Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Bases e tipos de cotización

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

ANO 2026

COTIZACIÓN EN PERÍODOS DE ACTIVIDADE.

A cotización poderá efectuarse, a opción do empresario, por bases diarias, en función das xornadas reais efectivamente realizadas ou previstas, ou por bases mensuais. De non se exercitar expresamente a opción polo empresario, por defecto entenderase que se elixiu a modalidade de bases mensuais de cotización, que resultará obrigatoria para os traballadores por conta allea con contrato indefinido sen incluír entre estes aos que presten servizos con carácter fixo descontinuo, nos que terá carácter opcional.

As bases de cotización aplicables para os traballadores incluídos neste Sistema Especial determinaranse conforme ao establecido no artigo 147 do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

Aos traballadores incluídos neste Sistema especial, non lles será de aplicación a cotización adicional por horas extraordinarias.

Tampouco será de aplicación a cotización adicional por continxencias comúns, establecida nos contratos temporais de duración efectiva igual ou inferior a trinta días.

1.- BASES DE COTIZACIÓN POR CONTINXENCIAS COMÚNS E PROFESIONAIS EN MODALIDADE MENSUAL

Para os traballadores con modalidade de cotización mensual, que presten servizos durante todo o mes, a partir do 1 de xaneiro de 2026 establécense as seguintes bases mínimas e máximas de cotización durante os períodos de actividade:

BASES MÁXIMAS E MÍNIMAS DE COTIZACIÓN
Grupo de Cotización Categorías Profesionais Bases mínimas
euros/mes
Bases máximas
euros/mes
1 Enxeñeiros e licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos Traballadores 1.989,30 5.101,20
2 Enxeñeiros Técnicos, Peritos e Axudantes Titulados 1.649,70 5.101,20
3 Xefes Administrativos e de Taller 1.435,20 5.101,20
4 Axudantes non titulados 1.424,40 5.101,20
5 Oficiais administrativos 1.424,40
5.101,20
6 Subalternos 1.424,40 5.101,20
7 Auxiliares administrativos 1.424,40 5.101,20
8 Oficiais de primeira e segunda 1.424,40 5.101,20
9 Oficiais de terceira e Especialistas 1.424,40 5.101,20
10 Peóns 1.424,40 5.101,20
11 Persoas traballadoras menores de dezaoito anos 1.424,40 5.101,20
2.-BASES DE COTIZACIÓN POR CONTINXENCIAS COMÚNS E PROFESIONAIS EN MODALIDADE DE XORNADAS REAIS

Cando se realicen no mes natural 22 ou máis xornadas reais a base de cotización aplicable será a correspondente ás bases de cotización por continxencias comúns e profesionais en modalidade mensual.

BASES MÁXIMAS E MÍNIMAS DE COTIZACIÓN
Grupo de Cotización Categorías Profesionais

Bases mínimas

euros/día

Bases máximas

euros/día

1 Enxeñeiros e licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos Traballadores 96,49 221,79
2 Enxeñeiros Técnicos, Peritos e Axudantes Titulados 71,73 221,79
3 Xefes Administrativos e de Taller 62,40 221,79
4 Axudantes non titulados 61,93 221,79
5 Oficiais administrativos 61,93 221,79
6 Subalternos 61,93 221,79
7 Auxiliares administrativos 61,93 221,79
8 Oficiais de primeira e segunda 61,93 221,79
9 Oficiais de terceira e Especialistas 61,93 221,79
10 Peóns 61,93
221,79
11 Persoas traballadoras menores de dezaoito anos 61,93 221,79

Con independencia do número de horas de traballo realizadas en cada xornada, a base de cotización das persoas traballadoras incluídas no Sistema Especial para traballadores por Conta Allea Agrarios non poderá ter desde o 1 de xaneiro de 2026 unha contía inferior a 61,93 euros/día.

3.-TIPOS DE COTIZACIÓN EN PERÍODOS DE ACTIVIDADE

Bases de cotización para Continxencias comúns e Accidentes de Traballo Y Enfermidades Profesionais

CONTINXENCIAS COMÚNS Accidentes Traballo e Enfermidades Profesionais
GRUPO DE COTIZACIÓN EMPRESA TRABALLADOR TOTAL

Tarifa Primas establecida na disposición adicional sesaxésima primeira do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro incorporada pola disposición final 1.3 do Real decreto- lei 3/2026, do 3 de febreiro (BOE do 4) sendo as primas resultantes a cargo exclusivo do empresario.

