Categoría:
> Tema:
Habería que distinguir:
Se é recaída dun proceso anterior cando o traballador estaba en activo: o importe da IT será igual ao que estaba a percibir durante o desemprego. Aplicaráselle a mesma porcentaxe que tiña a prestación por desemprego nese momento.
Se non é recaída dun proceso anterior: abóase a prestación ao aplicar o 80% do índice público de rendas de efectos múltiples (IPREM) excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. Non se ten en conta a base reguladora que teña o traballador nin a súa situación familiar.
Se se trata dun traballador a tempo parcial, o 80% minórase coa porcentaxe de cotización que aplicara o SPEE no cálculo da prestación por desemprego.