Como se corrixen os documentos de afiliación procesados con erros?
Se o Xustificante Técnico no que nos informa como se procesaron os documentos nos indica que contén erros, haberá que corrixilos, no prazo de dez días dende a realización do envío do documento, do contrario o movemento non se consolida. A correción realízase dende Sistema RED en liña, "Inscrición e Afiliación en liña", "Corrección de erros".
Para máis información pódese consultar o manual de "Procedemento de corrección de datos de ficheiros de Afiliación con erros" en Sistema RED en liña, "RED Internet", "Manuais de usuario".