Disposicións comúns
Concepto
O convenio especial configúrase como unha situación asimilada á alta, que deriva dun acordo de vontades entre o subscritor e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, con obriga do subscritor de aboar ao seu exclusivo cargo as cotas que correspondan co fin de cotizar e causar dereito ás prestacións derivadas das continxencias cubertas no convenio especial.
Non obstante, existen excepcións como os convenios ERE nos que a cotización é a cargo da empresa, ata o cumprimento dos 61/63 anos do traballador incluído no ERE ou os convenios de coidadores non profesionais que actualmente son financiados polo IMSERSO.
Disposicións
O convenio especial é o instrumento xurídico a través do cal, ás persoas que se atopan nas situacións taxadas pola normativa vixente, permíteselles cotizar voluntariamente á Seguridade Social co fin de xerar, manter ou ampliar o dereito ás prestacións da Seguridade Social.
Con carácter xeral, na situación de alta en convenio especial cotízase polas seguintes continxencias:
- Xubilación.
- Incapacidade permanente derivada de continxencias comúns (enfermidade común e accidente non laboral).
- Morte e supervivencia (viuvez, orfandade e outras prestacións en favor de familiares) derivadas de continxencias comúns.
A persoa responsable do cumprimento da obriga de cotizar á Seguridade Social durante a vixencia do convenio especial é, como regra xeral, a persoa que o subscribe. Non obstante, existen excepcións como o convenio especial ERE no que a cotización é, exclusivamente, a cargo da empresa ata o cumprimento dos 61/63 anos do traballador incluído nel ou ben, os convenios especiais de coidadores non profesionais que actualmente son financiados polo Administración Xeral do Estado.
Inicio