Pensión de orfandade
Información Xeral
Obxecto: |
Protexer a situación de necesidade económica ocasionada polo falecemento da persoa que orixina a prestación. |
---|---|
Beneficiarios: |
Fillos do causante falecido e, en determinadas circunstancias, os achegados polo cónxuxe sobrevivente:
|
Causante: |
Persoa falecida ou desaparecida cuxa morte orixina o dereito á prestación. |
Requisitos: |
Se o falecemento é anterior ao 1-1-2008, será necesario acreditar un período de cotización, que variará segundo a situación laboral do falecido e da causa que determina a morte:
Se o falecemento é posterior ao 1-1-2008 e o falecido se encontraba en alta ou situación asimilada á alta, non se esixe período previo de cotización. Tampouco se esixe período previo de cotización, cando a morte se produce como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional. |
Contía: |
A prestación económica calcúlase aplicando a porcentaxe do 20 por cento á correspondente base reguladora, sendo esta diferente segundo a situación laboral do falecido na data de falecemento e da causa que determine a morte. Cando non sobreviva ningún dos proxenitores, as prestacións correspondentes ao orfo absoluto incrementaranse, segundo a situación de que se trate, nos importes establecidos. A suma das pensións de morte e supervivencia estará limitada ao 100 por cento da base reguladora do causante, agás excepcións. |
Efectos económicos: |
Cando a solicitude se presente fóra dos 3 meses seguintes á data do falecemento, percibirase cunha retroactividade máxima de 3 meses á data de solicitude. |
Pagamentos: |
A pensión abóase mensualmente, con dúas pagas extraordinarias nos meses de xuño e de novembro, agás nas pensións de accidente de traballo e enfermidade profesional, que se reparten entre as doce mensualidades ordinarias. A pensión ten garantidas contías mínimas e revalorízase ao comezo de cada ano. Cando o orfo sexa menor de 18 anos, a pensión de orfandade aboarase a quen o teña ao seu cargo e, directamente ao orfo, cando este alcance os 18 anos. A pensión está exenta de tributación para os efectos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). |
Compatibilidades / Incompatibilidades: |
A pensión de orfandade será compatible con calquera renda de traballo de quen sexa ou teña sido cónxuxe do causante ou do mesmo orfo, así como, se é o caso, coa pensión de viuvez que aquel perciba. Non obstante o anterior, en determinadas situacións, a pensión poderase suspender ou ser incompatible con outras prestacións da Seguridade Social. Máis información sobre Compatibilidades e Incompatibilidades |
Prazos: |
|
Extinción: |
|
Impresos: | |
Documentación: |
Os documentos que se detallan no modelo de solicitude . |
Onde se tramita: |
Nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social e nas direccións provinciais ou locais do Instituto Social da Mariña, os traballadores do mar. |
Entidade competente: |
O recoñecemento do dereito á pensión corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social e ao Instituto Social da Mariña, para os traballadores do mar. Cando a morte sexa debida a accidente de traballo, o recoñecemento poderá realizalo a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social. |
Outros datos de interese: |
|