1 23,60 4,70 28,30
2 a 11 21,20 4,70 25,90
TIPO COTIZACIÓN %


Tipos de cotización Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI)


EMPRESA TRABALLADORES TOTAL
MECANISMO EQUIDADE INTERXERACIONAL (MEI) 0,75 0,15 0,9


Base de cotización para Desemprego, FOGASA e Formación Profesional

DESEMPREGO EMPRESA TRABALLADORES TOTAL
Persoas traballadoras por conta allea de carácter fixo, non obstante, cando se trate de contratos de duración determinada ou celebrados con persoas traballadoras que teñan recoñecido un grao de discapacidade non inferior ao 33 por cento 5,50 1,55 7,05
Persoas traballadoras por conta allea de carácter eventual 6,70 1,60 8,30


EMPRESA TRABALLADORES TOTAL
FOGASA 0,10
0,10


EMPRESA TRABALLADORES TOTAL
FORMACIÓN PROFESIONAL 0,15 0,03 0,18

Tipos de cotización durante as situacións de Incapacidade Temporal, Risco durante o embarazo e Risco durante a lactación natural, así como de Nacemento e coidado do menor ou por exercicio corresponsable do coidado do lactante, causadas durante a situación de actividade: a cotización efectuarase segundo modalidade de contratación.

CONTRATO INDEFINIDO CONTRATO TEMPORAL E FIXOS DISCONTINUOS
GRUPO DE COTIZACIÓN TIPO % CONTINXENCIAS COMÚNS

Respecto aos días contratados nos que as persoas traballadoras non puidesen prestar os seus servizos aplicaranse os tipos previstos para o contrato indefinido.

1 15,50
2 a 11 2,75
4.-REDUCIÓNS ACHEGAS EMPRESARIAL

4,1. Reducións na cotización por continxencias comúns en situacións de actividade.

Durante o ano 2026 aplicaranse as seguintes reducións nas achegas empresariais á cotización a este Sistema Especial durante os períodos de actividade con prestación de servizos.

  1. Respecto ás persoas traballadoras encadradas no grupo de cotización 1, aplicarase unha redución de 8,10 puntos porcentuais da base de cotización, resultando un tipo efectivo de cotización por continxencias comúns do 15,50 por 100.
    En ningún caso a cota empresarial resultante será superior a 279,00 euros ao mes o 12,68 por xornada real traballada.

  2. Respecto ás persoas traballadoras encadradas nos grupos de cotización 2 a 11, a redución axustarase ás seguintes regras:

A cota empresarial resultante non poderá ser inferior a 179,44 euros mensuais ou 8,16 euros por xornada real traballada.

En ningún caso a cota empresarial resultante será superior a 279,00 euros ao mes o 12,68 euros por xornada real traballada.

4,2. Reducións na achega empresarial por desemprego durante as situacións de Incapacidade Temporal, Risco durante o embarazo, Risco durante a lactación natural, así como de Nacemento e coidado de menor e exercicio corresponsable do coidado do lactante, causadas durante a situación de actividade.

Durante o ano 2026 aplicarase para todas as persoas traballadoras que se encontren  nestas situacións, calquera que sexa o grupo no que queden encadradas, unha redución de 2,75 puntos porcentuais da base de cotización.

Determinación da situación de inactividade

Existen períodos de inactividade dentro dun mes natural cando o número de días naturais en que a persoa traballadora figure de alta no sistema especial no devandito mes sexa superior ao número de xornadas reais nese mes multiplicado por 1,3636.

O número de días de inactividade do mes é a diferenza entre os días en alta laboral no mes e o número de xornadas reais no mes multiplicadas por 1,3636.

A cotización polos días de inactividade no mes é o resultado de multiplicar o número de días de inactividade no mes pola base de cotización diaria correspondente e polo tipo de cotización aplicable.

Base de cotización na situación de inactividade

Desde o 1 de xaneiro de 2026, a base mensual de cotización aplicable para as persoas traballadoras por conta allea incluídas neste sistema especial, durante os períodos de inactividade, dentro do mes natural é de 1.424,40 euros. Esta contía corresponde á base mínima de cotización por continxencias comúns do grupo 7 da escala de grupos de cotización do Réxime Xeral da Seguridade Social.

