Centro Radio-Médico
Ubicado nos Servizos Centrais do Instituto Social da Mariña (ISM) en Madrid, é atendido de maneira permanente por persoal médico para dar cobertura os 365 días do ano, en horario de 24 horas, a todos os mariños embarcados sobre os que se solicita consulta médica, independentemente da área de navegación ou caladoiro no que se atopen os buques. A súa misión é dar consello médico, nas consultas que presentan os responsables sanitarios dos buques, co fin de proporcionar a mellor asistencia posible aos tripulantes enfermos ou accidentados cos medios dispoñibles a bordo e de informar, se fose preciso, do porto máis idóneo ao que dirixir o barco cando sexa necesaria a asistencia en terra do paciente.
As consultas radiomédicas realízanse gratuitamente á flota que así o demande, con independencia da nacionalidade que teñan tanto o buque coma o paciente que precise a asistencia.
O Centro Radio-Médico atópase conectado co Centro Nacional de Coordinación de Salvamento Marítimo da Sociedade Estatal de Salvamento Marítimo, por se, nun momento determinado, fose necesaria a intervención de medios de evacuación de enfermos ou accidentados, tales como helicópteros, lanchas de salvamento, |etc.
Para facilitar a consulta médica e posterior tratamento que se requira, de acordo coa normativa internacional e como se sinalou no apartado de boticas de primeiros auxilios, os buques están obrigados a dispoñer dunha botica de primeiros auxilios a bordo, ou de varias, cuxa dotación farmacolóxica varía en función do tipo de barco e navegación que realiza.
Así mesmo, a Guía Sanitaria a bordo constitúe un elemento fundamental á hora de realizar a consulta radiomédica.
O labor do Centro Radio-Médico non finaliza ata que o paciente é dado de alta ou, en caso necesario, ingresado nun centro hospitalario en terra. É o eixe en torno ao cal se articula o modelo asistencial que o ISM pon a disposición dos traballadores do mar e ten a capacidade de movilizar as distintas unidades operativas do Programa de Sanidade Marítima cando se precisa a súa coordinación.
Os medios de contacto co Centro Radio-Médico son:
- Radiotelefonía:
- Onda Curta a través de Pozuelo del Rey.
- Onda Media a través de Costeiras Nacionais.
- Conexión Directa:
- Teléfono: 00 34 91 310 34 75.
- Fax: 00 34 91 308 33 02.
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
20230505_Video_CRM_Gallego Video Centro Radio Médico |
|
05/05/2023 |