Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Prestación non económica por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares

Procedemento

Prestación no económica por cuidado de hijo, de menor acogido o de otros familiares

Información Xeral


Obxecto:

A consideración como período de cotización efectiva de certo tempo do período de excedencia do que os traballadores gocen por razón do coidado de cada fillo, menor acollido ou dun familiar e o incremento das cotizacións en determinados supostos de redución de xornada de traballo polo coidado dun menor ou persoa con discapacidade.

Causantes:

Cada fillo, natural ou adoptado, ou menor acollido, nos supostos de acollemento familiar permanente ou preadoptivo, aínda que sexan provisionais.

Outros familiares, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non poidan valerse por si mesmos e non desempeñen ningunha actividade retribuída.

Beneficiarios:
  • Todos os traballadores por conta allea.
  • Exclúense os traballadores por conta propia dos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e Autónomos.

Máis información sobre beneficiarios

Requisitos:

Gozar a excedencia prevista no artigo 46.3 do Estatuto dos Traballadores e as reducións de xornada por coidado dun menor ou persoa con discapacidade previstos no artigo 37.6 do citado Estatuto.

Efectos:

Para os efectos das prestacións por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade, o período de excedencia considerado de "cotización efectiva" servirá para: 

  • Acreditar os períodos mínimos de cotización; determinar a base reguladora e a porcentaxe aplicable se é o caso; manter o dereito á asistencia sanitaria da Seguridade Social.
  • Durante o devandito período, consideraranse os beneficiarios en situación de alta.

O período en que o traballador permaneza en excedencia laboral que exceda do período considerado de cotización efectiva, será considerado en situación asimilada á de alta para acceder ás prestacións (agás IT , maternidade e paternidade).

Máis información sobre efectos

Período computable como efectivamente cotizado: 

Os períodos de ata tres anos de excedencia que os traballadores gocen por coidado de cada fillo ou menor acollido.

Os tres primeiros anos do período de excedencia que os traballadores gocen por coidado doutros familiares.

Se non chega a gozarse un ano completo, computarase como cotizado o período gozado.

Iniciarase o cómputo dun novo período de cotización efectiva por cada excedencia laboral a que poidan dar lugar os sucesivos fillos ou menores ou outros familiares.

O incremento, ata o 100% das cotizacións, en supostos de redución de xornada por coidado dun menor ou persoa con discapacidade.

Máis información sobre cotizacións

Prazos:

As empresas deberán comunicar á Tesourería Xeral da Seguridade Social, no prazo de 15 días, o inicio e finalización da excedencia con reserva do posto de traballo do que gocen os seus traballadores.

Denegación / Extinción:

O dereito ao recoñecemento desta prestación é imprescritible, polo que se poderá alegar en todo momento, podendo dar lugar, se é o caso, á revisión da contía de prestacións xa recoñecidas, así como o recoñecemento de novas prestacións denegadas anteriormente por non ter sido computado.

Impresos:

Non existe un modelo de solicitude.

Documentación:

Bastará a alegación do período cotizado correspondente no momento en que sexa necesario xustificar a súa procedencia.

Onde tramitalo:

Polo Sistema RED ou en calquera Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Entidade competente:

O recoñecemento das cotizacións é competencia da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Outros datos de interese:

Redución das cotizacións empresariais.

Preguntas máis frecuentes.

Complementary Content
${loading}