Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Xestión / Solicitudes

Onde?

A solicitude de prestación pode presentarse:

  • Mediante a plataforma de trámites sen certificado ou rexistro electrónico (Solicitude e trámites da seguridade social) para os estudantes que carezan dos medios anteriores.
  • En última instancia, mediante correo postal, ou presencialmente en calquera CAISS.

Prazos para solicitar as prestacións

  • Todas las prestaciones derivadas de accidente escolar: 1 año.
  • Las prestaciones sanitarias se deben solicitar con carácter previo a la asistencia médica para el reconocimiento del derecho, con la excepción siguiente: en casos de urgencia debidamente acreditada por el facultativo, puede presentarse en el plazo de 5 años.
  • Las prestaciones económicas y gastos de sepelio que no deriven de accidente escolar: 5 años.
  • Las prestaciones por infortunio familiar: 5 años, con una retroactividad máxima de 3 meses.

Documentos que deben acompañar a solicitude

EXHIBICIÓN DOS DOCUMENTOS SEGUINTES EN ORIXINAL E EN VIGOR:
  • DNI ou Libro de Familia.
  • Estranxeiros, documento acreditativo de identidade.
  • Acreditación de residencia legal, se fose necesario, mediante a inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros ou a tarxeta ou autorización de residencia.

PRESENTACIÓN DOS DOCUMENTOS SEGUINTES OU FOTOCOPIA COMPULSADA OU COPIA PARA PROCEDER Á SÚA COMPULSA:

  • Para os estudantes non universitarios, certificado do centro de estudos onde se especifique o curso e especialidade que realizan, ademais do aboamento de cotas do seguro escolar.
  • Para os estudantes universitarios, resgardo do impreso de matrícula no que conste o curso, as materias e o pagamento da cota do Seguro Escolar.
  • A documentación sinalada no punto anterior, referida ao curso anterior ao da solicitude, para os efectos de xustificar a cotización dun ano, agás no caso de accidente escolar, prestación de infortunio familiar e tocoloxía (quedan exentos deste requisito os estudantes que, durante o ano académico anterior, realizasen o último curso dos estudos non incluídos no Seguro Escolar).

a) Prestacións sanitarias:

  1. Derivadas de accidente escolar:
    • Parte de accidente, que se cubrirá no punto 4 da solicitude.
    • Certificado médico de baixa.
  2. Cirurxía, tocoloxía, neuropsiquiatría e tuberculose pulmonar e ósea:
    • Certificado médico oficial no que conste o facultativo que vai prestar a asistencia médica, con indicación do número de colexiado, domicilio do centro ou consulta, especialidade, data e centro hospitalario do ingreso, no seu caso, diagnóstico, tratamento prescrito e tempo aproximado necesario para a súa curación.
    • O certificado anterior poderá substituírse polo informe de urxencia médica, cando proceda.
    • Para neuropsiquiatría, o psiquiatra deberá indicar o diagnóstico segundo as clasificacións internacionais DSM-III-R ou CIE/10, a descrición breve do estado actual do paciente, o tratamento farmacolóxico e terapia psicolóxica indicada e se esta última vai ser realizada por un psicólogo ou polo propio psiquiatra.
  3. Fisioterapia, radioterapia, cobaltoterapia, radioterapia e ril artificial: ademais do indicado no punto anterior, un historial médico que motive a solicitude, no que se indicará o número de sesións, o tipo destas e o orzamento total do tratamento.

A solicitude de todas as prestacións recollidas nos puntos 2 e 3 deste apartado será despois da asistencia médica para o recoñecemento do dereito. Unicamente poderá recoñecerse o dereito ao reembolso dos tratamentos prestados tras presentarse a solicitude, non anteriores. Soamente nos casos de extrema urxencia, acreditada polo facultativo, poderá presentarse no prazo de 5 anos.

b) Prestacións económicas:

  1. Indemnizacións por infortunio familiar: Libro de Familia e título de familia numerosa cando se ostente esta condición.
    • Falecemento do cabeza de familia: Certificado de defunción.
    • Ruína ou quebra: documentos que acrediten claramente o feito causante da ruína ou quebra, ademais da data na que sucedeu.
    • Prórroga da prestación de infortunio familiar: documento acreditativo das materias cursadas durante o ano académico anterior, co fin de comprobar o aproveitamento do curso.
  2. Indemnizacións por incapacidades derivadas de accidente escolar:
    • Parte de accidente escolar.
    • Certificado médico que especifique o proceso evolutivo e indique as secuelas definitivas, e tamén a diminución da capacidade do accidentado, con vistas aos estudos que realizaba.
  3. Indemnizacións por gastos de enterro derivados de accidente, sexa ou non escolar, e enfermidade:
    • Parte de accidente (só se é accidente escolar).
    • En caso de falecemento por enfermidade, informe médico no que se faga constar que o afiliado vítima de enfermidade faleceu como consecuencia desta nos dous anos seguintes á data en que a contraeu e que a imposibilidade de continuar os estudos durou ata a súa morte.
    • Certificado de defunción tanto para accidente como enfermidade.

Declaración responsable sobre conformidade co tratamento


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Declaración responsable conformidad del estudiante con el tratamiento Descargar documento Declaración responsable conformidad del estudiante con el tratamiento. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Declaración responsable conformidad del estudiante con el tratamiento. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,219 KB) 21/04/2022

Competencia

Se se trata de prestacións económicas, a solicitude será resolta pola Dirección provincial do INSS onde se presentou a solicitude.

Se son prestacións sanitarias,a solicitude será resolta pola Dirección Provincial do INSS onde se dispensase a asistencia sanitaria, con independencia da provincia onde figure matriculado o estudante ou a de residencia da unidade familiar. No caso no que o estudante se desprace ou traslade a outra provincia con cobertura sanitaria do Seguro escolar, deberá comunicarlle á Dirección Provincial que era competente o traslado, para que se poida cursar o traslado do seu expediente á nova provincia.

Información importante

A cobertura sanitaria do Seguro Escolar estará supeditada á presentación da solicitude. Non se poderán aboar os servizos prestados antes da súa presentación, agás que se trate dunha asistencia de urxencia e esta sexa recoñecida como tal por este Instituto.

Para a prórroga de neuropsiquiatría, esta se deberá solicitar nos últimos trinta días do período semestral anterior. Non se poderá recoñecer a prórroga solicitada máis tarde dos devanditos trinta días.

Cando a asistencia sanitaria se percibise nun centro non colaborador, e o estudante sufragase as facturas, ao presentar estas ha de xustificar o seu previo aboamento ao centro perante o INSS. Ben mediante un xustificante do pagamento da factura (transferencia bancaria) ou o selado do pagamento da factura polo centro.

Complementary Content
${loading}