Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Folga ou peche patronal

Este convenio especial pódeno subscribir as persoas que estivesen en situación de alta especial por folga legal ou peche patronal.

Non se esixe período de cotización previo á solicitude do convenio especial

A solicitude de alta deste convenio especial poderase presentar dentro dos 90 días naturais seguintes á data de finalización da folga ou do peche patronal, a través de calquera dos medios indicados no apartado “Alta, baixa ou variación de datos do convenio especial” da sección “Trámites e Xestións de Convenios especiais”, nese caso o convenio especial producirá efectos desde a data de inicio da folga ou do peche patronal.

O prazo para resolver a solicitude de subscrición deste convenio especial é o establecido con carácter xeral para as solicitudes de alta deste Convenio especial ordinario.

A duración deste convenio especial coincidirá co período no que o traballador se atope en situación de folga legal ou peche patronal.

Suxeito responsable do ingreso da cota

O suxeito responsable do ingreso da cota é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario.

Base de cotización

A base de cotización determinarase de acordo coas seguintes regras:

  • Nos casos de folga legal total ou peche patronal legal, a base diaria de cotización será a media das bases de cotización polas que viñese cotizando o traballador durante o mes anterior á data de inicio da folga total ou peche patronal.
  • Nos supostos de folga parcial, a base diaria de cotización será a diferenza entre a base de cotización calculada como no punto anterior e a base pola que se cotice diariamente polo traballador durante esa situación.

Determinación da cota a ingresar

O cálculo da cota a ingresar polo subscritor deste convenio especial é o establecido con carácter xeral para o Convenio especial ordinario. O coeficiente redutor é 0,94.

Prazo de ingreso

A cota ingresarase, mediante pagamento único, dentro do mes seguinte ao da baixa no convenio especial.

Forma de pagamento

A forma de pagamento deste convenio especial é domiciliación bancaria.

Artigo 18 da Orde TAS/2865/2003, do 18 de outubro pola que se regulamenta o convenio especial no Sistema da Seguridade Social

A cotización neste convenio especial ten por obxecto a cobertura das mesmas prestacións que o Convenio especial ordinario.

Complementary Content
${loading}