Cota dereitos pasivos
O persoal funcionario incluído no Réxime de Clases Pasivas do Estado está suxeito ao pagamento da cota de dereitos pasivos, cuxa contía se determina aplicando o tipo porcentual de 3,86 por 100 ao haber regulador que corresponda ao Corpo, Escala, praza, emprego ou categoría a que figure adscrito o funcionario e cuxa contía se inclúe na lei de orzamentos.
As cotas de dereitos pasivos abóanse en catorce mensualidades, sendo dobre en xuño e decembro, nos importes que se indican na táboa seguinte:
| Grupo/Subgrupo EBED | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
| A1 | 109,31 | 109,59 | 109,86 | 110,14 | 111,90 | 111,90 | 111,90 | 112,91 | 115,17 | 118,04 |
| A2 | 86,03 | 86,25 | 86,46 | 86,68 | 88,07 | 88,07 | 88,07 | 88,86 | 90,64 | 92,90 |
| B | 75,34 | 75,52 | 75,71 | 75,90 | 77,12 | 77,12 | 77,12 | 77,81 | 79,37 | 81,35 |
| C1 | 66,08 | 66,24 | 66,41 | 66,57 | 67,64 | 67,64 | 67,64 | 68,25 | 69,62 | 71,35 |
| C2 | 52,28 | 52,41 | 52,54 | 52,67 | 53,51 | 53,51 | 53,51 | 53,99 | 55,07 | 56,45 |
| E (Lei 30/1984) e Agrupacións Profesionais (EBEP) | 44,57 | 44,68 | 44,79 | 44,90 | 45,62 | 45,62 | 45,62 | 46,03 | 46,95 | 48,13 |
O importe da cota retense en cada nómina que se fai efectiva ao funcionario pola súa oficina pagadora de haberes de activo, ingresándoa no Tesouro Público.
Non obstante, cando por calquera circunstancia non fose posible a detracción da cota da nómina -como pode suceder nalgunhas situacións de servizos especiais- o funcionario debe ingresar as cantidades correspondentes ás cotas que vaia devindicando mediante o modelo 061, aprobado pola Orde PRE/1064/2016, do 29 de xuño (BOE 2-7-2016), que se pode obter na Sede electrónica da Intervención Xeral da Administración do Estado accedendo ao servizo "Cota de Dereitos Pasivos. Modelo 061"ou nas Delegacións de Economía e Facenda (non deben confundirse coas Administracións e Delegacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria) detallando o importe por cada un dos exercicios económicos.
Inicio