Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Axudas ás vítimas de delitos

A Lei 35/1995, do 11 de decembro, establece un sistema de axudas públicas en favor das vítimas directas ou indirectas de delitos dolosos e violentos cometidos en España con resultado de morte, ou de lesións graves, ou de danos graves na saúde física ou mental. Así mesmo, prevense axudas en favor das vítimas de violencias sexuais e de violencia de xénero, aínda cando se perpetren sen violencia.

O prazo para solicitar estas axudas é dun ano, contado desde a data en que se produciu o feito delituoso, agás no caso de que a afectada sexa vítima de violencia de xénero de acordo co artigo 23 da Lei Orgánica 1/2004 ou vítima de violencias sexuais conforme ao artigo 37 da Lei Orgánica 10/2022, supostos nos que o prazo será de cinco anos. Non obstante, o devandito prazo interrómpese co inicio do proceso penal e ábrese de novo desde que recaia a resolución xudicial firme que lle poña fin.


Complementary Content
${loading}