Nacemento / Extinción do dereito
Nacemento do dereito
Todas as persoas que reúnan e manteñan os requisitos previstos para ser titulares do dereito terán garantida a asistencia sanitaria en España, con cargo a fondos públicos, a través do Sistema Nacional de Saúde, a cal se fará efectiva polas administracións sanitarias competentes mediante a expedición da tarxeta sanitaria individual.
Extinción
A extinción do dereito producirase polos seguintes motivos:
- Cando se deixen de reunir calquera dos requisitos que determinaron o recoñecemento do dereito.
- Por falecemento.
Así mesmo, perderán a condición de beneficiarios doutros titulares do dereito para os efectos da achega farmacéutica, quen deixen de manter a relación de afectividade, cumpran o límite de idade, deixen de reunir os requisitos de residencia ou pasen a ter a condición de traballador ou de perceptor de pensión ou outra prestación periódica de calquera réxime de Seguridade Social, independentemente de que puidesen pasar a adquirir o dereito por título propio.