Alumnos perceptores de subsidios ou prestacións.
Que sucedería se se compatibiliza un traballo coa realización das prácticas, e durante a realización destas acontece un accidente?
Neste caso, se as lesións derivadas do accidente impiden a realización do traballo, xeraríase unha situación determinante de incapacidade temporal por continxencias comúns (xa que o accidente se produciu realizando as prácticas, non no traballo por conta allea). A prestación económica tería que ser aboada, conforme ás normas xerais, pola empresa na que se traballe (non aquela na que se realicen as prácticas, pois ao compatibilizar estas cun traballo non se está incluído no campo de aplicación da D.A. 52ª LGSS). Neste caso, o percibo da prestación económica por incapacidade temporal sería compatible coa realización das prácticas.
Que sucedería se unha persoa que realiza as prácticas formativas non remuneradas polas que está de alta sofre un accidente durante a realización destas?
Neste caso, se a persoa que realiza as prácticas está impedida para realizalas xeraríase unha situación de incapacidade temporal por continxencias profesionais. A prestación económica tería que ser aboada por quen asuma a condición de empresario de acordo co establecido na D.A. 52ª LGSS.