Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Medidas aprobadas para a protección de traballadores autónomos polo Real Decreto-Lei 11/2021, do 27 de maio, sobre medidas urxentes para a defensa do emprego, a reactivación económica e a protección dos traballadores autónomos.

5) Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade que viñesen percibindo a 31 de maio de 2021 a prestación recollida no artigo 5 ou en...

5) Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade que viñeran percibindo a 31 de maio de 2021 a prestación recollida no artigo 5 ou na disposición transitoria segunda do Real Decreto-Lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego. (Disposición transitoria segunda  RD Lei  11/2021 do 27 de maio)


CARACTERÍSTICAS


Os traballadores autónomos que a 31 de maio de 2021 viñesen percibindo a prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención da propagación do virus COVID-19 recollida no artigo 5 do Real Decreto-Lei 2/2021, do 26 de xaneiro, poderán continuar percibíndoa cos mesmos requisitos e condicións, durante o tempo que permaneza a actividade suspendida e ata o último día do mes seguinte ao que se levante a devandita medida ou ata o 30 de setembro de 2021 se esta última data é anterior


4) Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para traballadores de tempada (Art. 9 RD Lei 11/2021 de 27 de maio).

Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para  traballadores de tempada (Art. 9  RD Lei 11/2021 de 27  de maio).


CARACTERÍSTICAS

  • Considéranse traballadores de tempada aqueles traballadores autónomos cuxo único traballo ao longo dos anos 2018 e 2019 se desenvolvese no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar durante un mínimo de catro meses e un máximo de seis en cada un dos anos.

    Considerarase que o traballador autónomo desenvolveu un único traballo en 2018 e 2019 sempre que, de ter estado de alta nun réxime de Seguridade Social como traballador por conta allea, esta alta non supere os 120 días ao longo deses anos.

  • Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos neste apartado.


REQUISITOS

  • Ter estado de alta e cotizado no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar como traballador por conta propia durante un mínimo de catro meses e un máximo de seis meses de cada un dos anos 2018 e 2019, sempre que ese marco temporal abranga un mínimo de dous meses entre os meses de xuño e setembro deses anos.
  • Non ter estado en alta ou asimilado á alta como traballador por conta allea no réxime de Seguridade Social correspondente máis de 60 días durante o segundo e terceiro trimestre do ano 2021.
  • Non obter durante o segundo e terceiro trimestre do ano 2021 uns ingresos netos computables fiscalmente que superen os 6.650 euros.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social. Non obstante, se non se cumprise este requisito, o órgano xestor convidará ao pagamento ao traballador autónomo para que no prazo improrrogable de trinta días naturais ingrese as cotas debidas. A regularización do descuberto producirá plenos efectos para a adquisición do dereito á protección.


CONTÍA

A contía da prestación será o equivalente ao 70 por cento da base mínima de cotización que corresponda pola actividade desempeñada no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou, no seu caso, no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar.


COTIZACIÓN

Durante a percepción da prestación non existirá obriga de cotizar, permanecendo o traballador en situación de alta ou asimilada á alta no réxime de Seguridade Social correspondente.


PRAZO DE SOLICITUDE  NACEMENTO DO DEREITO E DURACIÓN


A prestación extraordinaria por cesamento de actividade regulamentada poderá comezar a devindicarse con efectos da 1 de xuño de 2021 e terá unha duración máxima de 4 meses, sempre que a solicitude se presente dentro dos primeiros vinte e un días naturais de xuño. No caso contrario, os efectos quedan fixados ao día seguinte da presentación da solicitude e a súa duración non poderá exceder do 30 de setembro de 2021.


