Asegurados/beneficiarios
-
Asegurado: a persoa que ostente a condición de pensionista.
-
Beneficiarios: os familiares que convivan co pensionista e ao seu cargo, sempre que cumpran os requisitos esixidos.
Aviso Cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Esta prestación comprende tanto as prestacións médicas como as farmacéuticas.
As prestacións sanitarias comprenden as seguintes modalidades:
O recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria do pensionista e dos beneficiarios ao seu cargo efectúase polo INSS , mediante a expedición de documento que acredita o seu dereito, que será notificado, con carácter xeral, xunto coa resolución pola que se lle recoñece a pensión.
Este documento terá validez en todo o territorio nacional, ante a Administración sanitaria autonómica que, en cada caso, corresponda, tanto para a obtención da tarxeta sanitaria individual como para o acceso aos servizos sanitarios durante a tramitación e expedición da tarxeta.
É un documento "individual" e personalizado que acredita o dereito á asistencia sanitaria pública tanto do pensionista como dos beneficiarios.
Onde e como se obtén:
Inclusión de novos beneficiarios:
Antes de ir ao Centro de Saúde ou Consultorio para solicitar a tarxeta sanitaria individual do novo beneficiario, é preciso acudir ao INSS para que recoñeza o dereito a obter asistencia sanitaria da Seguridade Social.
A prestación dos servizos sanitarios é levada a cabo polos órganos competentes de cada Comunidade Autónoma e polas Direccións Provinciais do Instituto Nacional de Xestión Sanitaria nas cidades de Ceuta e Melilla.
Bandeira | Comunidade Autónoma | Bandeira | Comunidade Autónoma | Bandeira | Comunidade Autónoma | Bandeira | Comunidade Autónoma |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Andalucía | Castela-A Mancha | Galicia | Murcia | ||||
Aragón | Castela e León | Illas Baleares | Navarra | ||||
Asturias | Cataluña | A Rioxa | País Vasco | ||||
Canarias | Ceuta | Madrid | Comunidade Valenciana | ||||
Cantabria | Melilla |
Nos seus desprazamentos por España, o pensionista e os beneficiarios do dereito á asistencia sanitaria: