Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Protección por cesamento de actividade

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada

Que é a prestación por cesamento de actividade dos traballadores autónomos?

De acordo co texto refundido da Lei Xeral de Seguridade Social, os traballadores autónomos contan cun sistema específico de protección por cesamento de actividade, que é de carácter obrigatorio, e ten por obxecto dispensar aos traballadores autónomos, afiliados á Seguridade Social e en alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, as prestacións e medidas establecidas nesta lei ante a situación de cesamento total na actividade que orixinou a alta no réxime especial, non obstante poder e querer exercer unha actividade económica ou profesional a título lucrativo.

O cesamento de actividade poderá ser definitivo ou temporal.

O cesamento temporal poderá ser total, que comporta a interrupción de todas as actividades que poidan orixinar a alta no réxime especial no que a persoa traballadora por conta propia ou autónoma figure encadrada, nos supostos regulamentados no artigo 331, ou parcial, cando se produza unha redución da actividade nos termos previstos nesta lei.

Esta protección comprende:

- o aboamento dunha prestación económica mensual por cesamento de actividade, 

- e a cotización á Seguridade Social por continxencias comúns, con particularidades en determinados supostos.


Que requisitos debe cumprir para acceder á prestación por cesamento de actividade?


Ser traballador autónomo comprendido no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA), quedando incluídos os traballadores do Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios (SETA), que inicien a cotización por cesamento de actividade a partir do 1 de xaneiro de 2012 e aos traballadores autónomos economicamente dependentes (TRADE), ou ben ser traballador autónomo incluído no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, e ademais deberá:

  • Estar afiliado e en situación de alta na Seguridade Social.
  • Contar cun período mínimo de cotización por cesamento de actividade de doce meses comprendidos nos vinte e catro meses inmediatamente anteriores á situación legal de cesamento de actividade.
  • Estar en situación legal de cesamento de actividade, debidamente xustificada.
  • Ter solicitado a baixa no REM a causa do cesamento de actividade, salvo cando a situación legal de cesamento de actividade veña determinada polas causas previstas nas epígrafes 4.ª e 5.ª do artigo 331.1.a) do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (TRLGSS), e por forza maior temporal prevista no artigo 331.1.b). do citado texto refundido.
  • Subscribir o compromiso de actividade e acreditar activa dispoñibilidade para a reincorporación ao mercado de traballo a través das actividades formativas, de orientación profesional e de promoción da actividade emprendedora ás que poida convocalo o servizo público de emprego da correspondente comunicade autónoma, ou no seu caso o Instituto Social da Mariña. Non será necesario subscribir o compromiso de actividade cando o cesamento veña determinado pola causa prevista nas epígrafes 4.ª e 5.ª do artigo 331.1.a) do TRLGSS, nin cando o cesamento de actividade sexa temporal debido a forza maior.
  • No suposto do cesamento definitivo, non ter alcanzado a idade ordinaria de xubilación, agás que non acreditase o período de cotización requirido para iso.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.
  • Que non concorra ningunha das incompatibilidades previstas no texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
  • Cando o traballador autónomo do mar teña un ou máis traballadores ao seu cargo, será requisito previo ao cesamento de actividade o cumprimento das garantías, obrigas e procedementos regulamentados na lexislación laboral.
  • Para causar o dereito ao cesamento previsto no artigo 331.1.a) 4º e 5º, a persoa traballadora autónoma non poderá exercer outra actividade, agás que se encontre en situación de pluriactividade, no momento do feito causante da prestación por cesamento de actividade, en que será compatible co traballo por conta allea que se viña a desenvolver, sempre e cando da suma da retribución mensual media dos últimos catro meses inmediatamente anteriores ao nacemento do dereito e a prestación por cesamento de actividade, resulte unha cantidade media mensual inferior ao importe do salario mínimo interprofesional vixente no momento do nacemento do dereito, excluída a parte proporcional das pagas extras.

Onde debe presentar a solicitude e en que prazo?


A solicitude de prestación por cesamento de actividade será presentada ante a Mutua coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais ou ante o Instituto Social da Mariña se é a entidade que cobre as devanditas continxencias profesionais.