INCOMPATIBILIDADES

Esta prestación será incompatible co traballo por conta allea e con calquera prestación de Seguridade Social que o beneficiario viñese percibindo agás que fose compatible co desempeño da actividade como traballador por conta propia. Así mesmo será incompatible co traballo por conta propia e coa percepción de rendementos procedentes da sociedade cuxa actividade se vise afectada polo peche, cando os ingresos que se perciban no segundo e terceiro trimestre do ano 2021 superen os 6.650 euros.
 Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible ademais coa percepción das axudas por paralización da frota. 
A percepción da prestación é incompatible coa exención na cotización establecida no artigo 5 do RD Lei 11/2021.


Solicitud art. 9 RD Ley 11 2021

Declaración responsable art. 9 RD Ley 11 2021


3) Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para aqueles traballadores autónomos que exercen actividade e a 31 de maio de 2021 viñesen percibindo algunha das prestacións de cesamento de actividade previstas nos artigos 6 e 7...

3) Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para aqueles traballadores autónomos que exercen actividade e a 31 de maio de 2021 viñesen percibindo algunha das prestacións de cesamento de actividade previstas nos artigos 6 e 7 do Real Decreto-Lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego e non poidan causar dereito á prestación ordinaria de cesamento de actividade prevista no artigo 7 deste Real Decreto-Lei. (Art. 8  RD-Lei  11/2021, do 27 de maio).


CARACTERÍSTICAS

Os traballadores autónomos que exercen actividade e a 31 de maio de 2021 viñesen percibindo algunha das prestacións de cesamento de actividade previstas nos artigos 6 e 7 do Real Decreto-Lei 2/2021, do 26 de xaneiro e non poidan causar dereito á prestación ordinaria de cesamento de actividade prevista no artigo anterior.

A partir do 01 xuño 2021

Os traballadores autónomos que perciban esta prestación e non estivesen a cotizar por cesamento de actividade virán obrigados a cotizar por este concepto a partir do mes seguinte en que finalice a percepción da prestación.

Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos neste apartado.


REQUISITOS

  • Estar dado de alta e ao corrente no pagamento das cotizacións no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar como traballador por conta propia dende antes do 1 de abril de 2020.
  • Non ter rendementos netos computables fiscalmente procedentes da actividade por conta propia no segundo e terceiro trimestre de 2021 superiores a 6.650 euros.
  • Acreditar no segundo e terceiro trimestre do 2021 uns ingresos computables fiscalmente da actividade por conta propia inferiores aos habidos no primeiro trimestre do 2020.
  • Para o cálculo da redución de ingresos terase en conta o período en alta no primeiro trimestre de 2020 e compararase coa parte proporcional dos ingresos habidos no segundo e terceiro trimestre de 2021 na mesma proporción.


CONTÍA

  • Con carácter xeral: 50% BASE MÍNIMA COTIZACIÓN
  • Persoas conviventes en mesmo domicilio unidas por vínculo familiar ou unidade análoga de convivencia ata o primeiro grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade e dous ou máis membros con dereito a esta prestación: 40% BASE MÍNIMA COTIZACIÓN
  • A mutua colaboradora ou, no seu caso, o Instituto Social da Mariña, aboará ao traballador xunto coa prestación por cesamento na actividade, o importe das cotizacións por continxencias comúns que lle correspondese ingresar de se atopar o traballador autónomo sen desenvolver actividade ningunha, en aplicación do disposto no artigo 329 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.


COTIZACIÓN DURANTE A PRESTACIÓN

O traballador autónomo, durante o tempo que estea a percibir a prestación, deberá ingresar na Tesouraría Xeral da Seguridade Social a totalidade das cotizacións aplicando os tipos vixentes sobre a base de cotización correspondente.
A base de cotización aplicable durante todo o período de percepción desta prestación extraordinaria será, en todo caso, a establecida no momento de inicio da devandita prestación.


PRAZO DE SOLICITUDE  NACEMENTO DO DEREITO E DURACIÓN

Esta prestación extraordinaria por cesamento de actividade poderá comezar a devindicarse con efectos do 01 xuño 2021 e terá unha duración máxima de 4 meses, sempre que a solicitude se presente dentro dos primeiros vinte e un días naturais de febreiro. No caso contrario, os efectos quedan fixados no primeiro día do mes seguinte ao da presentación da solicitude e a súa duración non poderá exceder do 30 setembro 2021.