Cando a persoa traballadora realice no mes natural vinte e dúas ou máis xornadas reais, a base de cotización correspondente ás elas será tamén de 1.424,40 euros, correspondente á base mínima por continxencias comúns do grupo 7 da escala de grupos de cotización do Réxime Xeral.

Tipo de cotización en situación de inactividade

O tipo de cotización durante os períodos de inactividade é do 11,50 por cento, sendo a cotización resultante a cargo exclusivo da persoa traballadora.

Beneficios na cotización

Desde o 1 de xaneiro de 2026, ás persoas traballadoras que realizasen un máximo de 55 xornadas reais cotizadas no ano 2025, aplicaráselles ás cotas resultantes durante os períodos de inactividade en 2025, unha redución do 19,11 por cento.

Cotización adicional correspondente ao ‘Mecanismo de equidade interxeracional’

Desde o 1 de xaneiro de 2026, durante os períodos de inactividade, esta cotización adicional determínase aplicando o tipo do 0,90 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns, a cargo da persoa traballadora.

Bases mensuais de cotización

Desde o 1 de xaneiro de 2026, as bases de cotización por continxencias comúns a este sistema especial serán as determinadas na seguinte escala, en función da retribución mensual percibida polos empregados de fogar por cada relación laboral.

 
Tramo

Retribución mensual

euros/mes

Base de cotización

euros/mes

1.º. Ata 329,00 306,00
2.º. Desde 329,01 ata  510,00 436,00
3.º. Desde 510,01 ata  693,00 602,00
4.º. Desde 693,01 ata  877,00 785,00
5.º. Desde 877,01 ata  1.061,00 970,00
6.º. Desde 1.061,01 ata  1.242,00 1.151,00
7.º. Desde 1.242,01 ata 1.424,40 1.424,40
8.º.
Desde 1.424,41
Retribución mensual

Para os efectos da determinación da retribución mensual do empregado de fogar, o importe percibido mensualmente deberá ser incrementado, conforme ao establecido no artigo 147.1 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, coa parte proporcional das pagas extraordinarias que teña dereito a percibir o empregado.

Tipos de cotización

TIPOS DE COTIZACIÓN (%)
CONTINXENCIAS EMPREGADOR TRABALLADOR TOTAL
Comúns 23,60 4,70 28,30


  • Continxencias comúns
    Desde o 1 de xaneiro de 2026, o tipo de cotización por continxencias comúns será o 28,30 por cento, sendo o 23,60 por cento a cargo do empregador e o 4,70 por cento a cargo do empregado.

  • Continxencias profesionais
    Sobre a base de cotización que corresponda, aplicarase o tipo de cotización previsto na tarifa de primas establecida na disposición adicional sesaxésima primeira do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, sendo a cota resultante a cargo exclusivo do empregador.

  • Desemprego
    Os tipos de cotización por desemprego serán, a partir do 1 de xaneiro de 2026, os seguintes:
    1. Contratación indefinida: 7,05 por cento, do que o 5,5 por cento será a cargo do empregador e o 1,55 por cento será a cargo do empregado.
    2. Contratación de duración determinada: 8,30 por cento, do que o 6,70 por cento será a cargo do empregador e o 1,60 por cento será a cargo do empregado.
  • Fondo de Garantía Salarial (FOGASA)

    O tipo de cotización ao Fondo de Garantía Salarial será do 0,2 por cento a cargo exclusivo do empregador.

  • Mecanismo de equidade interxeracional (MEI).

A partir do 1 de xaneiro de 2026 será o 0,9 por cento aplicable sobre a base de cotización por continxencias, do que o 0,75 por cento será a cargo do empregador e o 0,15 por cento será a cargo do empregado.


Beneficios na cotización

Salvo que se estableza o contrario, unicamente poderán obter reducións, bonificacións ou calquera outro beneficio nas bases, os tipos e as cotas da Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta, as persoas empregadoras que se encontren ao corrente no cumprimento das súas obrigas de pagamento coa Seguridade Social, na data da súa concesión. 

A falta de ingreso en prazo regulamentario das cotas da Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta devindicadas con posterioridade á obtención dos beneficios na cotización dará lugar unicamente á súa perda automática respecto das cotas correspondentes a períodos non ingresados no devandito prazo, salvo que sexa debida a erro da Administración da Seguridade Social.