A solicitude poderase presentar ata o último día do mes seguinte ao que se produciu o cesamento de actividade. En caso de presentación da solicitude unha vez transcorrido o prazo fixado, e sempre que o traballador autónomo cumpra co resto dos requisitos legalmente previstos, descontaranse do período de percepción os días que medien entre a data en que debería ter presentado a solicitude e a data en que a presentou.

O órgano xestor farase cargo da cota de Seguridade Social que lle corresponda durante o período de percepción da prestación, sempre que se solicitase no prazo previsto. Noutro caso, o órgano xestor farase cargo a partir do día primeiro do mes seguinte ao da solicitude.

A solicitude deberá ir acompañada da documentación acreditativa requirida.


Duración da prestación


Con carácter xeral o período de gozo da prestación calcularase en función da idade e os períodos cotizados polo traballador dentro dos 48 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade, tal e como se amosa na seguinte táboa:


Meses cotizados Duración
De 12 a 17 meses 4 meses
De 18 a 23 meses 6 meses
De 24 a 29 meses 8 meses
De 30 a 35 meses 10 meses
De 36 a 42 meses 12 meses
De 43 a 47 meses 16 meses
Con 48 meses 24 meses

Contía da prestación


A contía da prestación será do 70% da base reguladora, calculada segundo a media das bases polas que o traballador tivese cotizado durante os 12 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade. Para cesamentos das epígrafes 4.ª e 5.ª do artigo 331.1.a) do TRLGSS e cesamentos debidos a forza maior temporal parcial aplicarase o 50% da base reguladora.

A contía máxima será o 175% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), agás cando o traballador teña un ou máis fillos ao seu cargo, en cuxo caso a contía será respectivamente, do 200% ou do 225% do devandito indicador.

A contía mínima variará entre o 107% e o 80%, dependendo de se o traballador autónomo ten fillos ao seu cargo, ou non.

Non será de aplicación a contía mínima aos autónomos que coticen por unha base inferior á mínima.


Non serán de aplicación os topes máximos nin mínimos para cesamentos das epígrafes 4.ª e 5.ª do artigo 331.1.a) do TRLGSS e cesamentos debidos a forza maior temporal parcial.

 

Para os efectos da contía máxima e mínima da prestación por cesamento de actividade, terase en conta o IPREM mensual, incrementado nunha sexta parte, vixente no momento do nacemento do dereito.

 

A Entidade Xestora ingresará as cotizacións á Seguridade Social por continxencias comúns que incluirá a incapacidade temporal e efectuarase polos mesmos períodos de percepción da prestación, salvo para cesamentos das epígrafes 4.ª e 5.ª do  artigo 331.1.a) do TRLGSS, en que o órgano xestor se fará cargo do 50% desa cota, e lla aboará ao autónomo, e o outro 50% será a cargo do autónomo, que será o responsable do ingreso da totalidade das cotizacións á Seguridade Social. Cando a violencia de xénero sexa determinante do cesamento temporal ou definitivo da actividade, durante os primeiros seis meses non existirá a obriga de cotizar, pero serán considerados como de cotización efectiva para os efectos das prestacións de Seguridade Social e a partir do sétimo mes iniciarase a cotización.



Xestión da prestación

 

A prestación será xestionada pola Mutua coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais ou polo Instituto Social da Mariña se é a entidade que cobre as devanditas continxencias profesionais.

Se presenta a solicitude en prazo, o traballador comezará a gozar da prestación, nos supostos previstos no artigo 331.1.a), o día seguinte a aquel en que teña efectos a baixa no réxime especial ao que estivesen adscritos.

Non obstante, nos supostos de cesamento de actividade previsto no artigo 331.1.a).4.º, dado que non procede a baixa no réxime de Seguridade Social correspondente, o dereito ao percibo nacerá o primeiro día do mes seguinte á comunicación á autoridade laboral da decisión empresarial de redución do 60 por cento da xornada laboral de todos os traballadores da empresa ou da suspensión temporal dos contratos de traballo do 60 por cento do cadro de persoal da empresa.

De igual modo, nos supostos a que se refire o artigo 331.1.a).5.º, ao non proceder tampouco a baixa no réxime especial correspondente, o dereito ao percibiu nacerá o primeiro día do mes seguinte ao da solicitude.