INCOMPATIBILIDADES

  • A percepción da prestación é incompatible coa exención na cotización establecida no artigo 5 do RD Lei 11/2021.
  • O percibo da prestación será incompatible coa percepción dunha retribución polo desenvolvemento dun traballo por conta allea,
  • Co desempeño doutra actividade por conta propia;
  • Coa percepción de rendementos procedentes da sociedade cuxa actividade se vise afectada polo peche;
  • Coa percepción dunha prestación de Seguridade Social salvo aquela que o beneficiario viñera percibindo por ser compatible co desempeño da actividade que desenvolvía.
  • Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible coas axudas por paralización da frota.


EXTINCIÓN

Extinguirase o dereito a esta prestación se durante a percepción desta concorren os requisitos para causar dereito á prestación de cesamento de actividade recollida no artigo 7 desta norma ou á prestación de cesamento de actividade regulamentada nos artigos 327 e seguintes do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, sen prexuízo do dereito que asiste ao interesado a solicitar a prestación correspondente.

Solicitud art. 8 RD Ley 11 2021

Declaración responsable art. 8 RD Ley 11 2021


2) Prestación por cesamento de actividade compatible co traballo por conta propia (Art. 7 RD-Lei 11/2021 do 27 de maio).

2) Dereito por cesamento de actividade  compatible co traballo por conta propia (Art. 7  RD-Lei  11/2021 do 27 de maio).


CARACTERÍSTICAS

A partir do 1 de xuño de 2021, os traballadores autónomos que a 31 de maio de 2021 viñesen percibindo a prestación por cesamento de actividade compatible co traballo por conta propia regulamentada no artigo 7 do Real Decreto-Lei 2/2021, do 26 de xaneiro  e non esgotasen os períodos de prestación previstos no artigo 338.1 da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, poderán continuar percibíndoa ata o esgotamento do período pendente de consumir ou se é o caso, ata o 30 de setembro de 2021, sempre que, durante o segundo e terceiro trimestre de 2021,  cumpran os requisitos que se indican neste precepto.
Así mesmo, poderán solicitar a prestación por cesamento de actividade prevista no artigo 327 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, os traballadores autónomos nos que concorran as condicións establecidas nos apartados a), b), d) e e) do artigo 330.1 da norma e cumpran os requisitos que se consideran neste precepto.

REQUISITOS

  • Acreditar no segundo e terceiro trimestre de 2021 unha redución de máis do 50% dos rendementos rexistrados no segundo e terceiro trimestre de 2019.

    Para o cálculo da redución de ingresos terase en conta o período en alta no segundo e terceiro trimestre de 2019 e compararase co segundo e terceiro trimestre de 2021.

  • Non obter durante o segundo e terceiro trimestre de 2021 uns rendementos netos computables fiscalmente superiores a 7.980 euros.
  • No caso dos traballadores autónomos que teñan un ou máis traballadores ao seu cargo, deberá acreditarse ao tempo de solicitar a prestación o cumprimento de todas as obrigas laborais e de Seguridade Social que teñan asumidas.
  • Estar afiliados e en alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos ou no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, se é o caso.
  • Ter cuberto o período mínimo de cotización por cesamento de actividade a que se refire o artigo 338 Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro.
  • Quen a 31 de maio de 2021 viñese percibindo a prestación recollida no artigo 7 do Real Decreto-lei 2/2021, do 26 de xaneiro, só poderá causar dereito a esta prestación se non consumise naquela data a totalidade do período previsto no artigo 338.1 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
  • Non ter feito os anos da idade ordinaria para causar dereito á pensión contributiva de xubilación, agás que o traballador autónomo non acreditase o período de cotización requirido para iso.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social. Non obstante, se na data de cesamento de actividade non se cumprise este requisito, o órgano xestor invitará ao pagamento ao traballador autónomo para que no prazo improrrogable de trinta días naturais ingrese as cotas debidas. A regularización do descuberto producirá plenos efectos para a adquisición do dereito á protección.