Os beneficios na cotización aplicables neste Sistema Especial son os seguintes:

  • Redución por alta no réxime do 20% na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns.
  • Beneficio do 45% na cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, pola contratación de coidadores en familias numerosas (non acumulable coa redución por alta no réxime do 20%). Só será aplicable pola contratación dun único coidador por cada unidade familiar que teña recoñecida oficialmente a condición de familia numerosa. 
  • Bonificación do 80 % na achega empresarial á cotización por desemprego (vixente desde o 1 de outubro de 2022).
  • Bonificación do 80 % na cotización ao FOGASA (vixente desde o 1 de outubro de 2022).
  • Redución do 75 % da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns durante a situación de incapacidade temporal das persoas traballadoras que fixesen 62 anos (vixente desde o 1 de xaneiro de 2022).
  • Bonificacións na cota empresarial á Seguridade Social, pola contratación de persoas con discapacidade, consonte a Lei 43/2006, do 29 de decembro e o Real decreto-lei 1/2023, do 10 de xaneiro.
  • Bonificación do 100% da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, pola formalización de contratos de interinidade, para substituír traballadoras vítimas de violencia de xénero, de acordo co artigo 21, apartado 3, da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
  • Bonificación do 100 % da cota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, pola formalización de contratos de interinidade, para substituír traballadoras vítimas de violencia sexual que suspendesen o seu contrato de traballo ou exercitase o seu dereito á mobilidade xeográfica ou ao cambio de centro de traballo, de acordo co artigo 38, apartado 3, da Lei Orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual.
  • Bonificación do 100 % da cota empresarial total á Seguridade Social pola formalización de contratos de interinidade que se celebren con persoas desempregadas para substituír persoas traballadoras que teñan suspendido o seu contrato de traballo por risco durante o embarazo ou por risco durante a lactación natural, por nacemento e coidado de menor e exercicio corresponsable do coidado do lactante, nos termos establecidos no Estatuto dos Traballadores.

Desde o 1 de setembro de 2023, para novas contratacións, esta bonificación será, con carácter xeral, de 366 euros da cota empresarial total á Seguridade Social.

  • Bonificación do 100% da cota empresarial total á Seguridade Social das persoas traballadoras substituídas polas causas citadas no parágrafo anterior. Só será de aplicación esta bonificación mentres coincidan no tempo a suspensión de actividade polas devanditas causas e o contrato de interinidade do substituto e, en todo caso, co límite máximo do período de suspensión.

Desde o 1 de setembro de 2023, para novas contratacións, esta bonificación será, con carácter xeral, de 366 euros da cota empresarial total á Seguridade Social.

No caso no que a contratación dunha persoa traballadora puidese dar lugar simultaneamente á súa inclusión en máis de un dos supostos para os que están previstos bonificacións na cotización polas mesmas continxencias, só será posible gozalos respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa empregadora no momento da solicitude da alta, ou da variación de datos, da persoa traballadora.

ANO 2026

BASES DE COTIZACIÓN CONTINXENCIAS COMÚNS
Grupo de Cotización Categorías Profesionais

Bases mínimas

euros/mes

Bases máximas
euros/mes
1 Enxeñeiros e licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos Traballadores 1.989,30 5.101,20
2 Enxeñeiros Técnicos, Peritos e Axudantes Titulados 1.649,70 5.101,20
3 Xefes Administrativos e de Taller 1.435,20 5.101,20
4 Axudantes non titulados 1.424,40 5.101,20
5 Oficiais administrativos 1.424,40 5.101,20
6 Subalternos 1.424,40 5.101,20
7 Auxiliares administrativos 1.424,40
5.101,20

Bases mínimas

euros/día

Bases máximas

euros/día

8 Oficiais de primeira e segunda 47,48 170,04
9 Oficiais de terceira e Especialistas 47,48 170,04
10 Peóns 47,48 170,04
11 Persoas traballadoras menores de dezaoito anos, calquera que sexa a súa categoría profesional 47,48 170,04

TIPOS DE COTIZACIÓN (%)
CONTINXENCIAS EMPRESA TRABALLADOR TOTAL Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais
Comúns 23,60 4,70 28,30 Tarifa Primas establecida na disposición adicional sesaxésima primeira do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro incorporada pola disposición final 1.3 do Real decreto- lei 3/2026, do 3 de febreiro (BOE do 4) sendo as primas resultantes a cargo exclusivo do empresario.
Horas extraordinarias forza maior 12,00 2,00 14,00
Resto de horas extraordinarias 23,60 4,70 28,30
Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI) 0,67 0,13 0,8

