Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Centro Radio-Médico

Ubicado nos Servizos Centrais do Instituto Social da Mariña (ISM) en Madrid, é atendido de maneira permanente por persoal médico para dar cobertura os 365 días do ano, en horario de 24 horas, a todos os mariños embarcados sobre os que se solicita consulta médica, independentemente da área de navegación ou caladoiro no que se atopen os buques. A súa misión é dar consello médico, nas consultas que presentan os responsables sanitarios dos buques, co fin de proporcionar a mellor asistencia posible aos tripulantes enfermos ou accidentados cos medios dispoñibles a bordo e de informar, se fose preciso, do porto máis idóneo ao que dirixir o barco cando sexa necesaria a asistencia en terra do paciente.

As consultas radiomédicas realízanse gratuitamente á flota que así o demande, con independencia da nacionalidade que teñan tanto o buque coma o paciente que precise a asistencia.

O Centro Radio-Médico atópase conectado co Centro Nacional de Coordinación de Salvamento Marítimo da Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo, por se, nun momento determinado, fose necesaria a intervención de medios de evacuación de enfermos ou accidentados, tales como helicópteros, lanchas de salvamento, |etc.

Para facilitar a consulta médica e posterior tratamento que se requira, de acordo coa normativa internacional e como se sinalou no apartado de boticas de primeiros auxilios, os buques están obrigados a dispoñer dunha botica de primeiros auxilios a bordo, ou de varias, cuxa dotación farmacolóxica varía en función do tipo de barco e navegación que realiza.

Así mesmo, a Guía Sanitaria a bordo constitúe un elemento fundamental á hora de realizar a consulta radiomédica.

O labor do Centro Radio-Médico non finaliza ata que o paciente é dado de alta ou, en caso necesario, ingresado nun centro hospitalario en terra. É o eixe en torno ao cal se articula o modelo asistencial que o ISM pon a disposición dos traballadores do mar e ten a capacidade de movilizar as distintas unidades operativas do Programa de Sanidade Marítima cando se precisa a súa coordinación.

Os medios de contacto co Centro Radio-Médico son:

  • Radiotelefonía:
    • Onda Curta a través de Pozuelo del Rey.
    • Onda Media a través de Costeiras Nacionais.
  • Conexión Directa:
    • Teléfono: 00 34 91 310 34 75.
    • Fax: 00 34 91 308 33 02.
En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
20230505_Video_CRM_Gallego Video Centro Radio Médico Descargar documento Video Centro Radio Médico. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Video Centro Radio Médico. O documento abrirase nunha ventá nova. (MP4,86945 KB) 05/05/2023
Complementary Content
${loading}