Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

Prestación económica destinada aos proxenitores, adoptantes ou acolledores que reducen a súa xornada de traballo para o coidado do menor ao seu cargo afectado por cancro ou outra grave enfermidade.

O subsidio ten por obxecto compensar a perda de ingresos que sofren os interesados ao ter que reducir a súa xornada, coa conseguinte diminución do seu salario, pola necesidade de coidar de maneira directa, continua e permanente os fillos ou menores ao seu cargo, durante o tempo da súa hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.

Esta prestación está incluída dentro da acción protectora do Sistema da Seguridade Social dende o 01-01-2011, non sendo aplicable aos funcionarios públicos, que se rexerán polo establecido no art.49.e) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

Complementary Content
${loading}