Réxime Xeral da Seguridade Social
Particularidades deste réxime
As solicitudes de alta deberán presentarse con carácter previo ao comezo da prestación de servizos polo traballador, sen que en ningún caso poidan exceder dos sesenta días naturais anteriores á data prevista para a iniciación da mesma.
Nos casos excepcionais nos que non se puidese prever con antelación esta iniciación, se o día ou días anteriores á mesma fosen inhábiles, ou se a prestación de servizos se iniciase en horas así mesmo inhábiles, deberán remitirse, con anterioridade ao inicio da prestación de servizos, por telegrama, fax ou por calquera outro medio electrónico, informático ou telemático.
Réximes Especiais Integrados
ARTISTAS
As solicitudes de afiliación, e as comunicacións das súas altas, baixas e variacións de datos efectúanse conforme ao establecido para o Réxime Xeral.
Traballadores fixos descontinuos de cines, salas de baile e de festa e discotecas
As Empresas presentarán, durante os cinco primeiros días naturais de cada mes, un parte de alta, que conterá os seguintes datos:
Relación nominal dos traballadores incluídos no campo de aplicación.
Días fixos de traballo de cada semana durante este período.
As altas dos traballadores que ingresen con posterioridade á comunicación do parte mensual, e as baixas e variacións dos traballadores, rexeranse polas normas comúns do Réxime Xeral .
Manipulación e empaquetado do tomate fresco, realizado por colleiteiros exportadores
As Asociacións Profesionais de Froitas e Produtos Hortícolas tramitarán as altas e baixas dos traballadores que reciban dos empresarios, co obxecto de efectuar a súa comunicación á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma.
Os empresarios cursarán as baixas dos seus traballadores ao finalizar as respectivas campañas, con independencia das que comunicasen durante o transcurso das mesmas.
Do mesmo modo deberán dar as correspondentes baixas cando os traballadores, aínda permanecendo ao servizo do mesmo empresario, pasen a traballar en campaña distinta daquela na que causaron alta.
Servizos extraordinarios de hostalería
En materia de afiliación, altas e baixas, rexen as mesmas regras do Réxime Xeral.
Industria resineira
A particularidade que presenta este Sistema Especial consiste en que as altas e baixas sucesivas dentro da campaña, non serán obxecto de comunicación.
Froitas, hortalizas e industria de conservas vexetais
- Altas e baixas de inicio e remate de campaña
As altas e baixas de inicio e remate de campaña, deberá comunicalas o empresario, no prazo máximo de cinco días naturais, contados a partir da iniciación ou cesamento no traballo, mediante documento referido á totalidade dos traballadores afectados.
As altas de inicio de campaña poderanse presentar a través de medios informáticos, electrónicos ou telemáticos (Sistema RED). Non así, as altas e baixas sucesivas dentro da campaña, nin a baixa definitiva. - Altas e baixas sucesivas de campaña
As altas e baixas sucesivas intermedias entre a alta de inicio de campaña e a baixa de remate, deberá comunicalas o empresario, antes do remate do mes seguinte no que se tivesen producido, mediante documento referido á totalidade dos traballadores afectados.