Novidades
-
22/09/2025 Regularización anual de cotizacións de traballo autónomo
A través deste servizo poderás consultar o resultado da túa regularización e realizar os trámites relacionados con ela.
-
18/03/2024 Prácticas formativas
Dende o 1 de xaneiro de 2024 os alumnos que realicen prácticas formativas, remuneradas ou non, están incluídos no sistema da Seguridade Social. Creouse un apartado específico con preguntas frecuentes e cuestións de interese.
-
21/07/2020 Accesos con Cl@ve a servizos da Sede Electrónica
A Sede Electrónica ofrece acceso aos servizos en liña a través de Cl@ve que é unha plataforma de verificación de identidades electrónicas para a identificación e autenticación dos cidadáns. A plataforma de Cl@ve admite varias posibilidades de acceso: Certificado electrónico cualificado, Cl@ve PIN e Cl@ve permanente.
-
09/10/2026 Convenios especiais en Importass. Asegura hoxe o teu futuro.
Completa a túa cotización e garante ou amplía as túas prestacións futuras da Seguridade Social cun convenio especial.
-
02/10/2026 Novo servizo na túa Seguridade Social: Informe acreditativo da idade legal de xubilación
Habilitouse un novo servizo dirixido aos cidadáns consistente na posibilidade de obter en TUSS un informe específico acreditativo da idade legal de xubilación. Con este novo servizo, o traballador poderá descargarse un informe específico sobre a idade legal e data na que a cumpre.
-
14/08/2026 Ciberalertas: SMS falsos suplantando a identidade da TXSS
Publicouse, neste novo apartado da páxina Web, a análise dunha alerta sobre SMS suplantando fraudulentamente a identidade da TXSS. Nel informan sobre unha actualización, unha débeda ou unha cantidade pendente de cobro, achegando unha ligazón para, supostamente, xestionar ou resolver a incidencia. Esas ligazóns levan o receptor a páxinas web que simulan a aplicación de Importass e a unha pasarela de pago falsa.
-
Incorpórase información sobre as nóminas de Nacemento e coidado de menor, así como detalle das prestacións non contributivas. Nas prestacións familiares por parto ou adopción múltiples, inclúese información do importe das nóminas e desagregación por sexo do do titular.
-
29/04/2026 Novo servizo de amianto: envío de documentación en relación cunha solicitude previamente presentada
A través deste servizo poderás solicitar a compensación económica para vítimas por amianto en caso de falecemento do solicitante antes da resolución do procedemento, presentar un recurso de reposición contra as resolucións sobre solicitudes de amianto e, en caso de ser unha empresa, a documentación requirida.
-
13/04/2026 Orde de cotización para 2026
Publicouse a Orde PJC/297/2026, do 30 de marzo, pola que se desenvolven as normas legais de cotización á Seguridade Social, desemprego, protección por cesamento de actividade, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional para o exercicio 2026. Estanse a realizar as actualizacións nos contidos relacionados desta Web.
-
23/02/2026 Xa está dispoñible o certificado de retencións do IRPF do exercicio 2025
Poñemos a disposición dos que percibisen algunha prestación suxeita ao Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) o certificado de retencións do exercicio 2025. Podes descargalo na ligazón “Certificado de IRPF” unha vez entres en A túa Seguridade Social. Este certificado estará dispoñible para a súa descarga durante todo o exercicio.
-
12/02/2026 Novo informe de Estatística de solicitudes do IMV
Publicase un novo informe sobre as Estatísticas de solicitudes do Ingreso Mínimo Vital.
-
12/02/2026 Datos de altas e baixas depurados desde xaneiro de 2026
Procedeuse á depuración das altas e baixas a partir dos datos de xaneiro de 2026.
-
12/02/2026 Novos datos con CNAE25 a partir do mes de xaneiro de 2026
A partir do mes de xaneiro de 2026, os datos nas publicacións estatísticas incorporan a nova CNAE25 en substitución da anterior CNAE09.
-
05/02/2026 Novo informe mensual de xubilación
Publícase un novo informe mensual referente á Xubilación compatible en vigor.
-
21/01/2026 Orzamento da Seguridade Social 2026 (Prórroga do exercicio 2025)
Atópase dispoñible, na páxina web, a información relativa ao Orzamento da Seguridade Social 2026 (Prórroga do exercicio 2025).
-
21/01/2026 Calendario Laboral 2026
Dispoñible o calendario laboral 2026 coas festas nacionais, autonómicas e locais de todas aquelas localidades onde existen oficinas da Seguridade Social.
-
18/11/2025 Novo servizo: Solicitude de Determinación de Continxencia da incapacidade temporal
A través deste servizo pode solicitar unha revisión da situación identificada como motivo da súa incapacidade temporal en caso de desconformidade.
-
12/11/2025 Afectados Síndrome tóxica. Traslado oficina en Madrid a R/Padre Damián, 4-6
A oficina da dirección xeral en Madrid para afectados da Síndrome tóxica trasládase da rúa Coruña, 25 á rúa Padre Damián 4-6 a partir do 11/11/2025.
-
Publicouse no BOE do 30 de outubro de 2025, a Orde PJC/1201/2025, do 27 de outubro, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a pescadores enrolados en buques pesqueiros españois afectados pola paralización temporal da actividade pesqueira no período de programación 2021-2027 do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura.
-
Este servizo permite aos profesionais taurinos comunicar e actualizar a súa conta bancaria para recibir o importe da devolución da súa regularización anual de cotizacións, cando este sexa o resultado.
-
11/11/2025 Novo servizo: Solicitar o formulario S1 para a asistencia sanitaria fóra de España
Este servizo permite solicitar a emisión do formulario S1 para xestionar o teu acceso e o dos teus familiares beneficiarios, á asistencia sanitaria pública no estranxeiro, en países pertencentes á Unión Europea, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Suíza ou Reino Unido.
-
15/10/2025 Memorias 2024 INSS, ISM, SXASS e TXSS
Dispoñibles os informes estatísticos correspondentes a 2024 do INSS, ISM, SXASS e TXSS.
Inicio