Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Requisitos

Regras para o cómputo de ingresos

1. O cómputo dos ingresos do exercicio anterior levarase a cabo atendendo ás seguintes regras:

a) Con carácter xeral as rendas computaranse polo seu valor íntegro, agás os procedentes de actividades económicas, de arrendamentos de inmobles ou de réximes especiais, que se computarán polo seu rendemento neto.

b) Os rendementos procedentes de actividades económicas, as ganancias patrimoniais xeradas no exercicio e dos réximes especiais, computaranse pola contía que se integra na base impoñible do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas segundo a normativa vixente en cada período.

c) Cando o beneficiario dispoña de bens inmobles arrendados, teranse en conta os seus rendementos como ingresos menos gastos, antes de calquera redución á que teña dereito o contribuínte, e ambos os dous determinados, conforme ao disposto para o efecto na normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, ou normativa foral correspondente, aplicable ás persoas que forman a unidade de convivencia. Se os inmobles non estivesen arrendados, os ingresos computables valoraranse segundo as normas establecidas para a imputación de rendas inmobiliarias na citada normativa e correspondente norma foral.

d) Computará como ingreso o importe das pensións e prestacións, contributivas ou non contributivas, públicas ou privadas.

e) Exceptuaranse do cómputo de rendas:

1.º Os salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas Comunidades Autónomas. 

2.º As prestacións e axudas económicas finalistas que fosen concedidas para cubrir unha necesidade específica de calquera das persoas integrantes da unidade de convivencia, tales como bolsas ou axudas para o estudo, axudas por vivenda, axudas de emerxencia, e outras similares.

3.º As rendas exentas ás que se refiren as alíneas b), c), d), i), j), n), q), r), s), t) e y) do artigo 7 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non-Residentes e sobre o Patrimonio.

2. Para o cómputo de ingresos teranse en conta os obtidos os beneficiarios durante o exercicio anterior á solicitude. O importe da prestación será revisado cada ano tendo en conta a información dos ingresos do exercicio anterior. Para determinar en que exercicio se obtiveron os ingresos adoptarase o criterio fiscal.

3. Para a determinación dos rendementos mensuais das persoas que forman a unidade de convivencia compútase o conxunto de rendementos ou ingresos de todos os membros, de acordo co establecido na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda de non-Residentes e sobre o Patrimonio.

Non se computarán as rendas previstas no apartado 1.e). Á suma de ingresos detallados anteriormente restarase o importe do Imposto sobre a renda devindicado e as cotizacións sociais.

Excepcionalmente e cando non sexan beneficiarios de prestacións ou subsidios de desemprego, e para os exclusivos efectos de cómputo de rendas, poderanse presentar solicitudes ata 31 de decembro de 2020 en supostos de vulnerabilidade económica que se producisen durante o ano en curso. Para os efectos de acreditar provisionalmente o cumprimento do requisito de rendas, consideraranse a parte proporcional dos ingresos que tivese a unidade de convivencia durante o tempo transcorrido do ano 2020, sempre e cando no exercicio anterior non supere a metade dos límites de patrimonio neto establecidos de forma xeral para as citadas unidades de convivencia e cuxos ingresos non superen en máis do 50 por cento dos límites establecidos para toda a unidade de convivencia no exercicio 2019. Neste suposto poderase tomar como referencia de ingresos do ano 2020 os datos obrantes nos ficheiros e bases de datos da Seguridade Social que permitan a verificación da devandita situación, ou ben, e no seu defecto, o que figuren na declaración responsable.

En todo caso, no ano 2021, procederase á regularización das contías aboadas en relación cos datos de media mensual do conxunto de ingresos e rendas anuais computables da persoa beneficiaria individual ou do conxunto de membros da unidade de convivencia, correspondentes ao exercicio 2020 dando lugar, se é o caso, ao reintegro da prestación.

                          

Regras para o cómputo de patrimonio

  1. Terase en conta o patrimonio neto da persoa soa ou da unidade de convivencia, que estará determinado pola suma do patrimonio societario neto máis o patrimonio non societario neto:
    1. O patrimonio societario neto inclúe o valor das participacións no patrimonio de sociedades nas que participen de forma directa algún dos membros da unidade de convivencia, con excepción das valoradas dentro dos activos non societarios
    2. O patrimonio non societario neto inclúe o valor dos activos non societarios e descóntase o pasivo non societario que tivera asociado.

    Os activos non societarios son a suma dos seguintes conceptos:

        1. Os inmobles, excluída a vivenda habitual.
        2. As contas bancarias e depósitos.
        3. Os activos financeiros en forma de valores, seguros e rendas e as participacións en Institucións de Investimento Colectivo.
        4. As participacións en plans, fondos de pensións e sistemas alternativos similares.

      Os pasivos non societarios incluirán as débedas e créditos existentes sobre os activos non societarios a data de presentación da solicitude, excluídos os asociados á vivenda habitual.

  2. Os activos non societarios valoraranse de acordo cos seguintes criterios:

    O patrimonio societario valorarase, para cada un dos membros da unidade de convivencia, aplicando as porcentaxes de participación no capital das sociedades non incluídas dentro dos activos non societarios, ao valor do patrimonio neto das devanditas sociedades consignado nas últimas declaracións tributarias para as que finalizase o exercicio fiscal para todos os contribuíntes.

    O patrimonio inmobiliario de carácter residencial valorarase de acordo co valor de referencia de mercado ao que se fai referencia no artigo 3.1 e a disposición final terceira do texto refundido da Lei de catastro inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, e, en ausencia deste valor, polo valor catastral do inmoble.

    O resto do patrimonio inmobiliario, ben sexa de carácter urbano, ben sexan de carácter rústico, valorarase de acordo co valor catastral dos inmobles.

    As contas bancarias e depósitos, os activos financeiros e as participacións, valoraranse polo seu valor a 31 de decembro consignado nas últimas declaracións tributarias informativas dispoñibles cuxo prazo regulamentario de declaración finalizase no momento de presentar a solicitude.
Complementary Content
${loading}