Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Valore esta páxina
Valore este contido

Prestacións incluídas no Convenio

Información xeral:

O Convenio aplícase:

En relación con España

Ás seguintes prestacións contributivas do Sistema español de Seguridade Social:

  • Prestacións económicas por incapacidade temporal, enfermidade común ou accidente non laboral
  • Prestacións económicas por maternidade
  • Prestacións económicas de invalidez, vellez, morte e supervivencia
  • Prestacións económicas de protección familiar
  • Prestacións económicas derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional

En relación con Paraguai

Ás leis que regulan a Seguridade Social canto a:

  • Prestacións económicas por incapacidade temporal, enfermidade común ou accidente non laboral
  • Prestacións económicas por maternidade
  • Prestacións económicas por invalidez, vellez, morte e supervivencia
  • Prestacións económicas derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Verbo destas achegas, cómpre ter en conta

  • Para adquirir as prestacións de carácter contributivo previstas no Convenio pódense sumar os períodos de seguro cumpridos en España e en Paraguai, sempre que non se superpoñan.
  • As prestacións económicas de carácter contributivo, agás as de incapacidade temporal nos casos de enfermidade común ou profesional ou accidente (sexa ou non de traballo) poderanse percibir con independencia de que o interesado resida ou se atope en España ou en Paraguai.
  • Cada país aboará as súas propias prestacións directamente ao beneficiario. Así e todo, dos primeiros pagamentos da pensión que se lle recoñeza, poderase descontar o importe correspondente a aboamentos de prestacións de igual natureza efectuadas en cantidade superior á debida pola Seguridade Social do outro país.
  • As persoas que reúnan os requisitos esixidos polas lexislacións de ambos os dous países para ter dereito a pensión contributiva, poderán percibila de cada un deles.

Incapacidade temporal e maternidade

As prestacións económicas derivadas de tales continxencias son recoñecidas polo país no que estea asegurado o beneficiario/a, tendo en conta, de ser preciso, os períodos de seguro do outro país, sempre que non se superpoñan.

Invalidez, vellez, morte e supervivencia

Cada país avaliará por separado a solicitude de prestación na forma seguinte:

• Comprobarase se o interesado alcanza dereito á prestación tendo en conta unicamente os períodos de seguro propios, sen sumar os do outro país.

• Así mesmo, calcularase a prestación sumando aos períodos de seguro propios os acreditados no outro país (pensión teórica). Neste suposto o importe da prestación non será íntegro, senón segundo a proporción existente entre os períodos de seguro cumpridos no país que a outorgue e a suma dos períodos de España e Paraguai (pensión pro rata).

Existe unha excepción para os supostos nos cales a duración total dos  períodos de seguro acreditados nun dos dous países sexa inferior a un ano e que por si mesmos non dean dereito á pensión dese país. O outro país asumiraos como propios, pero sen aplicar a cláusula “pro rata temporis”

• Compararanse as prestacións calculadas segundo o indicado nos apartados anteriores e cada país recoñecerá e aboará a prestación que sexa máis favorable ao interesado.

Para o recoñecemento e cálculo da pensión terase en conta:

• A Institución que calcula a pensión considerará que o traballador se atopa sometido á súa lexislación, se está asegurado no outro país ou recibe unha prestación dese país, da mesma ou de distinta natureza, pero causada polo propio beneficiario. Para o recoñecemento das pensións de supervivencia hase ter en conta se o falecido estaba asegurado ou era xubilado ou pensionista do outro país.

• Se para o recoñecemento dunha prestación se esixe que algúns períodos de seguro se cumpriran inmediatamente antes do feito causante desta prestación, este requisito considerarase cumprido se o interesado os acredita no período inmediatamente anterior ao recoñecemento da prestación do outro país.

• Se a lexislación dun dos países asinantes contén cláusulas de redución, de suspensión ou de supresión da pensión para o caso de pensionistas que exerzan unha actividade laboral, estas seranlles aplicables aínda que a devandita actividade laboral a efectúe no outro país.

• Se para o recoñecemento da pensión española foi preciso sumar períodos de seguro paraguaios, o cálculo desta pensión hase efectuar segundo as bases de cotización reais acreditadas polo asegurado en España durante os anos que precedan inmediatamente o pagamento da última cotización á Seguridade Social española. A contía así obtida incrementarase segundo as revalorizacións establecidas anualmente ata a data do feito causante para as prestacións da mesma natureza.

• Para acceder aos beneficios de determinados réximes especiais (por exemplo, traballadores do Mar, Minaría do Carbón) só se terán en conta os períodos do outro país que se cumprisen en igual profesión ou emprego.

• No suposto de pensión de xubilación da Seguridade Social española, para a que se totalizasen períodos de seguro acreditados en Paraguai, a devandita totalización utilizarase igualmente para determinar a idade na que se pode acceder á pensión.

Accidente de traballo e enfermidade profesional

A prestación será determinada polo país a cuxa lexislación estivese suxeito o traballador na data na que se produciu o accidente ou na que contraeu a enfermidade.

Complementary Content
${loading}