Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

Procedemento

Procedemento da prestación por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.

Información Xeral


Obxecto:

É un subsidio que compensa a perda de ingresos que sofren os traballadores proxenitores, adoptantes ou acolledores, que reducen a súa xornada de traballo e o seu salario para coidar de maneira directa, continua e permanente do menor ao seu cargo, afectado por cancro ou outra enfermidade grave das determinadas legalmente.

Cando se inicia a prestación:

O dereito á prestación nace a partir do mesmo día en que se inicie a redución de xornada, sempre que a solicitude se formule no prazo de tres meses dende a data en que se produciu a redución.
Se a solicitude se presenta fóra deste prazo, os efectos económicos terán unha retroactividade máxima de tres meses.

Duración:

O período inicial de recoñecemento será dun mes, prorrogable por períodos de dous meses, cando subsista a necesidade do coidado do menor, que deberá acreditarse mediante declaración do facultativo do Servizo Público de Saúde (SPS) ou órgano da Comunidade Autónoma correspondente responsable da asistencia médica do menor.

Causantes:

Fillos ou menores acollidos, a cargo do beneficiario, menores de 18 anos, coas excepcións á idade previstas no artigo 190 do texto refundido da LGSS, que precisen coidado directo, continuo e permanente por:

  • Padecer cancro ou enfermidade grave que requira ingreso hospitalario de longa duración, ou
  • Precisen continuar co tratamento médico no domicilio tras o diagnóstico e a hospitalización.
Beneficiarios:

Os traballadores por conta allea ou propia, calquera que fose o seu sexo, que reduzan a súa xornada de traballo,  polo menos nun 50 % da súa duración,  para o coidado do menor.

Cando ambos proxenitores, adoptantes ou acolledores, teñan dereito ao subsidio, só poderá recoñecerse a un deles.

Requisitos:
  • Os proxenitores, adoptantes ou acolledores, dentro de cada unidade familiar, deberán estar afiliados e en alta nalgún réxime público da Seguridade Social ou Mutualidade de Previsión Social establecida polo correspondente colexio profesional.
  • Ter o período de cotización esixido:
    Menores de 21 anos: non se esixe período mínimo de cotización
    Ter 21 anos  e menos de 26: 90 días cotizados dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores á data do inicio do descanso ou, alternativamente, 180 días cotizados ao longo da vida laboral.
    Maiores de 26 anos: 180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do descanso ou, alternativamente, 360 días cotizados ao longo da súa vida laboral.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.
Contías:

Subsidio equivalente ao 100% da base reguladora establecida para a prestación de incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais ou a de continxencias comúns cando non se optase pola cobertura daquelas, aplicando a porcentaxe de redución que experimente a xornada de traballo.

Xestión / Pagamento:

Levarao a cabo a correspondente entidade xestora ou mutua colaboradora coa Seguridade Social coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais ou, cando non haxa cobertura de riscos profesionais, coa que teñan cubertas as continxencias comúns.

Máis información sobre pagamentos 

Prazos:

A Entidade Xestora ou a mutua ditarán resolución expresa e notificarán no prazo de trinta días, contados dende a recepción da solicitude.

Impresos e Documentación:

Achegarase a solicitude no modelo aprobado para tal efecto e os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito.

Suspensión/Extinción:

A prestación quedará en suspenso por calquera causa de suspensión da relación laboral ou, no suposto de alternancia na percepción do subsidio,  cando se lle recoñeza ao outro proxenitor.
A prestación extinguirase por:

  • A incorporación plena do beneficiario ao traballo.
  • Cesar a necesidade do coidado do menor.
  • Cando un dos proxenitores cesa na súa actividade laboral.
  • Ter feitos os 18, 23 ou 26 anos do menor.
  • Falecemento do menor ou o beneficiario da prestación.

Máis información sobre denegación, anulación, suspensión e extinción

Complementary Content
${loading}