Nos supostos de suspensión temporal total ou parcial de actividade, como consecuencia de forza maior previstos no artigo 331.1.b), o nacemento do dereito producirase o día en que quede acreditada a concorrencia da forza maior a través dos documentos oportunos, non sendo necesaria a baixa no réxime especial correspondente.

No resto dos supostos regulamentados no artigo 331, o nacemento do dereito producirase o día primeiro do mes seguinte a aquel en que teña efectos a baixa como consecuencia do cesamento na actividade.


Obrigas do traballador autónomo:

  • Cotizar polas achegas correspondentes á protección por cesamento de actividade.
  • Solicitar á Mutua colaboradora coa Seguridade Social ou Entidade Xestora á que se encontren adheridos a cobertura da protección por cesamento de actividade. 
  • Proporcionar a documentación e información necesaria para o recoñecemento, suspensión, extinción ou restablecemento da prestación.  
  • Non traballar por conta allea ou propia durante o gozo da prestación, salvo para cesamentos das epígrafes 4.ª e 5.ª do artigo 331.1.a) do TRLGSS e o cesamento debido a forza maior temporal parcial que son compatibles coa actividade que causa o cesamento, sempre que os rendementos netos mensuais durante a percepción da prestación non sexan superiores á contía do salario mínimo interprofesional vixente no momento do nacemento do dereito excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, ou ao importe da base pola que estivese a cotizar, se esta fose inferior.

Se no feito causante da prestación por cesamento de actividade, traballa por conta allea, será compatible sempre e cando a suma da retribución mensual media dos catro meses anteriores ao nacemento do dereito e a prestación resulte unha cantidade media mensual inferior ao importe do salario mínimo interprofesional vixente no momento do nacemento do dereito, excluída a parte proporcional das pagas extras. 

  • Solicitar a baixa na prestación cando se produzan situacións de suspensión ou extinción ou se deixen de reunir os requisitos.
  • Subscribir e cumprir as esixencias do compromiso de actividade, agás para cesamentos das epígrafes 4.ª e 5.ª do artigo 331.1.a) do TRLGSS e cesamentos debidos a forza maior temporal.
  • Reintegrar as prestacións indebidamente percibidas.
  • Comparecer por requirimento do órgano xestor.
  • Estar a disposición do Servizo Público de Emprego da correspondente Comunidade Autónoma, ou do Instituto Social da Mariña, se é o caso, co fin de realizar as actividades formativas, de orientación profesional e de promoción da actividade emprendedora ás que se lles convoque.
  • Participar en accións específicas de motivación, información, orientación, formación, reconversión ou inserción profesional para incrementar a súa ocupación, que se determinen polo Servizo Público de Emprego da correspondente comunidade Autónoma, ou polo Instituto Social da Mariña, se é o caso. 

Suspensión e extinción da prestación


A prestación suspenderase pola imposición dalgunha sanción por infracción leve ou grave, por cumprir condena de privación de liberdade, por traballar por conta propia ou allea por tempo inferior a 12 meses, salvo nos supostos de cesamento de actividade previsto nas epígrafes 4.ª e 5.ª do artigo 331.1.a), ou de cesamento temporal parcial da actividade derivado de forza maior, que serán compatible coa actividade que causa o cesamento, nos termos previstos no artigo 342.1, e por traslado de residencia ao estranxeiro por un período continuado inferior a 12 meses para a busca ou realización de traballo ou perfeccionamento profesional ou cooperación internacional, e pola saída ocasional ao estranxeiro por tempo non superior a 30 días naturais por unha soa vez cada ano, sempre que estivese previamente comunicada e autorizada polo órgano xestor.

A prestación extinguirase por esgotamento do prazo de duración da prestación, pola realización dun traballo por conta allea ou propia durante un tempo igual ou superior a 12 meses, por imposición de sanción e polas demais causas recollidas no texto refundido da Lei Xeral de Seguridade Social.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Folleto informativo. Protección por cesamento de actividade Descargar documento Folleto informativo. Protección por cesamento de actividade. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Folleto informativo. Protección por cesamento de actividade. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,2004 KB) 01/04/2014


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Complementary Content
${loading}