Traballadores desprazados
Traballadores desprazados
Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de seguridade social do país en cuxo territorio estean exercendo a súa actividade laboral. Así e todo, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social baseándose nos termos e cumprindo os requisitos que se indican a continuación:
Aplícase aos traballadores españois ou da Federación Rusa.
Desprazamento inicial
Os traballadores por conta allea que exercen a súa actividade nunha empresa española que os despraza á Federación Rusa para realizar a súa actividade alí temporalmente han solicitar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou administracións dela a expedición do correspondente certificado de desprazamento.
Os traballadores por conta propia non poden acollerse ao disposto neste apartado para manter a lexislación española de Seguridade Social nos seus desprazamentos á Federación Rusa. Así e todo, poden realizar a súa solicitude de acordo co establecido no apartado "Outras excepcións".
Formulario que se debe tramitar
A empresa efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.200 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social.-Desprazamentos iniciais" e achegarán o formulario E/R.1(Cert.) "Certificado de lexislación aplicable" cuberto por triplicado.
O formulario expedido pola dirección provincial ou administración correspondente certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social rusa.
Período de autorización
O prazo máximo de duración do desprazamento é de cinco anos.
Prórroga ordinaria
Se os traballadores por conta allea deben prolongar a súa estadía nese país máis alá dos cinco anos inicialmente previstos, o empresario deberá solicitar con suficiente antelación á finalización do período autorizado, a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Formulario que se debe tramitar
A solicitude de prórroga deberá efectuarse no modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española de Seguridade Social en aplicación do |art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos Convenios Bilaterais".
Dada a conformidade por parte da Seguridade Social da Federación rusa, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario E/R.2(|Cert. ) "Certificado de lexislación aplicable.-Prórroga" que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período que foi autorizado.
Período de autorización
O prazo máximo da prórroga non está especificado.
Outros desprazamentos
Direccións provinciais ou administracións da Tesourería Xeral da Seguridade Social
Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos de:
- Persoal itinerante das empresas de transporte con sede en España.
- Membros da tripulación de buques con bandeira española.
-
Traballadores ao servizo dunha empresa mixta hispano-rusa con sede en España pero que exerza a actividade na Federación Rusa.
A autorización expedirase a través do modelo E/R.1(|Cert. ), "Certificado da lexislación aplicable". A empresa, xunto a este formulario cuberto por triplicado, achegará a solicitude |TA -200 .
Outras excepcións
A tramitación das solicitudes doutras excepcións será xestionada pola Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
A empresa ou traballador por conta propia efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA.202 "Solicitude de mantemento da lexislación española da Seguridade Social en aplicación do art. 17 do Regulamento CEE 1408/71 e doutras prórrogas dos convenios bilaterais".
Dada a conformidade por parte da Seguridade Social da Federación Rusa, a Subdirección Xeral de Afiliación e Procedementos Especiais da Tesourería Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario E/R.2 (Cert.), que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período autorizado.