Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

¿Quen está incluído no Réxime Xeral?

  1. Estarán incluídos neste réxime, entre outros:
    • Os traballadores españois por conta allea da industria e os servizos e asimilados aos mesmos que exerzan normalmente a súa actividade en territorio nacional.
    • Os traballadores por conta allea e os socios traballadores de sociedades mercantís capitalistas, aínda cando sexan membros do seu órgano de administración, se o desempeño deste cargo non leva consigo a realización das funcións de dirección e xerencia da sociedade nin posúan o seu control. Como asimilados a traballadores por conta allea, con exclusión da protección por desemprego e do Fondo de Garantía Salarial, os conselleiros e administradores de sociedades mercantís capitalistas sempre que non posúan o control destas, cando o desempeño do seu cargo leve consigo a realización das funcións de dirección e xerencia da sociedade, sendo retribuídos por isto ou pola súa condición de traballadores da mesma.
    • En ambos os dous casos presumirase, agás proba en contrario, que o traballador posúe o control efectivo da sociedade cando concorran algunhas das seguintes circunstancias:
      • Que, polo menos, a metade do capital social para a que preste os seus servizos estea distribuído entre socios, cos que conviva e a quen estea unido por vínculo conxugal ou de parentesco por consanguinidade, afinidade, ou adopción, ata o segundo grao.
      • Que a súa participación no capital da sociedade sexa igual ou superior á terceira parte do mesmo.
      • Que a súa participación no capital social sexa igual ou superior á cuarta parte do mesmo, se ten atribuídas funcións de dirección e xerencia da sociedade.


      Os socios traballadores das sociedades laborais, calquera que sexa a súa participación no capital social dentro dos límites establecidos no art. 5 da Lei 4/97 de Sociedades Laborais, e aínda cando formen parte do órgano de administración social, terán a consideración de traballadores por conta allea a efectos da súa inclusión no Réxime Xeral ou Especial da Seguridade Social que corresponda por razón da súa actividade, e quedarán comprendidos na protección por desemprego ou na outorgada polo Fondo de Garantía Salarial, cando estas continxencias estiveran previstas neste Réxime.

      Cando estes socios pola súa condición de administradores sociais realicen funcións de dirección e xerencia da sociedade, sendo retribuídos polo desempeño deste cargo estean ou non vinculados simultaneamente á mesma mediante relación laboral común ou especial, ou cando pola súa condición de administradores sociais realicen funcións de dirección e xerencia da sociedade e simultaneamente estean vinculados á mesma mediante relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, asimilaranse a traballadores por conta allea, a efectos de inclusión no Réxime da Seguridade Social que corresponda, con exclusión da protección por desemprego e da outorgada polo Fondo de Garantía Salarial, sempre que a súa participación no capital social xunto coa do seu cónxuxe e parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao cos que conviva sexa inferior ao cincuenta por cento, ou acredite que o exercicio do control efectivo da sociedade requira o concurso de persoas alleas ás relacións familiares.

      Os traballadores españois non residentes en territorio nacional, en determinados supostos (funcionarios ou empregados de organismos internacionais, españois non funcionarios contratados ao servizo da Administración española no estranxeiro, etc.)
       
      Os estranxeiros con permiso de residencia e de traballo en España que traballen por conta allea na industria e os servizos e exerzan a súa actividad en territorio nacional. Os traballadores comunitarios non necesitan permiso de traballo. Persoal (funcionario ou laboral) da Administración Local.
       
      Os condutores de vehículos de turismo ao servizo de particulares.

      O persoal civil non funcionario, dependente de organismos, servizos ou entidades do Estado.

      Laicos ou segrares que presten servizos retribuídos en institucións eclesiásticas.

      As persoas que presten servizos retribuídos en entidades ou institucións de carácter benéfico social.

      Persoal contratado ao servizo de Notarías, Rexistros da Propiedade e demais oficinas ou centros similares.

      Funcionarios en prácticas que aspiren a incorporarse a Corpos ou Escalas de funcionarios que non estean suxeitos ao Réxime de Clases Pasivas e os altos cargos das Administracións Públicas que non sexan funcionarios, así como os funcionarios de novo ingreso das Comunidades Autónomas.
       
      Funcionarios transferidos ás Comunidades Autónomas, que ingresen voluntariamente en Corpos ou Escalas propios da Comunidade Autónoma de destino. Persoal interino ao servizo da Administración de Xustiza.

      Os traballadores dedicados ás operacións de manipulación, empaquetado, envasado e comercialización do plátano.

      Por Real Decreto 2621/1986, do 24 de decembro, intégranse neste réxime os seguintes colectivos:

      • Os representantes de comercio. Como suxeitos responsables do cumprimento da obriga de cotizar e de aboar a cota na súa totalidade, tanto a súa achega como a do empresario ou empresarios cos que manteña relación laboral, que están obrigados a entregarlle no momento de aboamento da súa remuneración, a parte de cota correspondente á achega empresarial. A efectos de cotización á Seguridad Social, están incluídos no grupo 5º da escala de grupos de cotización vixentes no Réxime Xeral da Seguridade Social, e para continxencias profesionais (accidentes de traballo/enfermidades profesionais), cotizan pola ocupación/situación “b” da tarifa de primas vixente (disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2007).
      • Artistas. A base máxima de cotización para continxencias comúns, en razón das actividades realizadas para unha ou varias empresas en espectáculos públicos ten carácter anual e determinarase elevando a cómputo anual a base máxima mensual. Para continxencias profesionais - accidentes de traballo e enfermidades profesionais - aplícanse os tipos correspondentes á actividade CNAE  92 da tarifa de primas establecida na Lei 42/2006, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2007, sen que a base de cotización poida ser inferior ao tope mínimo vixente.
      • Profesionais taurinos. A base máxima de cotización para continxencias comúns ten carácter anual e determínase elevando a cómputo anual a base máxima mensual. Para continxencias profesionais – accidentes de traballo/enfermidades profesionais – aplícanse os tipos correspondentes á actividade CNAE  92.342 da tarifa de primas establecida na Lei 42/2006, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2007.
  2. Exclusións:

    Os traballadores que desenvolvan unha actividade profesional comprendida nalgún dos Réximes Especiais.

    Agás proba da súa condición de asalariado, o cónxuxe, descendentes, ascendentes e demais parentes do empresario por consanguinidade, afinidade ou adopción, ata o segundo grao inclusive, ocupados no seu centro ou centros de traballo, cando convivan no seu fogar e estean ao seu cargo.

    As persoas que executen ocasionalmente traballos dos chamados amigables, benévolos ou de boa veciñanza.
Complementary Content
${loading}