DURACIÓN

A duración da prestación será a prevista no artigo 338.1 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, sen que en ningún caso poida causarse dereito a esta prestación a partir do 30 de setembro de 2021.


PRAZO DE SOLICITUDE E  NACEMENTO DO DEREITO

O recoñecemento á prestación levarase a cabo polas mutuas colaboradoras ou o Instituto Social da Mariña con carácter provisional con efectos da 1 de xuño de 2021 se se solicita dentro dos primeiros vinte e un días naturais de xuño, ou con efecto dende o día primeiro do mes seguinte á solicitude noutro caso, debendo ser regularizada a partir do 1 de xaneiro de  2022.


COTIZACIÓN DURANTE A PRESTACIÓN

O traballador autónomo, durante o tempo que estea a percibir a prestación, deberá ingresar na Tesouraría Xeral da Seguridade Social a totalidade das cotizacións aplicando os tipos vixentes sobre a base de cotización correspondente.


CONTÍA DA PRESTACIÓN

A contía da prestación determinarase aplicando o 70 por cento sobre a base reguladora, calculada de conformidade co previsto no artigo 339 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social
A base reguladora da prestación económica por cesamento de actividade será a media das bases polas que se cotizara durante os doce meses continuados e inmediatamente anteriores ao 1 de xuño de 2021.
A mutua colaboradora ou, no seu caso, o Instituto Social da Mariña, aboará ao traballador xunto coa prestación por cesamento na actividade, o importe das cotizacións por continxencias comúns que lle correspondese ingresar de se atopar o traballador autónomo sen desenvolver actividade ningunha, en aplicación do disposto no artigo 329 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
A prestación por cesamento de actividade poderá ser compatible cun traballo por conta allea, se os ingresos netos computables fiscalmente procedentes do traballo por conta propia e os ingresos procedentes do traballo por conta allea non superan 2,2 veces o importe do SMI. Na determinación deste cómputo, os ingresos procedentes do traballo por conta allea non superarán 1,25 veces o importe do salario mínimo interprofesional.
Neste caso a contía da prestación por cesamento de actividade será o 50% BASE MÍNIMA COTIZACIÓN.


INCOMPATIBILIDADES


  • Aplícase o réxime de incompatibilidades recollido no artigo 342 da LGSS, tendo en conta respecto do traballo por conta allea o apartado 10 do art. 7 do RD-lei 2/2021.
  • A percepción da prestación é incompatible coa exención na cotización establecida no artigo 5 do RD Lei 11/2021.
  • Co traballo por conta allea cuxos ingresos superen 1,25 veces o importe do salario mínimo interprofesional ou se os ingresos netos computables fiscalmente procedentes do traballo por conta propia e os ingresos procedentes do traballo por conta allea superan 2,2 veces o salario mínimo interprofesional.
  • Coas pensións ou prestacións de carácter económico da Seguridade Social, tanto de nivel contributivo coma non contributivo, agás que fosen compatibles co traballo que orixinou a prestación por cesamento de actividade.
  • Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible coas axudas por paralización da frota.


Solicitud art. 7 RD Ley 11 2021

Declaración responsable art. 7 RD Ley 11 2021 alta

Declaración responsable art. 7 RD Ley 11 2021 prórroga



1) Prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención...

1) Prestación extraordinaria por cesamento de actividade para os traballadores autónomos afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención da propagación do virus COVID-19.  (Art.  6 Real Decreto-Lei 11/2021, de 27  de maio)


CARACTERÍSTICAS


  • Traballadores autónomos que se vexan obrigados a suspender todas as súas actividades como consecuencia dunha resolución adoptada pola autoridade competente como medida de contención na propagación do virus COVID-19, ou manteñan polos mesmos motivos a suspensión da súa actividade iniciada con anterioridade a 1 de xuño de 2021.
  • A partir do 01 xuño 2021
  • Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos neste artigo.


