Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Convenio especial durante as situacións de permanencia en alta sen retribución, cumprimento de deberes públicos, permisos e licenzas.

Procedemento

Procedemento do Convenio especial durante as situacións de permanencia en alta sen retribución, cumprimento de deberes públicos, permisos e licencias.

Información Xeral


Obxecto:

O Convenio Especial ten por obxecto a cobertura de todas as continxencias que cubra o réxime no que figure dado de alta sen retribución.

Beneficiarios:

Os traballadores que se atopen en situación de alta sen retribucións, cumprimento de deberes públicos, permisos e licenzas que non dean lugar a excedencia no traballo, nas que, conforme ao establecido no artigo 69 do Regulamento Xeral sobre Cotización e Liquidación doutros Dereitos da Seguridade Social, aprobado por Real decreto 2064/1995, do 22 de decembro, se manteña a obriga de cotizar, se a base de cotización do mes natural anterior á data de iniciación de tales situacións fose superior á base mínima correspondente ao grupo da categoría profesional do traballador.

Máis información sobre beneficiarios

Impreso:

Modelo TA-0040

Documentación:
  • do documento Nacional de Identidade, Tarxeta de Estranxeiro ou Pasaporte, segundo sexa o caso
Onde tramitalo:

Ante a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente ao domicilio do solicitante. Se dispón de certificado dixital  pode acceder á Sede Electrónica e remitir telematicamente o modelo de solicitude e a documentación requirida a través do trámite Alta en Convenio Especial, situado no Rexistro Electrónico de Solicitudes.

Prazos:

Dous prazos:

  • 90 días naturais a partir da data causante.
  • En calquera momento durante a permanencia en alta sen retribución.

Máis información sobre prazos

Efectos:

Producirá efectos:

  • Dende a data de presentación da solicitude.
  • Desde a data de situación que determina o convenio especial.

Máis información sobre efectos

Requisitos:

Estar de alta sen percibir retribución por cumprimento de deberes públicos, permisos e licenzas.

Máis información sobre requisitos

Extinción:

Causas de extinción:

  • Por adquirir o interesado a condición de pensionista de xubilación ou incapacidade permanente.
  • Por falecemento do interesado.
  • Por falta de aboamento de tres mensualidades consecutivas ou cinco alternativas.
  • Por quedar comprendido o interesado no campo de aplicación de calquera Réxime da Seguridade Social.
  • Por decisión do interesado debidamente comunicada á Tesourería Xeral da Seguridade Social
Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}