A continuación preséntase o procedemento xeral.
Quen pode solicitalo?
Poderá solicitar o Número da Seguridade Social todo cidadán ou traballador por conta allea ou por conta propia que non dispuxese do mesmo.
O empresario, deberá solicitar o Número de Seguridade Social da persoa que vai contratar se este non o tivese.
Que trámites se teñen que realizar?
Xunto co Modelo TA1, en ambos casos asinado polo interesado, ha de acompañarse:
- Documento Nacional de Identidade.
- Tarxeta de Estranxeiro ou Pasaporte.
Onde se tramita?
A solicitude e documentación solicitada deberá presentarse na Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración do domicilio do cidadán ou empresa segundo o caso.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución sobre a solicitude será de 45 días. Transcorridos estes, a solicitude entenderase como estimada.
O número de Seguridade Social será asignado polas Direccións Provinciais da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administracións cando incumpran a súa obriga traballador e empresario.
NOTA: O Número de Seguridade Social convertirase en número de Afiliación no momento que o cidadán comeza unha relación laboral.