Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta páxina
Valore este contido

Requisitos

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Traballadores en situación de alta ou asimilada:

  • Período de cotización xenérico: 15 anos (5.475 días), a partir de 25-05-2010.
  • Período de cotización específico: 2 anos deberán estar comprendidos dentro dos 15 anos inmediatamente anteriores ao momento de causar o dereito ou á data en que cesou a obriga de cotizar, se se accede á pensión de xubilación desde unha situación de alta ou asimilada, sen obriga de cotizar.

Traballadores en situación de non alta nin asimilada:

  • Período de cotización xenérico: 15 anos (5.475 días), a partir de 25-05-2010.
  • Período de cotización específico: 2 anos deberán estar comprendidos dentro dos 15 anos inmediatamente anteriores ao momento de causar o dereito.

Para os efectos de acreditar o período mínimo de cotización:

  • Só se computan as cotizacións efectivamente realizadas ou as asimiladas a elas legal ou regulamentariamente.
  • Non se terá en conta a parte proporcional correspondente por pagas extraordinarias.

No caso dos traballadores contratados a tempo parcial e con contrato fixo descontinuo:

Para acreditar os períodos de cotización necesarios para causar dereito á prestación no caso dos traballadores a tempo parcial, teranse en conta os distintos períodos durante os cales o traballador permanecese en alta cun contrato a tempo parcial, calquera que sexa a duración da xornada realizada en cada un deles.

No caso dos traballadores fixos descontinuos, computarase todo o período durante o cal o traballador estivese en situación de alta cun contrato fixo-descontinuo e multiplicarase por un coeficiente de 1,5, sen que o número total de días cotizados anualmente poida superar o número de días naturais de cada ano.

Complementary Content
${loading}