Bases e tipos de cotización 2024
Réxime Especial de Traballadores Autónomos
| Base mínima e máxima euros/mes | Durante o ano 2025, a táboa xeral e a táboa reducida das bases máximas e mínimas aplicables aos diferentes tramos de rendementos netos serán as seguintes:
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tipo Continxencias Comúns | 28,30 por cento | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo Continxencias Profesionais |
1,30 por cento |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo Cesamento de Actividade |
0,90 por cento |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo Formación Profesional |
0,10 por cento |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mecanismo equidade interxeracional | 0,8 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Persoas traballadoras autónomas cun cambio de base solicitado a 1 de xaneiro de 2025
A base de cotización dos traballadores que a 31 de decembro de 2024 solicitasen un cambio da súa base de cotización con efectos desde o 1 de xaneiro de 2025 será a solicitada sempre que se encontre nalgún dos tramos das táboas xeral e reducida das bases máximas e mínimas, e cumpra o establecido no Real decreto-lei 13/2022, do 26 de xullo, polo que se establece un novo sistema de cotización para as persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e se mellora a protección por cesamento de actividade.
Familiares da persoa traballadora autónoma e societarios/as
Os familiares da persoa traballadora autónoma incluídos neste réxime especial ao abeiro do establecido no artigo 305.2.k) e as persoas traballadoras autónomas incluídas neste réxime especial ao abeiro do establecido nas letras b) e e) do artigo 305.2, así como as persoas traballadoras autónomas ás que se refire o artigo 308.1c), regra 5.ª, artigos todos eles do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, non poderán elixir unha base de cotización mensual inferior a 1.000 euros durante o ano 2025. Para a aplicación desta base de cotización mínima abondará con ter figurado 90 días en alta neste réxime especial en calquera destes supostos.
Persoas traballadoras autónomas que a 31/12/2022 cotizasen por unha base superior á que lles correspondería polos seus rendementos e non a modificasen con posterioridade
Durante 2025 poderán manter a mesma base de cotización, ou unha inferior, aínda que os seus rendementos determinen a aplicación dunha base inferior a calquera de elas.
Persoas traballadoras autónomas dedicadas á venda ambulante ou a domicilio
Os traballadores autónomos dedicados á venda ambulante (CNAE 4781 Comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco en postos de venda e mercados; 4782 Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, pezas de vestir e calzado en postos de venda e mercados e 4789 Comercio polo miúdo doutros produtos en postos de venda e mercados) poderán elixir cotizar por unha base equivalente a un 77 por cento da base mínima do tramo 1 da táboa reducida.
O establecido no presente apartado será tamén de aplicación aos socios traballadores de cooperativas de traballo asociado dedicadas á venda ambulante que perciben os seus ingresos directamente dos compradores.
Socios/as traballadores/as de cooperativas de traballo asociado dedicados/as á venda ambulante
Os/as socios/as traballadores/as de cooperativas de traballo asociado dedicados/as á venda ambulante que quedasen incluídos no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos en aplicación do establecido no artigo 120.catro.8 da Lei 2/2008 do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2009, terán dereito, durante o ano 2025, a unha redución do 50 por cento da cota por continxencias comúns que resulte de aplicar sobre a base provisional, sempre que o seu importe sexa de 960,60 euros ou inferior, o tipo de cotización vixente neste réxime especial. Esta redución non se aplicará se se elixiu unha base superior a 960,60 euros.
Tamén terán dereito a esta redución os/as socios/as traballadores/as de cooperativas de traballo asociado dedicados/as á venda ambulante que iniciasen a súa actividade e quedasen incluídos/as no citado réxime especial desde o 1 de xaneiro de 2009.
Pluriactividade
As persoas traballadoras autónomas coticen en réxime de pluriactividade, e o fagan durante o ano 2025, tendo en conta tanto as cotizacións efectuadas neste réxime especial coma as achegas empresariais e as correspondentes as persoas traballadoras autónomas no réxime de Seguridade Social que corresponda pola súa actividade por conta allea, terán dereito ao reintegro do 50 por cento do exceso en que as súas cotizacións por continxencias comúns superen a contía de 16.672,66 euros, co tope do 50 por cento das cotas ingresadas neste réxime especial en razón da súa cotización polas continxencias comúns.
