Os formularios de suxestións e queixas teñen por obxecto recoller as iniciativas presentadas para a mellora da calidade e, tamén, as manifestacións de insatisfacción dos cidadáns cos servizos prestados pola Administración da Seguridade Social.
Normativa
A normativa básica na que se regulan os formularios de queixas e suxestións recóllese no Regulamento (UE) 2016/679 e na Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e Garantía dos dereitos dixitais).
Localización
Nesta páxina facilítase aos cidadáns o formulario electrónico para a remisión das suxestións e queixas. Para o seu uso, é necesario dispoñer dun DNI Electrónico ou outro certificado dixital (persoa física/persoa xurídica ou entidade) recoñecido, incluído na lista de certificados admitidos, así como cumprir co resto de requisitos técnicos e ter configurado o navegador para o uso de funcionalidades de sinatura electrónica.
Ademais, no caso de que este certificado non se obtivese nunha oficina da Seguridade Social os datos identificativos do certificado dixital (persoa física/ persoa xurídica ou entidade) deben coincidir cos que figuran na base de datos da Seguridade Social.
Ademais, existen formularios de suxestións e queixas a disposición dos cidadáns en todas as Oficinas e Centros de Atención da Seguridade Social abertos ao público, así como nos rexistros xerais e auxiliares de recepción ou saída de documentos dos Servizos Centrais, Direccións Provinciais e outras unidades periféricas dos Organismos e Entidades da Seguridade Social. A súa existencia estará sinalizada de forma visible e a súa situación será accesible para facer posible a súa localización e uso polos cidadáns. Igualmente, pódese descargar ao final desta páxina o citado formulario que hai que presentar nas instalacións indicadas.
Formas de presentación
As suxestións e queixas poden ser presentadas mediante as seguintes vías:
- Vía telemática, a través do formulario electrónico dispoñible, utilizando DNI Electrónico ou outro certificado dixital (persoa física/persoa xurídica ou entidade) admitido.
- Vía presencial, cubrindo o formulario correspondente, o cal se pode encontrar ao final desta páxina.
- Vía postal, onde se fará constar o nome, apelidos e domicilio, co fin de remitirlle a copia correspondente así como a contestación.
Contestación
Recibido o formulario, a Unidade Responsable correspondente deberá informar o cidadán no prazo de 20 días hábiles. O transcurso do devandito prazo poderase suspender no caso de que deba requirirse ao interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, formule as aclaracións necesarias para a correcta tramitación da suxestión ou queixa.
Se transcorrido o prazo non se tivese obtido ningunha resposta, o interesado poderá dirixirse á Inspección Xeral de Servizos do Organismo onde presentou a suxestión ou queixa, co fin de coñecer os motivos que orixinaron a falta de contestación e para que a devandita Inspección propoña, se é o caso, aos órganos competentes a adopción das medidas oportunas.
Observacións
As queixas formuladas non terán en ningún caso a cualificación de recurso administrativo e a súa interposición non paralizará os prazos establecidos na normativa vixente.
A presentación dunha queixa non condiciona, de ningunha maneira, o exercicio das restantes accións ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento, poidan executar os que figuren nel como interesados.
No formulario para a súa entrega presencial incluído ao final desta páxina poderanse obter tantas copias en branco como se considere oportuno para cubrilo de forma manual ou escribir os datos requiridos e seguidamente obter o número de copias desexado (recoméndase a obtención de 4 copias para que unha delas sexa selada na oficina de presentación).
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
Formulario de queixas e suxestións | (PDF,77 KB) | 15/09/2020 |