Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Pasos para a incorporación

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

En primeiro lugar, cómpre solicitar un certificado dixital que garanta a seguridade nas comunicacións.

Os Certificados Dixitais que se poden utilizar no ámbito de RED Directo son:

    • DNI electrónico:

      O DNI electrónico débese solicitar presencialmente nas comisarías de policía habilitadas para a súa expedición.

      Este certificado entrégase no momento da súa expedición.
    • Certificado SILCON :

      Este certificado débese solicitar de xeito presencial nas Administracións da Seguridade Social ou Direccións Provinciais da TGSS e INSS  (consultar dispoñibilidade en Sede Electrónica > Certificados dixitais), mediante a identificación do usuario co seu documento identificativo (DNI , NIE ou pasaporte).

      O Certificado  SILCON entrégase cun contrasinal en sobre pechado modificable a través da páxina web da Seguridade Social.

Tamén será necesario solicitar a asignación á autorización dos CCCs ou NAFs que se vaian xestionar. Este trámite poderá realizarse presencialmente na TGSS ou a través dun servizo dispoñible en Sistema RED En liña / Xestión de Autorizacións.

  • Solicitude presencial

    Deberase presentar a seguinte documentación, en función de se o autorizado Red e o NAF ou CCCs que hai que asignar teñan igual ou distinto NIF:

      • Formulario FR104: Para aqueles casos nos que o autorizado RED e os CCCs e/ou NAF que hai que asignar ou rescindir teñan o mesmo NIF. Nestes casos non se require o outorgamento de representación ao autorizado para que actúe en nome do CCC ou NAF xa que coincide coa identidade de ambos os dous. Este formulario só ha de estar asinado polo usuario principal da autorización, ao que non se lle solicitará que acredite a representación da empresa autorizada, xa que a acreditou no momento da solicitude da autorización.
      • Formulario FR103: Para aqueles casos nos que o Autorizado RED e o NAF que hai que asignar teñan distinto NIF. Nestes casos requírese representación ao autorizado para que actúe en nome do afiliado. Deberá estar asinado sempre polo usuario principal da autorización, así como polo afiliado ou polo representante deste.
      • Formulario FR10: Este formulario utilizarase cando o Autorizado RED e os CCCs que hai que asignar teñen distinto NIF. 

    Os trámites de Solicitude de asignación de CCCs/NAF a unha autorización, non se poderán realizar a través do Rexistro Electrónico, (nin de forma individualizada, nin conxuntamente á solicitude de autorización).

    Todos os formularios que hai que presentar son de libre descarga na páxina web da Seguridade Social.

  • Solicitude telemática

    O servizo de solicitude de asignación/rescisión de CCCs/NAFs encóntrase dispoñible en Sistema RED En liña/ Xestión de Autorizacións. Este servizo só pode ser utilizado polo usuario principal da autorización:

      • Ao solicitar a asignación dun CCC ou NAF o sistema comprobará se o NIF da autorización coincide co NIF do CCC ou NAF que hai que asignar Se coincide, asignarao automaticamente.
      • Se non coincide, a empresa deberá confirmar a asignación a través do servizo creado para tal efecto na Sede Electrónica da Seguridade Social.

    Para máis información sobre este servizo, consultar o manual de "Xestión de Autorizacións".

  • Unha vez concedida a autorización, envíanse, transcorridos uns días, ao autorizado as copias da súa resolución de autorización.

    O usuario principal da autorización poderá dar de alta, baixa ou modificar datos a usuarios secundarios a través do servizo "Alta/Baixa ou Modificación de Usuarios Secundarios", situado dentro do apartado "Xestión de Autorizacións - Xestión de Usuarios Secundarios" do Sistema RED En liña.

    Non obstante o anterior, con carácter excepcional poderá ser presentado o formulario FR102A polo titular da autorización para solicitar altas, baixas ou modificacións de usuarios secundarios de xeito presencial nas Administracións. Igualmente, o usuario secundario poderá solicitar a súa baixa presentando o formulario FR102U presencialmente, sempre e cando existan impedimentos suficientemente xustificados para non poder realizar o devandito trámite de forma telemática. 

    Despois de obter a información necesaria e de formarse sobre este novo servizo, o usuario está listo para comezar a traballar con RED Directo. É recomendable que antes de comezar a utilizalo en modo real, se realicen unha serie de probas. As probas realízanse de diferente xeito nos ámbitos de Afiliación e Cotización:

    • Afiliación: Existe a posibilidade de transmitir información en modo de prácticas, é dicir, sen efecto real sobre as bases de datos da TGSS. É necesario dispoñer como mínimo dun Código de Conta de Cotización en prácticas, tal e como se comentou na fase de Solicitude da Autorización. Sobre ese  CCC o usuario poderá realizar as prácticas correspondentes. Para iso, hase de entrar pola opción de "RED Directo. Afiliación Prácticas" existente no apartado de "Inscrición e Afiliación en liña" do menú "Servizos RED de RED Directo".
    • Cotización: Non existe un apartado "Cotización RED Directo Prácticas", como no caso de Afiliación, pero o usuario pode entrar a confeccionar o TC2 en borrador e realizar todas as probas que considere necesarias, pois estas non terán ningún efecto ata que non "Aprobe o Recibo de Liquidación de Cotizacións".

                  Ao peche do prazo de presentación, os documentos TC2 en borrador, non terán ningunha validez para a TGSS.

    No ámbito dos partes médicos de alta, baixa e confirmación da baixa, só se traballa en real, polo que non é posible realizar probas.

    Complementary Content
    ${loading}