En tales supostos, a Tesourería Xeral da Seguridade Social procederá a aboar o reintegro que en cada caso corresponda, nun prazo máximo de catro meses desde a regularización prevista no artigo 308.1.c) do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, salvo cando concorran especialidades na cotización que impidan efectualo nese prazo ou resulte necesaria a achega de datos por parte do interesado, en cuxo caso o reintegro se realizará con posterioridade a este.
Traballadores/as por conta propia dedicados a unha actividade artística
A base de cotización mensual á que se refire o artigo 313 bis parágrafo 1.º do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, para os artistas incluídos no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos cuxos ingresos anuais sexan iguais ou inferiores a 3.000,00 euros, será, en tanto se aprobe a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2025, de 526,14 euros mensuais.
Solicitude Base de Cotización Máxima con efectos 1 de xaneiro 2025
As persoas traballadoras incluídas no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos e/ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar que, a 1 de xaneiro de 2025, viñesen cotizando pola base máxima do tramo 11 e 12 da táboa xeral para o ano 2024, equivalente a 4.720,50 euros, poderán solicitar ata o 31 de marzo de 2025, calquera base de cotización que se atope comprendida entre a base pola que veñen cotizando (4.720,50 euros) e a base máxima do tramo 11 e 12 da táboa xeral para o ano 2025, equivalente a 4.909,50 euros, con efectos 1 de xaneiro 2025.
Colectivos excluídos do novo sistema de cotización para os traballadores por conta propia ou autónomos
- Membros de vida consagrada da Igrexa Católica
Aos membros de institutos de vida consagrada da Igrexa Católica, incluídos neste réxime especial en virtude do Real Decreto 3325/1981, de 29 de decembro, pola que se incorpora ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos aos relixiosos de Dereito diocesano da Igrexa Católica, e da Orde TAS/820/2004, de 12 de marzo, pola que se incorpora ao Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta propia ou Autónomos os relixiosos da Igrexa Católica, non se lles aplicará a cotización en función dos rendementos da actividade económica ou profesional.
En calquera caso, deberán elixir a súa base de cotización mensual nun importe igual ou superior á base mínima do tramo 3 da táboa reducida de bases de cotización.
As bases de cotización mensuais elixidas por eles non serán obxecto de regularización, ao non cotizar en función de rendementos.
Tampouco será esixible a cobertura da continxencia por incapacidade temporal, das continxencias de accidente de traballo e enfermidade profesional, polo cesamento de actividade e por formación profesional.
O tipo de cotización aplicable á base de cotización dos membros de institutos de vida consagrada da Igrexa Católica incluídos no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos será o 27,15 por cento, do que o 26,51 por cento corresponde á cobertura de continxencias comúns, excluída a incapacidade temporal, e o 0,64 por cento, ás continxencias profesionais correspondentes a incapacidade permanente e a morte e supervivencia, non estando cuberta a protección por cesamento de actividade, sempre que os devanditos institutos conten coa autorización da Seguridade Social para colaborar na xestión da prestación económica de incapacidade temporal.
- Socios/as traballadores/as de cooperativas que dispoñan dun sistema intercooperativo de prestacións sociais complementario ao sistema público.
Aos/ás socios/as de cooperativas incluídos/as no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos que dispoñan dun sistema intercooperativo de prestacións sociais, complementario ao sistema público, no ano 2025 non lles resultará de aplicación a cotización en función dos rendementos obtidos pola súa actividade económica ou profesional, conforme ao disposto na disposición adicional cuarta do Real decreto-lei 13/2022, do 26 de xullo.
Deberán elixir unha base de cotización mensual nun importe igual ou superior á base mínima do tramo 1 da táboa xeral de bases de cotización establecidas para o ano 2025. As bases de cotización mensuais elixidas por eles/as non serán obxecto de regularización, ao non cotizar en función de rendementos.
Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios
| Base mínima e máxima euros/mes | Durante o ano 2025, a táboa xeral e a táboa reducida das bases máximas e mínimas aplicables aos diferentes tramos de rendementos netos serán as seguintes:
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Tipo Continxencias Comúns |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mellora voluntaria de incapacidade temporal por continxencias comúns |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tipo para accidentes de traballo (AT) e enfermidades profesionais (EP) |
Tarifa de primas establecida na disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Incapacidade permanente, e morte e supervivencia (cando non se opte pola totalidade de AT e EP) |
1,00 por cento |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Mecanismo de equidade interxeracional | 0,8 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As persoas traballadoras incluídas neste sistema especial que non optasen por dar cobertura, no ámbito de protección dispensada, á totalidade das continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, efectuarán unha cotización adicional equivalente ao 0,10 por cento, aplicado sobre a base de cotización elixida, para a finalización das prestacións previstas para o risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural.
