Porcentaxe
-
O 52% da base reguladora, con carácter xeral.
-
A partir de 01-01-2019 a porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión de viuvez será do 60%, cando na persoa beneficiaria concorran os seguintes requisitos:
-
Ter unha idade igual ou superior a 65 anos.
-
Non ter dereito a outra pensión pública española e estranxeira.
-
Non percibir ingresos pola realización de traballos por conta allea ou por conta propia.
-
Non dispoñer de rendas de capital mobiliario ou inmobiliario, ganancias patrimoniais ou rendas de actividades económicas, superiores a 7.707,00 euros/ano.
-
-
- O 70% da base reguladora correspondente sempre que, durante todo o período de percepción da pensión, se cumpran os seguintes requisitos:
-
Que o pensionista teña cargas familiares. Enténdese que existen cargas familiares cando:
- Conviva con fillos menores de 26 anos ou maiores incapacitados, ou menores acollidos ou suxeitos a garda con fins de adopción. A estes efectos, considérase que existe incapacidade cando acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Os rendementos da unidade familiar, incluído o propio pensionista, divididos entre o número de membros que a compoñen, non superen, en cómputo anual, o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, excluída a parte proporcional das dúas pagas extraordinarias.
- Que a pensión de viuvez constitúa a principal ou única fonte de ingresos, entendendo que se cumpre este requisito cando o importe anual da pensión sexa superior ao 50% do total dos ingresos do pensionista.
- Que os rendementos anuais do pensionista por todos os conceptos non superen a contía resultante de sumar ao límite que, en cada exercicio económico, estea previsto para o recoñecemento dos complementos por mínimos das pensións contributivas, o importe anual que, en cada exercicio económico, corresponda á pensión mínima de viuvez con cargas familiares. O límite de ingresos en 2021 é de 18.877,6 € anuais (7.707,00 + 11.170,60).
A pensión de viuvez, en cómputo anual, máis os rendementos anuais do pensionista, non poden exceder o límite de ingresos do parágrafo anterior. En caso contrario, reducirase a contía da pensión de viuvez co fin de non superar este límite.
Os tres requisitos esixidos deben concorrer simultaneamente. A perda dun deles motivará a aplicación da porcentaxe do 52% con efectos dende o día 1 do mes seguinte a aquel no que deixe de concorrer este requisito.
Mantemento transitorio do complemento por maternidade
As persoas que, o 4-2-2021, estivesen a percibir o complemento por maternidade por achega demográfica, manterán o seu percibo.
A percepción do complemento de maternidade será incompatible co novo complemento de pensións contributivas para a redución da fenda de xénero, podendo optar as persoas interesadas entre un ou outro.
Complemento para a redución da fenda de xénero
O complemento de pensións contributivas para a redución da fenda de xénero, substitúe o complemento por maternidade por achega demográfica por un complemento dirixido á redución da fenda de xénero, co que se persegue reparar o dano que sufriron ao longo da súa carreira profesional as mulleres por asumir un papel principal na tarefa dos coidados dos fillos que se proxecta no ámbito das pensións.
- Nos casos de separación xudicial ou divorcio:
Cando exista un único beneficiario con dereito a pensión, o importe da contía será íntegro.
Se mediando divorcio existe concorrencia de beneficiarios con dereito a pensión, esta será recoñecida en contía proporcional ao tempo que cada un dos beneficiarios vivise co causante, garantíndose, en todo caso, o 40 % a favor do cónxuxe ou supervivente dunha parella de feito con dereito a pensión de viuvez.
Límite máximo: a partir do 01-01-2010, a contía da pensión de viuvez non pode ser superior á pensión compensatoria. Se fose superior, aquela diminuirase ata alcanzar a contía desta última.
Cando se trate de separados ou divorciados non acredores de pensión compensatoria, a pensión será recoñecida en contía proporcional ao tempo vivido co causante falecido, sen prexuízo dos límites (40 %) que poidan resultar en favor do cónxuxe ou supervivente da parella de feito no suposto de concorrencia de beneficiarios.
- Nos casos de nulidade matrimonial, a pensión será recoñecida en contía proporcional ao tempo vivido co falecido, sen prexuízo dos límites (40%) que poidan resultar en favor do cónxuxe ou supervivente da parella de feito no suposto de concorrencia de beneficiarios.