballadores (ET)
Dende o 01/01/2021 a duración da prestación para ámbolos proxenitores, adoptantes, gardadores ou acolledores será de 16 semanas e teranse en conta as seguintes regras:
No caso de nacemento
-
Nai biolóxica:
- 6 semanas obrigatorias, ininterrompidas e que se deberán gozar a xornada completa inmediatamente despois do parto.
-
10 semanas que poderán gozar a xornada completa ou parcial:
- De xeito continuado ao período obrigatorio.
- De xeito interrompido, en cuxo caso, debe ser en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade.
- O goce de cada período semanal ou acumulación de períodos deberá comunicalos o interesado á empresa cunha antelación mínima de 15 días.
- O goce da xornada completa ou parcial deste período, requirirá un acordo entre a empresa e a persoa traballadora.
-
Outro proxenitor (distinto da nai biolóxica):
- 6 semanas ininterrompidas, obrigatorias e que se deberán gozar a xornada completa inmediatamente despois do parto.
-
10 semanas voluntarias que poderán gozar a xornada completa ou parcial:
- De xeito continuado ao período obrigatorio.
- De xeito interrompido, en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias, ata que o fillo/a cumpra 12 meses de idade.
- O goce de cada período semanal ou acumulación de períodos deberá comunicalos o interesado á empresa cunha antelación mínima de 15 días.
- O goce da xornada completa ou parcial deste período, requirirá un acordo entre a empresa e a persoa traballadora.
-
Ampliacións da duración da prestación comúns aos dous proxenitores:
- 1 semana para cada proxenitor, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de nacemento múltiple.
- 1 semana para cada proxenitor en caso de discapacidade do fillo/a
- 6 semanas ininterrompidas, obrigatorias e que se deberán gozar a xornada completa inmediatamente despois da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a decisión administrativa de garda con fins de adopción ou acollemento.
-
10 semanas voluntarias que poderán gozar a xornada completa ou parcial:
-
De xeito continuado ao período obrigatorio.
-
De maneira interrompida, en períodos semanais (acumulados ou independentes) dende a finalización das 6 semanas obrigatorias, dentro dos 12 meses seguintes á resolución xudicial ou decisión administrativa.
-
O goce de cada período semanal ou acumulación de períodos deberá comunicalos o interesado á empresa cunha antelación mínima de 15 días.
- O goce da xornada completa ou parcial deste período, requirirá un acordo entre a empresa e a persoa traballadora.
-
- 1 semana para cada proxenitor, por cada fillo/a, a partir do segundo, en caso de adopción múltiple.
- 1 semana para cada proxenitor en caso de discapacidade do fillo/a.
Dispoñerá dun período de suspensión total de 16 semanas coa seguinte distribución:
Mantense a posibilidade de que a nai biolóxica poida anticipar o inicio da prestación ata en 4 semanas á data probable de parto.
Nos casos de falecemento do fillo/a, o período de suspensión non se verá reducido, agás que se reincorporen ao traballo transcorridas as 6 semanas de descanso obrigatorio.
Dispoñerá dun período de suspensión total de 16 semanas, coa seguinte distribución:
Nos casos de falecemento do fillo ou da filla, o período de suspensión non se verá reducido, agás que se reincorpore ao traballo transcorridas as 6 semanas de descanso obrigatorio.
Nos casos de parto prematuro e aqueles supostos nos que o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, por un período superior a sete días, a prestación poderase ampliar en tantos días como o nacido se encontre hospitalizado, cun máximo de trece semanas adicionais. Esta ampliación poderase gozar por cada un dos proxenitores, a partir da alta hospitalaria. Exclúense do devandito cómputo as semanas de descanso obrigatorio.
En caso de adopción, de garda con fins de adopción e de acollemento:
Cada adoptante, gardador ou acolledor disporá dun período de suspensión total de 16 semanas, coa seguinte distribución:
Nos supostos de adopción internacional , cando sexa necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país do adoptado, o período de suspensión poderá iniciarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.
Ampliacións da duración da prestación
No suposto de familia monoparental, en caso de parto, adopción ou acollemento múltiple ou de fillo ou menor con discapacidade, mantense o dereito do período adicional de dúas semanas a favor do único proxenitor existente.