Sistema Especial Traballadores conta allea agrarios durante períodos de inactividade
Determinación da situación de inactividade
Existen períodos de inactividade dentro dun mes natural cando o número de días naturais en que a persoa traballadora figure de alta no sistema especial no devandito mes sexa superior ao número de xornadas reais nese mes multiplicado por 1,3636.
O número de días de inactividade do mes é a diferenza entre os días en alta laboral no mes e o número de xornadas reais no mes multiplicadas por 1,3636.
A cotización polos días de inactividade no mes é o resultado de multiplicar o número de días de inactividade no mes pola base de cotización diaria correspondente e polo tipo de cotización aplicable.
Base de cotización na situación de inactividade
Desde o 1 de xaneiro de 2025, a base mensual de cotización aplicable para as persoas traballadoras por conta allea incluídas neste sistema especial, durante os períodos de inactividade, dentro do mes natural é de 1.381,20 euros. Esta contía corresponde á base mínima de cotización por continxencias comúns do grupo 7 da escala de grupos de cotización do Réxime Xeral da Seguridade Social.
Cando a persoa traballadora realice no mes natural vinte e dúas ou máis xornadas reais, a base de cotización correspondente ás elas será tamén de 1.381,20 euros, correspondente á base mínima por continxencias comúns do grupo 7 da escala de grupos de cotización do Réxime Xeral.
Tipo de cotización en situación de inactividade
O tipo de cotización durante os períodos de inactividade é do 11,50 por cento, sendo a cotización resultante a cargo exclusivo da persoa traballadora.
Beneficios na cotización
Desde o 1 de xaneiro de 2025, ás persoas traballadoras que realizasen un máximo de 55 xornadas reais cotizadas no ano 2024, aplicaráselles ás cotas resultantes durante os períodos de inactividade en 2025, unha redución do 19,11 por cento.
Cotización adicional correspondente ao ‘Mecanismo de equidade interxeracional’
Desde o 1 de xaneiro de 2025, durante os períodos de inactividade, esta cotización adicional determínase aplicando o tipo do 0,80 por cento sobre a base de cotización por continxencias comúns, a cargo da persoa traballadora.
Prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas nos programas de formación
Ano 2025
As persoas que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación previstas na disposición adicional quincuaxésimo segunda do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social quedarán comprendidas como asimiladas a traballadores por conta allea no Réxime Xeral da Seguridade Social, excluídos os sistemas especiais deste, salvo que a práctica ou formación se realice a bordo de embarcacións, en cuxo caso a inclusión se producirá no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.
Prácticas formativas remuneradas:
| Concepto | Empresa | Traballador | Total |
|---|---|---|---|
| Continxencias Comúns | 55,97 €/mes | 11,16 €/mes | 67,13 €/mes |
| Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais | 3,99 €/mes IT (Incapacidade Temporal) 3,72 € IMS (Incapacidade Permanente, Morte e Supervivencia) |
7,71 €/mes | |
| Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI) | Excluído |
Esta cotización aplicarase tamén respecto das prácticas realizadas ao abeiro do Real Decreto 1493/2011, do 24 de outubro, e do Real Decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas.
Prácticas formativas non remuneradas:
| Concepto | Empresa | Traballador | Total |
|---|---|---|---|
| Continxencias Comúns (excluída IT) | 2,79 €/día | 2,79 €/día (máximo mensual: 63,44 €) | |
| Accidentes de traballo e Enfermidades profesionais
|
0,18 €/día (IT) 0,16 €/día (IMS) |
0,34 €/día (máximo mensual: 7,71 € (3,99 € de IT e 3,72 € de IMS)) | |
| Mecanismo Equidade Interxeracional (MEI) | Excluído |
No ano 2025, para ambos os dous casos de prácticas, ás cotas por continxencias comúns resultaralles de aplicación a redución do 95 por cento establecida no apartado 5.b) da disposición adicional quincuaxésimo segunda do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, sen que lles sexa de aplicación outros beneficios na cotización distintos a esta redución. A estas reducións de cotas resultaralles de aplicación o establecido no artigo 20 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, a excepción do establecido nos seus apartados 1 e 3.
Inicio