Documentos que deben acompañar a solicitude
Os documentos que se indican a continuación presentaranse en orixinal e acompañados de copia para a súa compulsa, agás para os documentos de identidade nos que será suficiente a exhibición do orixinal.
Se os documentos foron emitidos por organismos estranxeiros, será necesario que cumpran os requisitos de legalización para ser válidos en España.
EN TODOS OS CASOS:
-
Acreditación de identidade do proxenitor solicitante e do outro proxenitor, e do representante legal se o houbese, mediante a seguinte documentación en vigor:
- Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
- Estranxeiros residentes ou non residentes en España: Pasaporte ou, no seu caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE (Número de Identificación de Estranxeiro) esixido pola AEAT para os efectos de pagamento.
-
Documentación acreditativa da representación legal, se é o caso.
-
Certificado da empresa, de cada un dos proxenitores no que conste:
- A data de inicio e fin da redución de xornada do traballador/a prevista no parágrafo cuarto do artigo 37.4 do Estatuto dos Traballadores.
- A indicación do número de horas de traballo habitual semanais.
- A porcentaxe en que quedou fixada a redución de xornada.
- Libro de familia ou, no seu defecto, certificado da inscrición do fillo no Rexistro Civil ou resolución xudicial ou administrativa pola que se concedese a adopción, a garda con fins de adopción ou o acollemento permanente.
-
No caso de familias monoparentais: Libro de familia no que conste un só proxenitor ou, no caso de que consten dous proxenitores, certificado de defunción dun deles, ou resolución xudicial na que se declare o abandono da familia dun deles.