Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Solicitudes

DOCUMENTOS NECESARIOS PARA O TRÁMITE DA SÚA PRESTACIÓN

  • En todos os casos:
    • Acreditación de identidade do solicitante, e, no caso de que houbese, do representante legal ou do representante voluntario mediante a seguinte documentación en vigor:
      • Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
      • Estranxeiros: Pasaporte ou, se é o caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE (Número de Identificación de Estranxeiro) esixido pola AEAT para os efectos de pagamento ou Tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE).
    • Documentación acreditativa da representación legal ou voluntaria, se é o caso.
    • Se o representante é titor institucional, o CIF.
    • Se o representante legal é o titular da patria potestade do solicitante, libro de familia.
  • Documentación relativa á cotización: Traballador por conta allea do Réxime Xeral: certificados das empresas polas que solicita Pago directo, excepto Sistema Especial de empregados de fogar, artistas e profesionais taurinos en censo.
  • Parte de accidente de traballo ou enfermidade profesional (AT e EP),, cuberto pola empresa, se a baixa é por continxencias profesionais. O parte de accidente de traballo deberá ser remitido polo sistema DELTA.
  • Documentos que acrediten a extinción da relación laboral. En caso de despedimento: acta de conciliación ou sentenza de despedimento.
  • Libro de familia, e no seu caso, certificado de discapacidade dos menores  ao seu cargo  co  grao recoñecido, para os supostos de extinción da relación laboral, co fin de aplicar os topes de desemprego contributivo.
  • Empresa de menos de dez traballadores: Lémbrase que é necesaria unha comunicación previa á solicitude, cunha antelación mínima de 15 días, de que a empresa traslada ao INSS a súa obriga de pagamento directo a partir do día 1.º do mes natural seguinte.
  • Traballador eventual do Sistema Especial Agrario, con contrato escrito vixente cando non prestou servizos na data da baixa médica nin hai xornadas cotizadas: contrato selado pola oficina de emprego correspondente.
  • Incumprimento pola empresa do pagamento delegado: denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS), o Xulgado do Social ou o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), con indicación da data desde a que se produciu o incumprimento.



 


Complementary Content
${loading}