(1) Exoneración na cotización por continxencias comúns (agás IT), desemprego, fondo garantía salarial e formación profesional, prevista no art. 152 do RD Lexislativo 8/2015:

  • As empresas e as persoas traballadoras quedarán exentas de cotizar á Seguridade Social por continxencias comúns, salvo por incapacidade temporal derivada destas, respecto daqueles traballadores por conta allea, así como dos socios traballadores ou de traballo das cooperativas, unha vez alcanzasen a idade de acceso á pensión de xubilación que en cada caso resulte de aplicación segundo o establecido no artigo 205.1.a).
  • Tipo de cotización aplicable durante o ano 2026 por IT por continxencias comúns: 1,55%, do que o 1,30% será a cargo da empresa e o 0,25% a cargo do traballador.

(2) Os contratos de duración determinada por tempo inferior a 30 días terán unha cotización adicional a cargo do empresario que se aboará á súa finalización, e que durante o ano 2026 terá un importe de 33,62 €. Esta cotización adicional non se aplicará aos contratos de formación en alternancia e para a formación e a aprendizaxe subsistentes.

DESEMPREGO EMPRESA TRABALLADORES TOTAL
Tipo Xeral:

Contratación indefinida, incluídos os contratos indefinidos a tempo parcial e fixos descontinuos, contratación de duración determinada nas modalidades de contratos de formación en alternancia, para a formación e aprendizaxe subsistentes, formativo para a obtención da práctica profesional adecuada ao nivel de estudos, de relevo, contratos de substitución, interinidade aínda subsistentes e contratos realizados con persoas traballadoras que teñan recoñecido un grao de discapacidade non inferior ao 33 %.

5,50 1,55 7,05
Contrato duración determinada a tempo completo ou a tempo parcial 6,70 1,60 8,30

EMPRESA TRABALLADORES TOTAL
FOGASA 0,20
0,20


EMPRESA TRABALLADORES TOTAL
FORMACIÓN PROFESIONAL 0,60 0,10 0,70

TOPES COTIZACIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS
MÁXIMO MÍNIMO
5.101,20 € 1.424,40 €

CONTRATO DE TRABALLO A TEMPO PARCIAL
GRUPO COTIZACIÓN BASE MÍNIMA/HORA
1 11,98
2 9,94
3 8,65
4 a 11 8,58
SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL(SMI)
DIARIO MENSUAL ANUAL
IMPORTES 40,70 € 1.221,00 € 17.094,00 €

INDICADOR PÚBLICO DE RENDAS DE EFECTOS MÚLTIPLES (IPREM)

DIARIO MENSUAL ANUAL
IMPORTES 20 €  600 € 7.200 €

Ano 2026

As persoas que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación previstas na disposición adicional quincuaxésimo segunda do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social quedarán comprendidas como asimiladas a traballadores por conta allea no Réxime Xeral da Seguridade Social, excluídos os sistemas especiais deste, salvo que a práctica ou formación se realice a bordo de embarcacións, en cuxo caso a inclusión se producirá no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.

Prácticas formativas remuneradas:


Concepto Empresa Traballador Total
Continxencias Comúns 57,72 €/mes 11,51 €/mes 69,23 €/mes
Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais 4,12 €/mes IT (Incapacidade Temporal)
3,83 € IMS (Incapacidade Permanente, Morte e Supervivencia)
7,95 €/mes
Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI) Excluído

Esta cotización aplicarase tamén respecto das prácticas realizadas ao abeiro do Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro, e do Real Decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas.

Prácticas formativas non remuneradas:


Concepto Empresa Traballador Total
Continxencias Comúns (excluída IT) 2,88 €/día
2,88 €/día (máximo mensual: 65,42 €)
Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais 0,18 €/día (IT)
0,17 €/día (IMS)

0,35 €/día (máximo mensual: 7,95 € (4,12 € de IT e 3,83 € de IMS))
Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI)

Excluído

No ano 2026, para ambos os dous casos de prácticas, ás cotas por continxencias comúns resultaralles de aplicación a redución do 95 por cento establecida no apartado 5.b) da disposición adicional quincuaxésimo segunda do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, sen que lles sexa de aplicación outros beneficios na cotización distintos a esta redución. A estas reducións de cotas resultaralles de aplicación o establecido no artigo 20 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, a excepción do establecido nos seus apartados 1 e 3.