REQUISITOS


  1. Estar afiliados e en alta en RETA ou, se é o caso, no RETAMAR,  polo menos 30 días naturais antes da data da resolución que acorde a suspensión da actividade e en todo caso antes da data de inicio desta cando esta se decretase con anterioridade ao 1 de xuño de 2021.
  2. Estar ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.


CONTÍA


  • Con carácter xeral: 70% BASE MÍNIMA COTIZACIÓN
  • Persoas conviventes en mesmo domicilio unidas por vínculo familiar ou unidade análoga de convivencia ata o primeiro grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade e dous ou máis membros con dereito a esta prestación: 40% BASE MÍNIMA COTIZACIÓN.


COTIZACIÓN

  • Durante o tempo que permaneza a actividade suspendida manterase a alta no réxime especial correspondente quedando o traballador autónomo exonerado da obriga de cotizar. A exoneración do ingreso das cotas estenderase dende o primeiro día do mes no que se adopte a medida de peche de actividade, ou dende o 1 de xuño de 2021 cando se manteña a suspensión de actividade iniciada con anterioridade a esta data, ata o último día do mes seguinte ao que se levante a devandita medida, ou ata o 30 de setembro de 2021 se esta última data fose anterior.
  • A base de cotización aplicable durante todo o período de percepción desta prestación extraordinaria será en todo caso a establecida no momento de inicio da devandita prestación.


PRAZO DE SOLICITUDE  NACEMENTO DO DEREITO E DURACIÓN

O recoñecemento da prestación poderá solicitarse dentro dos primeiros vinte e un días naturais seguintes á entrada en vigor do acordo ou resolución de peche de actividade ou antes do 21 de xuño cando a suspensión de actividade se acordase con anterioridade ao 1 de xuño de 2021 e non se estivese a percibir a prestación extraordinaria considerada no artigo 5 do Real Decreto-Lei 2/2021, do 26 de xaneiro.
O dereito á prestación nacerá dende o día seguinte á adopción da medida de peche de actividade adoptada pola autoridade competente, ou dende o 1 de xuño de 2021 cando se manteña a suspensión de actividade iniciada con anterioridade a esta data.
No caso de que a solicitude se presente fóra do prazo establecido, o dereito á prestación iniciarase o primeiro día do mes seguinte ao da solicitude. Nestes casos, o traballador ou traballadora quedará exento da obriga de cotizar dende o día que teña dereito a percibir a prestación.
A percepción da prestación terá unha duración máxima de catro meses, finalizando o dereito a esta o último día do mes en que se acorde o levantamento das medidas ou o 30 de setembro de 2021, se esta última data fose  anterior.


INCOMPATIBILIDADES

  • A percepción da prestación é incompatible coa exención na cotización establecida no artigo 5 do RD Lei 11/2021.
  • O percibo da prestación será incompatible coa percepción dunha retribución polo desenvolvemento dun traballo por conta allea, agás que os ingresos do traballo por conta allea sexan inferiores a 1,25 veces o importe do SMl;
  • Co desempeño doutra actividade por conta propia;
  • Coa percepción de rendementos procedentes da sociedade cuxa actividade se vise afectada polo peche;
  • Coa percepción dunha prestación de Seguridade Social salvo aquela que o beneficiario viñera percibindo por ser compatible co desempeño da actividade que desenvolvía.
  • Polo que se refire aos traballadores por conta propia incluídos no Réxime Especial dos Traballadores do Mar, a prestación por cesamento de actividade será incompatible coas axudas por paralización da frota.

Solicitud art. 6 RD Ley 11 2021

Declaración responsable art. 6 RD Ley 11 2021

Complementary Content
${loading}