Ano 2026

A cotización á Seguridade Social e polas demais continxencias protexidas respecto das persoas traballadoras que tivesen celebrado un contrato para a formación e a aprendizaxe ou un contrato de formación en alternancia efectuarase conforme ás seguintes regras:

Primeira: Cando a base de cotización mensual por continxencias comúns, determinada conforme ás regras establecidas no réxime da Seguridade Social, que corresponda non supere a base mínima mensual do devandito réxime:


Concepto Empresa Traballador Total Cota Mensual
Continxencias Comúns 57,72 € 11,51 € 69,23 €
Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais 4,12 € (IT)
3,83 € (IMS)

7,95 €
Desemprego (*) 78,34 € 22,08 € 100,42 €
Fondo Garantía Salarial 4,38 €
4,38 €
Formación Profesional 2,44 € 0,28 € 2,44 €

(*) Cando proceda cotizar por desemprego nos contratos para a formación, a base de cotización será a base mínima correspondente ás continxencias por accidentes de traballo e enfermidades profesionais, para o ano 2026 euros, á que será de aplicación o tipo do 7,05%, distribuído conforme o seguinte detalle: 5,50 % a cargo da empresa e 1,55 % a cargo do traballador.

Segunda: Cando a base de cotización mensual por continxencias comúns, determinada conforme ás regras establecidas no réxime da Seguridade Social que corresponda,  supere a base mínima mensual de cotización do devandito réxime, ás cotas únicas a que se refire a regra primeira sumaránselles as cotas resultantes de aplicar, ao importe en que a base de cotización exceda da base mínima, os seguintes tipos de cotización:


Concepto Empresa Traballador Total Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais 
Continxencias Comúns 23,60 % 4,7 % 28,30 % Tarifa Primas establecida na disposición adicional sesaxésima primeira do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro incorporada pola disposición final 1.3 do Real decreto- lei 3/2026, do 3 de febreiro (BOE do 4) sendo as primas resultantes a cargo exclusivo do empresario.
Desemprego 5,50 % 1,55 % 7,05 %
Fondo Garantía Salarial 0,20 % 0,20 %
Formación Profesional 0,60 % 0,10 % 0,70 %

Terceira: Cotización Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI). Sobre a base de cotización mínima do Réxime Xeral da Seguridade Social:


Concepto Empresa Traballador Total
Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI) 0,67 % 0,13 % 0,8 %

Artigo 127 bis do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

Co fin de preservar o equilibrio entre xeracións e fortalecer a sostibilidade do sistema da Seguridade Social a longo prazo, establécese un Mecanismo de Equidade Interxeracional consistente nunha cotización finalista aplicable en todos os réximes e en todos os supostos nos que se cotice pola continxencia de xubilación, que non será computable para os efectos de prestacións e que nutrirá o Fondo de Reserva da Seguridade Social.

Os tipos serán os que establece a Disposición Transitoria Cadraxésima Terceira da Lei Xeral da Seguridade Social, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de decembro de 2050.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
MEI Mecanismo Equidad Intergeneracional (MEI) Descargar documento Mecanismo Equidad Intergeneracional (MEI). O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Mecanismo Equidad Intergeneracional (MEI). O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,181 KB) 17/04/2026

O artigo 19 bis do Real decreto 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social establece unha cotización adicional por solidariedade. 

O importe das retribucións ás que se refire o artigo 147, que supere o importe da base máxima de cotización establecida para as persoas traballadoras por conta allea do sistema da Seguridade Social aos que resulte de aplicación o devandito artigo, quedará suxeito, en toda liquidación de cotas, a unha cotización adicional de solidariedade.

A cota adicional de solidariedade será o resultado de aplicar a cada tramo de retribución que supere a base máxima de cotización as porcentaxes expresadas en tanto por cento pola Disposición Transitoria cuadraxésima segunda da Lei Xeral da Seguridade Social, durante cada ano desde o ano 2025 ata o ano 2045.

A distribución dos tipos de cotización por solidariedade entre empresario e traballador manterá a mesma proporción que a distribución do tipo xeral de cotización á seguridade social por continxencias comúns.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
DA42 cotizacion adicional solidaridad Aplicación cotización solidaridad Descargar documento Aplicación cotización solidaridad. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Aplicación cotización solidaridad. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,166 KB) 16/04/2026
Complementary Content
${loading}